Aquí vos deixo un enlace a unha páxina onde se recollen infinidade de mentiras e incumprimentos do goberno do Sr. Feijoo, sí, ese que ía acabar con tódolos problemas cando chegou o goberno e que tempo despois, non só non os arranxou, senón que os multiplicou. E claro coma sempre, él non é o responsable, ou foi culpa dos anteriores ou do goberno central.....NULA XESTIÓN A SÚA SR. FEIJOO, BASTA XA DE ENGANOS, APORTE SOLUCIÓNS E DEIXE DE BUSCAR SEMPRE CULPABLES ¡¡
http://www.feijoomente.blogaliza.org/
Deixovos tamén un enlace na columna da esquerda de enlaces interesantes para que periódicamente observedes que as suas promesas incumplense unha e outra vez.
Para mostra, esta noticia do enlace seguinte, como podía poñer outras moitas, pero no caso dos dependentes que sufriron o maior engano dos últimos anos, ía solucionar todo en 3 meses e o que fixo foi multiplicar o problema ata límites insospeitados e logo botarlle a culpa os demais.
Xa estamos fartos da súa palabrería, queremos feitos e non discursos para endulzar as orellas e logo nada de nada, deixese de demagoxías e pense nos galegos un pouquiño.
http://www.farodevigo.es/galicia/2010/04/26/18000-dependientes-graves-esperan-ayuda-xunta-promete-junio-seran-4000/432926.html
Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.
Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...
Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.
Esperamos as túas aportacións.
martes, 11 de enero de 2011
As continuas mentiras e enganos do Sr. Feijoo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario