http://www.aperoxa.es/
O contido escaso de información do noso concello vese incrementado polos múltiples erros e noticias completamente fóra de lugar como os exemplos que vos enumero:
- A tradución feita en galego é unha auténtica "patada nos dentes" a nosa lingua, para poñer esa tradución sinceiramente é mellor non tela.....recórdomos que é unha "páxina oficial" dun concello, non un simple blog...
- O apartado realmente que sería útil é o dos trámites no concello, pero está.......fora de servizo.
- No equipamento do concello fálase dunha gardería municipal.......pola que seguimos agardando.
- En canto os datos das nosas festas e romarías nin se nombra a "festa da carne o caldeiro" que tanto anos se tardou en realizar......ou é que xa desapareceu da axenda ? Era o que nos facía falta, porque é unha das poucas características boas que se coñece o noso pobo por ahí adiante.....
- Hai datos que son de risa: en canto a infraestructuras deportivas consideran adaptadas para varios deporte as canchas de Vilarrubin, Armental, Corbelle e o Campo da Saúde......de momento son campos para as festas patronais e grazas.
- Logo temos as rutas de senderismo que deberían ocupar toda a páxina de inicio, porque realmente son espectaculares e resulta que non as coñece ninguén.
- En canto o campo de fútbol do Marco deberían actualizar a foto e poñer unha da nova etapa, e matizar que o Peroxa CF en 1ª Autonómica e o Atlético Peroxa en 3ª Autonómica nunca coincidiron nesas categorías na mesma tempada.
- En canto as fotos da páxina de inicio felicitalos porque son moi boas, pero quizáis xa moi usadas noutros eidos, temos moitas e moi boas en todo o concello, móstremos as nosas espectaculares paisaxes a todos os que nos queiran visitar.
Dende o noso blog teredes un enlace permanente a esta páxina,que desexo e espero que tras esta crítica constructiva se poñan mans a obra e realmente fagan e melloren para ter algo útil e do que presumir e non por cumprir un trámite de cara a galería.
No hay comentarios:
Publicar un comentario