Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 20 de marzo de 2012

SEGUIMOS LOITANDO POLO NOSO ¡¡

Unha vez màis, e xa van unhas cantas, traemos novamente a este artigo no blog a situación de PARALISE TOTAL  da obra da carretera dende Vilarchao.

Como ben xa levamos informado nas últimas semanas, as obras paralizanse de novo a espera da tramitación das expropiacions, todavía pendentes de facer, a pesares das moitas mentiras que o noso Alcalde nos ten dito sobre isto.

O prazo de remate das obras de Maio de 2012 que nos exixiamos no ano anterior que se cumprise, invitando incluso os membros de goberno do PP no concello que se sumasen a nosa petición e ante a súa negativa a participar nas reivindicacións manifestando unha o outra vez que se ían cumplir os prazos....e chegados agora a este momento onde as obras están paradas como xa adiantamos no seu momento.....
AGORA QUE?? Seguirá mantendo a súa mentira ano tras ano o Sr. Alcalde ou dunha vez por todas vaise deixar de dar largas os veciños e pelexar polo remate desta obra?

Non sei cal vai ser a súa postura, porque a súa palabra xa fai moito tempo que perdeu crédito diante dos seus veciños e veciñas os que engana sistemáticamente......O que sí sabemos cal é e a nosa postura.....

UNHA VEZ MÀIS LOITANDO POLO REMATE DESTA OBRA E AGORA NOVAMENTE PREGUNTANDO NO PARLAMENTO POR UNHA NOVA "MODIFICACIÓN" DO CONVENIO EXISTENTE ENTRE A XUNTA E A DEPUTACIÓN ¡¡

Cal è a nova situación que se plantexa para esta obra?
Hai previsión dun novo prazo de execución das obras, xa que o previsto de maio de 2012 non é posible?

ESIXIMOS DIANTE DA XUNTA E DA DEPUTACIÓN QUE NON NOS ENGANEN MÁIS, QUEREMOS O REMATE INMEDIATO DESTA VÍA QUE LASTROU O FUTURO DO NOSO CONCELLO NOS ULTIMOS 20 ANOS DE ENGANOS ¡¡

No DOG do luns 12 de marzo na súa páxina 8789 aparece unha "novidade" en canto o convenio subscrito....Novidade que o único que fai é retrasar NOVAMENTE esta obra....mirade o enlace seguinte:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120312/AnuncioCA02-010312-12850_gl.pdf

Inmediatamente vimos esta publicación nos puxemos en contacto cos nosos representantes na Xunta para que nos informaran desta "nova" situación, porque non podemos quedar de brazos cruzados e este é o escrito presentado 2 días depois no Pleno do Parlamento de Galicia.



QUEREMOS RESPOSTAS, QUEREMOS SOLUCIÓNS, QUEREMOS DEFENDER OS NOSOS INTERESES....QUEREMOS O REMATE DA OBRA ¡¡

NON MÁIS MENTIRAS ¡¡

SEGUIREMOS INFORMANDO



No hay comentarios:

Publicar un comentario