Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 7 de junio de 2012

Exenciòn imposto municipal para vehículos ¡¡

Informamos a tódolos veciños e veciñas que segundo a Ordenanza Reguladora do Imposto Municipal sobre Vehículos de Tracción Mecánica do Concello de A Peroxa, existe no seu artigo 2 unha bonificación do 100% (gratuidade) para os vehículos motorizados históricos de 25 anos ou máis.

Os que teñades vehículos destas características deberedes solicitalo para obter a bonificación.

Esta ordenanza entre outras pòdese atopar na Sede Electrónica do Concello de A Peroxa ou a través do seguinte enlace:

http://aperoxa.sedelectronica.es/?wicket:interface=:9::::

Se tedes algunha dificultade para atopala tamén vos facilitamos unha imaxe da citada normativa:


Seguimos traballando para tí, para informarte de como funciona o teu concello e para que coñezas e fagas uso dos teus dereitos ¡¡



No hay comentarios:

Publicar un comentario