Este vez propoñemos o concello de A Peroxa para que se sume ao resto de concellos da provincia na colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico para a realización de trámites dende as propias oficinas municipais, para evitar así, os moitos desprazamentos que os nosos habitantes teñen que realizar a Xefatura de Ourense para a realización de sinxelos trámites que ben poderían evitar e que en moitos casos obrigan os veciños e veciñas do concello a realizar custos económicos para os seus desprazamentos, así como dispoñer de mañas enteiras para poder desprazarse.
Esta é a moción que presentamos nas oficinas municipais solicitando este servizo:
LOITAREMOS PARA QUE ESTA PROPOSTA SE FAGA REALIDADE AXIÑA ¡¡
No enlace seguinte a web da DGT, mostramos os concellos da provincia que colaboran, onde coma sempre o noso de A Peroxa non aparece:
Asimesmo no enlace seguinte tedes acceso a información publicada na prensa local onde se facía referencia a este servizo que a maioría do concellos ofrecen os seus veciños e veciñas:
Seguiremos informando desta nova proposta da Agrupación Municipal Socialista no concello de A Peroxa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario