Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 21 de marzo de 2012

NOVA EDICIÓN DOS "SABADOS COA VECIÑANZA"

Continuando co compromiso adquirido neste proxecto, informamos que este vindeiro sábado 24 pola tarde volvemos a celebrar outra edición dos sàbados coa veciñanza, visitando esta vez os pobos das parroquias de Mirallos e San Cristovo, para ver e escoitar de primeira man cos veciños e veciñas as moitas inquedanzas, preocupacións e problemas que queren transmitir.
Unhas necesidades que trasladaremos os organos de goberno municipais para porlle solucións.

Este è o cartel anunciador:



Coma sempre podedes facernos chegar as vosas consultas, suxerencias e aportacións polas canles habituais: persoalmente, neste blog a través dos comentarios, no enderezo electrónico ou mesmo no facebook.

VÉMONOS O SÁBADO ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario