Ante a vulneración dos acordos tomados polo Pleno do Concello onde se acordou como ben indican as normativas legais que o regulan, a celebración dos Plenos Ordinarios nas datas periodicamente sinaladas, e ante a ausencia do cumplimento deste acordo por non ter celebrado ningún nas datas previstas, e informado o Sr. Secretario e o Sr. Alcalde desta situación presentamos o a solicitude por escrito nas oficinas municipais.
Sirva como exemplo que o anterior pleno celebrouse en Outubro e o último a finais de Febreiro, polo que o prazo legal de 2 meses non se cumpriu, privandonos así do noso dereito a propoñer, debatir e preguntar polos temas de interese para os veciños e veciñas da Peroxa.
Agardamos que estes incumplimentos cesen e se cumplan as normativas e acordos vixentes; de non ser así veríamonos obligados a tomar medidas legais.
Este é o escrito presentado no rexistro do Concello:
LOITAMOS POR UN CONCELLO TRANSPARENTE, XUSTO E ABERTO A TODOS ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario