Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 6 de junio de 2012

Màis mentiras.....¡¡

O titular non pode ser máis expresivo....

A raìz das múltiples accións que dende a nosa Agrupación levamos a cabo para solicitar a cantas administracións estaban "implicadas" na responsabilidade para rematar coa obra do "gran engano" que se lles leva feito os veciños e veciñas do noso concello como é a Carretera dende Vilarchao; presentando mocións no propio concello, solicitudes de cumprimento do convenio asinado tanto na Deputación como na Xunta e obtendo sempre a resposta negativa coa complicidade do goberno municipal do Concello de A Peroxa co seu Alcalde o fronte, onde pleno tras pleno aseguraba ter o asunto "baixo control", alardeando incluso de realizar él persoalmente parte das expropiacións agora resulta que nos voltamos a atopar coas obras PARADAS, porque todavía están a expropiaciòns en tramitación.

Preguntado o Sr. Alcalde por esta situación de paràlise sempre respostaba que tiña a "palabra" dos membros da Deputación e que él mesmo se desprazara a reunirse co conselleiro para asegurar a "urxente" tramitación dos expedientes, pero tristemente, e unha vez máis estas expectativas non se están a cumprir.

Para mostra indicamos que recentemente se publicou no DOG a ampliación do convenio para executar as obras que tiña como data límite Maio de 2012, logo finais de 2012.....para agora ter unha NOVA data para finais de 2013 ¡¡¡¡ Nefastas xestións do Sr. Alcalde onde o noso concello volta a quedar RELEGADO a unha espera interminable e chea de ENGANOS E MENTIRAS.

Para lembrar as memorias dos veciños e veciñas do concello publicamos a continuación uns recortes de prensa para que comprobedes o nivel de cinismo e hipocresìa dos nosos mandatarios, as súas declaracións deberán ser valoradas hoxe en día por todos vos e cada un que saque as súas propias conclusións.

 Nesta noticia pregúntàmonos quen se quedou cos cartos dese convenio que rematou a finais do 1999 ¡¡


Asentar poboación ??   Ano e medio ??

Se tiñas os obxetivos tan claros non sabemos porque despois de 8 anos desta noticia estamos na mesma situación.


En algo coincidimos.....¡¡ Está claro que as nosas vías de comunicación son do século pasado ¡¡


Manejar, manejar....non maneja moito ¡¡ Màis ben.......: engana, engana.
E manifesta que leva 5 anos de retraso cando o primeiro convenio (na primeira imaxe) fala do ano 1999. Parece que se nos está facendo maior que xa lle falla a memoria.


AGARDEMOS QUE ESTA SERIE DE MENTIRAS CONTINUADAS TEÑA UN FINAL PRONTO PORQUE O CASTIGO HISTÓRICO O QUE SOMETEU O CONCELLO NESTES ANOS PASADOS È HUMILLANTE. 

VEMOS COMO CONCELLOS LIMITROFES CRECEN E GAÑAN SERVIZOS  PAULATINAMENTE E AQUÌ NA PEROXA TAN SÓ AUMENTAN OS PATRIMONIOS PERSOAIS ¡¡

UNHA LÁSTIMA ¡¡ 

OS VECIÑOS E VECIÑAS DA PEROXA NON SE MERECEN ESTO ¡¡





No hay comentarios:

Publicar un comentario