Lembradesvos cando o PP criticaba e chamaba "basurero" o macroproxecto medioambiental que estaba previsto pola Xunta de Touriño e con Pachi Vázquez o fronte de Medio Ambiente en Carballeda de Avia ??
Opuxeronse a esta obra primordial para a provincia e para o Ribeiro en particular enganando a xente dicindo que ía ser un vertedoiro de lixo....máis tarde alegaban problemas de tráfico pesado para esa zona do Ribeiro, logo o Ministerio de Fomento do goberno socialista en Madrid comprometíase a un enlace directo coa autovía A-52 e con todo isto rexeitárono dende toda a cúpula popular da provincia.
http://www.ourensedixital.com/_hemeroteca/_pmca/080116_03.htm
Pois ben....tempo despois non so non quixeron un Parque Medioambiental, senón que agora estan a buscarlle lugar a unha planta INCINERADORA de RESIDUOS, ben sexa no Ribeiro (co daño terrible que faría a una zona con denominacións de orixe), ou en calquer outro lugar da provincia de Ourense. Todo coa complicidade da Xunta do Sr. Feijoo, que as empresas e os postos de traballo (Misthubisi) lévas para Vigo e a "merda" para Ourense.....ese é o equilibrio territorial do que os do PP falan......¡¡
http://www.psdeg-psoe.org/noticia.php?idnoticia=6843
Actuacións coma estas teñen moitas, primeiro din blanco e logo negro. Sorte que a xente non é parva e ten memoria e si por si acaso se lle esquecen estas cousas, aquí estamos nos para lembrarlle a súa hipocresía.
Outro exemplo coa mesma actuación é a na zona da Limia, onde se fartaron de enganar a xente para agora facer o que antes criticaron.
Como non podía ser doutro xeito, dende o Grupo Municipal Socialista da Peroxa decimos........
¡¡ L I X O NON ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario