Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 27 de enero de 2011

Política de persoal da Deputación de Ourense = Baltar = Xunta de Galicia = Feijoo = PP = CACICADA

Novamente temos que REXEITAR as actuación en canto os "enchufes" de persoal na Deputación de Ourense, con feitos que unha e outra vez pisotean os dereitos de tódolos cidadáns para arranxarlle o futuro os seus "amigos".

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/01/27/vazquez-baltar-trama-organizada-colocar-afines-pp-diputacion/512767.html

Pero a esto hai que engadir tamén que a Xunta de Galicia leva tempo facendo a mesma "política" de persoal que a nosa desprestixiada Deputación. É realmente un escandalo o que levan feito nos procesos selectivos de persoal nestes 2 anos o fronte do goberno de Galicia, con dúbidas sobre a súa legalidade e transparencia en tódolos casos, para mostra un dos últimos.....

http://www.xornal.com/artigo/2011/01/26/politica/psdeg-alerta-prazas-medida-interinos-da-xunta/2011012622250901327.html

Temos diante de nos unha magnífica ocasión nas vindeiras eleccións municipais para PROTESTAR e decir BASTA XA ¡¡ e dunha vez por todas librarnos do Sr. Baltar. Non hai que resignarse a que sexa sempre así, hai que revelarse e acudir en masa a votar o vindeiro 22 de maio para cambiar dunha vez esta situación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario