A foto e o contido da mensaxe é ben expresivo do funcionamento do noso concello.
Unha obra millonaria recentemente aberta para use e disfrute dos veciños que pronto pechou as súas portas pola neglixencia das xestións da xente que goberna e administra o concello.
O peche alega "escasa afluencia", unha afluencia que está seguramente en proporción a poboación que necesitaba este servizo.
Escasa afluencia tamén motivada polo horario restrictivo e adaptado os caprichos persoais duns privelixiados. Influenciada tamén pola retirada da persoa encargada do bo funcionamente deste servizo. A xente participa e usa os servizos ben xestionados, non se trata de facer unha obra, enchela de aparatos e darlle as chaves a calquera. Necesítase dotar de "vida" e actividade, mantendo o monitor axeitado para un bo aproveitamento das instalacións.
Xa referente o tema do peche o tratamos no pleno anterior, onde expuxemos que hai varios veciños e veciñas do concello que sí lles interesa este tipo de servizos, pero ben xestionados, de feito hai xente do noso concello que vai o de concellos limítrofes, ainda pagando.
Por isto solicitamos unha xestión eficiente dos nosos recursos, non seguir na liña destes moitos anos atrás de facer por facer e logo non darlle "vida", por pasotismo e falta de interese dende os responsable municipais.
Exemplos varios: Polideportivo da Peroxa, sen nengún tipo de actividade deportiva, o igual que o recen estreado dos Peares, so utilizado para as paperotadas dos membros do PP ¡¡
Nesta obra do ximnasio invertíronse preto de 9 millóns de pesetas ¡¡
Pinchando aquí e xa na primeira páxina o custo total da obra 44.224€ e a subvención obtida:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2010/20100812/Anuncio2CB06_gl.pdf
E neste na paxina 4 o final outros 9000€ para adquisición de equipamento.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2010/20101019/Anuncio34FEE_gl.pdf
POLO TANTO NECESITAMOS OUTRO XEITO DE FACER AS COUSAS ¡¡
NON PODEMOS PERMITIRNOS O LUXO DE TIRAR COS CARTOS ¡¡
NECESITAMOS ACTIVIDADES E ACTUACIÓNS NAS INFRAESTRUCTURAS EXISTENTES ¡¡
ROGAMOS O EQUIPO DE GOBERNO QUE DESPERTE DO SEU PASOTISMO E SE POÑA A TRABALLAR POLA MELLORA DE VIDA DOS SEUS VECIÑOS ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario