Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 18 de junio de 2012

Peticións veciñais a tratar no vindeiro pleno

Continuando coa nosa labor de propostas de mellora o concello para solucionar e garantir os servizos básicos os veciños e veciñas do noso concello, solicitamos actuacións en varios pobos en canto a graves deficiencias observadas no que se refire a ausencias de saneamento, e que se poderían solicitar a travès dunha liña de axudas que ven de convocar a Xunta de Galicia.

A nosa proposta é a seguinte, e que se tratará no vindeiro pleno do luns 25 de xuño as 20:00 que é cando corresponde ter o Pleno Ordinario, ainda que a data de hoxe todavía está sen convocar.


Agora unhas imaxes como mostra da situación plantexada...

Este é o forno público do Val con augas residuais e lodos baixando por unha das súas paredes...

Aquí imaxen da fosa do saneamento procedente de Casundila e ubicada na Costa da Cabra, que recentemente, e según testimonio dos veciños, logo de varios anos construída é a primeira vez que o concello pasa por aquí para a súa "limpeza". Destacamos a palabra limpeza porque o que se fixo foi vaciar algúns restos que tiña no seu interior e se "tiraron" no mesmo lugar, incluso encima das tapas da fosa ou nos terreos cercanos, deixando unha situción lamentable......¡¡   Estas son as medidas de control que ten o concello sobre as fosas.

 
Esta última imaxe corresponde a entrada do pobo da Costa da Cabra, con imaxes da rede de saneamento procedente de Casundila.
Aquí neste punto prodúcese outra grave anomalía, posto que por este camiño procedente de Casundila cando chove con intensidade as augas baixan con forza polo camiño e métese nas bodegas e baixos dos veciños e veciñas do pobo, polo que se fai necesaria unha obra de recollida de aguas que desvíe estas mesmo para as fincas colindantes para evitar esta grave problemática que estan a sufrir os veciños.


AGARDAMOS QUE ESTAS PROPOSTAS DE MELLORAS SEXAN ATENDIDAS POLO CONCELLO ¡¡


O MESMO TEMPO INVITAMOS OS VECIÑOS E VECIÑAS AFECTADAS A ASISITIR O CITADO PLENO PARA COMPROBAR CALES SON AS MEDIDAS QUE SE VAN A LEVAR A CABO POR PARTE DO GOBERNO MUNICIPAL.

TRABALLANO POLO NOSO CONCELLO ¡¡

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario