Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 14 de junio de 2012

Exemplos gráficos do abandono do noso Concello

As imaxes son fiel reflexo da inactividade e abandono do grupo de goberno do PP no Concello de A Peroxa.....

As nosas vías de comunicación, tanto municipais como provincias precisan urxentemente unha limpeza de maleza para evitar perigos que poden ocasionar as situación perigosas de abandono para os conductores e peóns que as transitan a diario....



A imaxe seguinte poderíase ter arranxado xa fai moito tempo polos anos que leva nesa situación de perigo para os veciños e veciñas da Peroxa, principalmente perigosa para os nosos maiores e os nosos cativos. Ademáis esta é unha das imaxes que se levan os nosos visitantes por exemplo cando nos acompañan nos días de feira....


Continuamos cunha imaxe das deficiencias que van aparecendo nas obras millonarias e incompletas do campo de fùtbol dous anos despois de realizadas.....

 Finalmente unha imaxe que deixa mostras dunha das polémicas actuais na provincia, e que se refire a posibles anomalías nas obras realizadas e subvencionadas nas estacións da provincia feitas pola Deputación de Ourense e na que atopamos a dos Peares dentro deste proxecto investigado.......


DEFICIENCIAS QUE CON UN POUCO DE INTERESE POR PARTE DO CONCELLO SE PODERÍAN SUBSANAR ¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario