Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 9 de marzo de 2012

As obras no noso Concello dentro dos Plans Provincias 2012 ¡¡

Veñen de publicarse o pasado sábado 3 de marzo no BOP, os Plans Provincias 2012, que incluen as obras que se van a realizar en cada concello da provincia de Ourense. Acceso a publicación no enlace seguinte:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=52&fecha=20120303

No que atingue o Concello de A Peroxa, as obras que se van a realizar son a pavimentación dos accesos a Valdomar e o Conchouso, así como, xa ven indicamos en outro artigo anterior, o abastecemento de agua o pobo de Gulfariz, obra esta última reclamada polos veciños e veciñas en varias ocasións e petición levada a pleno polos membros da nosa agrupación municipal.

Para a realización desta obra o Sr. Alcalde comprometeuse a executala antes do verán do 2012. Unha boa nova para a xente deste pobo se cumple o seu compromiso, ainda que nos entran dúbidas, xa que informamos que as obras do plan do 2011 ainda están sen comenzar. Son o acceso a Abertesga e Outeiro.

Seguiremos este procedemento de adxudicación e execución para que se realice en plazo, e o mesmo tempo invitamos as empresas do concello que esten interesadas na realización deste proxecto que consulten nas oficinas do concello a súa tramitación. Queremos e defendemos que todos teñan opción nestas épocas de dificultade a poder obter os traballos que ofrece a administración local, e tentar cambiar a liña de "monopolio" en canto a realización das obras no noso concello pola empresa que todos coñecedes.

Sirva para mostra o exemplo da publicación feita no BOP de hoxe mesmo 9 de marzo de 2012 na súa paxina 22 do seguinte enlace, onde se devolven a empresa en cuestión os avais das últimas grandes obras realizadas no noso Concello e que tiveron uns custos globais de preto de 700.000 € ¡¡

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=57&fecha=20120309

No hay comentarios:

Publicar un comentario