Seguindo co tema da INCINERADORA para a comarca do Ribeiro....unha vez máis se pon de manifesto a política caciquil e de intereses ocultos do Sr. Baltar:
Primeiramente por colocarse o frente dun tema que non lle corresponde, por ser competencia plena de Xunta de Galicia do Sr. Feijoo, ese que anda polo mundo preocupado soamente da sua imaxe e progresión política, pasando dos temas que preocupan os galegos e os ourensáns en particular.
En segundo lugar e quero resaltar este apartado porque no enlace da noticia seguinte ten a pouca vergoña de desvelar que "un alcalde da comarca lle pediu a Incineradora para o seu concello, pero coa particularidade que non o desvelara ATA PASAR AS ELECCIÓN MUNICIPAIS, ¡¡ Xa non teñen nin a pouca delicadeza de non esconder o seu xeito de facer política, a espaldas sempre dos veciños e enganandonos un día e outro tamén.
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/01/29/0003_201101O29C9991.htm?idioma=galego
Hai que reaccionar ante estas situacións ¡¡ e decir novamente Baltar e PP fóra das institucións ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario