Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 7 de marzo de 2012

Extracto das decisións adoptadas no Pleno do 28/02/2012

Brevemente, e a espera da acta definitiva do pleno do 28/02/2012, informamosvos dos acordos que se tomaron e debatiron nesta sesión plenaria:

Eran moitas as cuestións plantexadas polo noso grupo municipal e para comenzar por algo destacable, pasamos a indicarvos cales das nosas peticións foron atendidas:

..Destacamos a aceptación da petición feita no seu día polos veciños e veciñas de Gulfariz para a instalación do suministro da auga, e levada a pleno novamente polos membros da nosa agrupación, que foi aceptada polos òrganos de goberno municipal, e foi incluída dentro dos Plans Provinciais 2012 para ser executada "antes do verán", según manifestou o Sr. Alcalde.

..Seguimos coa petición trasladada polo noso grupo feita polos veciños e veciñas de Vilarrubin para arranxar o deficiente estado das columnas que suxeitan o teito dos pendellos do campo da festa. Tamén foi aceptada esta petición polo Sr. Alcalde que se comprometeu a reforzalas con unha base de formigón ata a altura das visibles e perigosas fendas.

..A seguinte proposta aceptada polo Sr. Alcalde foi a de colocar unha valla de protección nas traseiras do local social de Graíces, para evitar caídas no desnivel existente. Petición feita no pleno polos nosos membros trasladando tamén unha vella reivindicación dos veciños da parroquia.

.. Aceptouse tamén neste mesmo pobo, estudiar unha solución definitiva e eficaz contra a perda de auga no lavadoiro de Graíces, para garantir este servizo reclamado tamén con anterioridade polos veciños e veciñas do pobo e que ate o de agora non fora atendido polo concello.

..Acordouse estudar tamén a petición dos veciños e veciñas de Gulfariz para crear un "espazo público" a entrada do pobo para poder usar os vehículos para xirar e non ter que voltar marcha atrás.

..Na petición de rogo de mellora da estrada dende a Ponte da Barra ata Lamagrande comprometeuse a solicitar axiña unha valla de protección a entrada da ponte para resgardar o desnivel perigoso existente.


Trasladamos por tanto os veciños das zonas "beneficiadas" os nosos parabéns e lembramos que estaremos pendentes da correcta execución das peticións aceptadas.

Vamos agora a dar un pequeno repaso os acordos segundo a orde do día do pleno:

1. Aprobouse a acta do pleno anterior por unanimidade.

2. Acordouse a cesión do centro de saude da Peroxa a consellería de sanidade co voto favorable do grupo popular e coa nosas abstención.

3. En canto o orzamento 2012 logo dun longo debate onde preguntamos por moitas partidas que o noso entender son excesivas (gastos persoal, gastos mantemento oficina do concello, gastos de mantemento xerais, dietas, custos dos membros do goberno municipal, abusivo soldo do Alcalde....), que creemos se deberían rebaixar igual que se lles pide "esforzos" a tódolos cidadáns. Destacamos tamén a escasa partida económica que se vai dedicar as obras de mantemento e mellora no concello. Manifestamos que se debería manter ou incluso aumentar o gasto en servizos sociais básicos no concello como son a atención os nosos maiores, fomento de actividades para a nosa mocidade, etc.

4. Acordo para investigación reclamación "camiño" na parroquia de Carracedo: Aquí manifestamos o desexo que o "proceso" sexa dilixente e claro, non como recentemente ocurriu nun caso semellante en Gueral, onde a inda hoxe anda o "tema" nos tribunais.

5. Cambio titularidade estrada Besteiros-Turzavella: aquí según manifestou o Alcalde asumimos esta vía e os custos de mantemento a cambio de actuacións de asfaltado que fixo a Deputación de Ourense en vias municipais.

6. Acordouse establecer as bases para a elección do xuíz de paz substituto: onde manifestamos que estas fosen publicitadas para que calquer persoa que cumpra os requisitos dentro do concello poida optar a este posto.

7. Presentamos unha moción para instar a Xunta de Galicia a que non contemple entre os seus "recortes" o peche das urxencias nocturnas do PAC de Vilarchao. Tralo debate onde nun primeiro instante os membros do PP non estaban dispostos por considerar un "rumor noso para asustar a xente", e tras varias intervencións resultou que este "tema" xa se tratara no pleno da Mancomunidade (polo tanto non é un "rumor", senón unha realidade). Acordouse agardar a decisión do pleno da Mancomunidade para tomar unha decisión. A nosa única intención é garantir este servizo para os veciños e veciñas de A Peroxa e concellos limítrofes. Non queremos alarmar a ninguén, pero o Goberno da Xunta dá un día tras outro noticias de peches de consultorios médicos noutros lugares de Galicia, e loitaremos para que este non chegue a esta situación.

8. Non houbo nen escritos nen comunicacións.

9. Rogos e preguntas.
Aquí presentamos o rogo de arranxo da carretera dende a Ponte da Barra a Lamagrande: asfaltado, sinalización, vallas de protección....etc. Aqui o Sr. Alcalde manifestou que no su día tiña un acordo "verbal" coa Deputación para levala a cabo, pero non sabe hoxe como está ese acordo, de todas formas agardará a que se execute a parte "en obras", para ver que ocorre con este tramo.


Nas moitas preguntas feitas obtivemos as seguintes respostas:

--Sobre o estado das obras do Centro de Saude dos Peares: "iniciaránse en breve xa que a empresa tivo diversos problemas e o prazo previsto para Xullo 2011 xa venceu".
--Sobre as obras da Ponte dos Peares sobre o Miño: "sen data, dudou incluso que se chegue a facer".
--Sobre o vehículo de emerxencias do Concello: "averiado dende fai moito tempo, falta unha peza e a empresa pechou. No vindeiro pleno acordarase a que se dedicará agora o vehículo".
--Sobre a suba do 10% da tasa do lixo: "por un erro de tramitación e publicación dende a Deputación non se fixo efectivo este ano, será para o vindeiro" (agardarmos que para o ano non sexa do 20%).
--Sobre as obras que se acometerán cos cartos do Ministerio de Medio Ambiente: ´"según se acordou na xunta de goberno local arranxaranse vias municiapais na Peroxa, Diarada, Cinconogueiras, Souto..."
--Sobre a petición de arranxo da carretera de Graíces: "incluída como obra complementaria nos Plans Provinciais 2012 (ainda que non se chegará a facer)".
--Sobre o deterioro da estrada Gulfariz-Andelo: "está o corrente das anomalías, pero non hai cartos para acometela, agarda que aguante e non se derrumbe definitivamente".
--Sobre o arranxo do teito do lavadoiro de Gulfariz: "non se vai acometer por non dispoñer de cartos para esta actuación".


Continuamos co noso obxetivo de información os veciños e veciñas do concello das actuacións levadas a cabo polos membros da Agrupación Municipal Socialista no concello de A Peroxa, onde se converten na voz dos veciños nos órganos de goberno municipal.


Seguiremos informando e traballando pola mellora do Concello de A Peroxa ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario