No DOG de hoxe convocou a Xunta unha liña de axudas para obras nos concellos de Galicia. Nun dos puntos da convocatoria onde se establecen as actuacións a subvencionar (ata o 80%), aparece a posibilidade da construcción de zonas ou parques para a infancia.
http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/1784aa0843f0525cc1257816005091eb/$FILE/00800D002P004.PDF
Non sei se serán conscientes, pero desde este lugar de opinión reclamamos un PARQUE INFANTIL para o noso concello, e recalco o de concello, iso conleva que non ten que ser como se fai con tódalas inversións que se fan na capitalidade, sumindo nun total abandono a maior parte dos territorios do noso concello, que con isto levan o seu total abandono e fuxida de veciños a outros lugares ou para a cidade.
O parque infantil é unha necesidade que levan pedindo moitos anos os veciños e veciñas, un lugar para os nosos nenos e nenas, xa que xunto cos nosos maiores son os grandes olvidados dun goberno municipal con outros intereses.
Tivemos e temos o exemplo máis recente nos columpios do recinto da "futura" ¿? gardería infantil, que logo de levar varios anos rematada segue pechada a pesares das múltiples datas e promesas de apertura. Tras solicitar que se abrise o recinto no verán para que os nenos disfrutasen dos únicos columpios existentes no noso territorio, non nos deixaron acceder a eles e moitos saltaron o valado co perigo e a responsabilidade que eso supoña para o concello, dono da instalación.
Esperemos que non deixen pasar esta oportunidade e sexan capaces de pensar nos cativos e constrúan un lugar para a súa diversión.
Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.
Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...
Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.
Esperamos as túas aportacións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario