Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 18 de enero de 2011

A incrible historia dunha ponte que se converteu en pasarela.

Aló por maio o Sr. Feijoo sorprendíanos coa noticia entre multitudes (según din eles), dunha nova ponte nos Peares:

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2010/05/15/0003_8484711.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

Sí, nese pobo do que presume ser nativo e que abandou completamente durante tantos anos de cargos relevantes, pasou de ser un dos pobos con máis veciños e máis industria do noso concello...a un pobo cheo de recordos e de lugares abandoados: hai van varios exemplos dos moitos que podía por....

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2010/08/19/0003_8677240.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2007/09/26/00031190820335124614.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2010/01/09/0003_8215419.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

http://www.lavozdegalicia.es/genteytelevision/2011/01/13/0003_8961590.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

Si, ese mesmo pobo o que o noso alcalde tildou de "privilexiados" e que atacou os que non pensan coma él:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/08/20/0003_8679178.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

Máis tarde algúns fomos criticados por preguntar onde se invirten os cartos de todos os galegos, non se poden invertir por caprichos dunha persoa, nin por criterios electoralistas, hai que defender o interés xeral:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/05/16/0003_8486841.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

As infraestructuras sempre son ben recibidas si se fan con criterio e con futuro. Primeiramente falábase dun orzamento o redor dos 1,7 millóns de euros, logo pasou a ter orzamento cercano os 3 millóns de euros. A todo iste cabe sinalar que nun principio os socialistas da Peroxa podería parecernos unha boa obra, ata que descubrimos que o proxecto estaba nunha ubicación un tanto carente de futuro, pensábamos que con ese millonario orzamento sería unha gran ponte, polo menos con enlace a unha carretera nacional ou provincial.... pois non foi así, o que ía ser unha ponte quedouse nunha "pasarela" dun só sentido, limitada a peso de vehículos e con semáforos para regular o seu paso por ter tan só 3.25m de ancho, cando calquer turismo anda nos 1.6 ou 1,7m de ancho, non nos salían as contas. O seu inició é o carón da ponte de ferro, logo do paso estreito entre as antigas casas do pobo......que ben quedaría máis elevada preto do centro de saúde por exemplo, pensando nun futuro enlace coa autovía A-76 de Ponferrada (esa mesma que o noso alcalde como tódo o PP ourensán reclamaba por terras de Caldelas, cando está a ser chamada a grande infraestructura e de comunicación do futuro no noso concello por atravesalo de este a oeste). En canto o do paso regulado por semáforos parécenos do século pasado pero cun gasto do século XXI. Estas son as súas características: na páxina 14 do seguinte enlace:

http://www.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=85541&name=DLFE-10033.pdf

No DOG do 21/12/2010 publícase:

http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/d5203bf7f93be8a3c12577ff0059600d/$FILE/24300D004P023.PDF

Logo na mesma noticia volven a "vender" o proxecto da mellora das marxes do río Miño unha vez máis, xa foi varias veces licitado e seguimos a espera de que se faga realidade.

A noticia para a prensa nun principio parece que foi algo confusa:
Q
ue si no Sil e para 4800 veciños.....

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/12/22/0003_8924107.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

Que si no Miño e para 15.000 ¿? (non serán moitos) habitantes....

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/12/03/0003_8887432.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

Logo as novas sobre a ponte xa foron dicindo a realidade....estreita, pasarela, semáforo,etc.... e tamén temos "datas" oficiais da súa finalización:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/01/15/0003_8966037.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

Para cambiar de medio informativo tamén.....a ponte xa se denomina pasarela:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/01/15/agustin-hernandez-anuncia-conclusion-pasarela-peares-ano/509006.html

E para rematar con esta historia a nosa opinión xeralizada:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/01/15/0003_8966038.htm?idioma=galego



Señor Feijoó:

RESPONSABILIDADE, OBRAS E PROXECTOS DE FUTURO, NON CAPRICHOS PERSOAIS PARA LAVAR A SÚA DETERIORADA IMAXE NUN POBO ESQUECIDO E CASTIGADO O LONGO DESTES ANOS. NON SIGA ENGANANDO OS NOSOS VECIÑOS COA COMPLICIDADE DUN ALCALDE CON FOBIA CARA ESTE POBO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario