Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 31 de julio de 2015

Actividades no Concello para a fin de semana do 1 e 2 de Agosto de 2015

Escasa actividade nesta primeira fin de semana de Agosto, onde o evento máis destacado é a celebración dunha nova edicion da FESTA DA CARNE DA PEROXA.

Este evento anunciase a través do cartel seguinte....


Convidàmosvos a esta celebración para por en valor o noso Concello e os nosos productos, organizado a iniciativa do empresarios e gandeiros do Concello.

Ademáis da parte gastronómica....non debes perderte as actividades paralelas a esta celebración¡¡


Tamén temos que indicar que ainda que todavía falta unha semana para a celebración dunha das festas populares máis senlleiras do noso Concello, como é a das Neves na parroquia de Graíces, sí queremos anunciar e anticipar algúns eventos que van a realizar os organizadores, dándolle a esta festa un novo enfoque do que debe ser unha boa festa popular, coa participación da veciñanza.

Algúns dos eventos destacados, e para os cales xa podes apuntarte serán, entre outros, os seguintes:



A pesares de estar en época vacacional, indicar que as probas dentro do mundo do atletismo para os representantes do PEROXA RUNNING seguen marcadas no calendario, semana tras semana.

O calendario contempla para esta fin de semana as seguintes:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar&view=month&day=1&month=8&year=2015


PARTICIPA E DISFRUTA DAS OPCIÓNS QUE CHE PROPOÑEMOS ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario