Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 14 de agosto de 2015

Actividades no Concello na fin de semana do 15 e 16 de Agosto de 2015....e plans futuros¡¡¡¡

A actividade è escasa, pero sí hai varios eventos, festas e actividades interesantes que xa están anunciadas para as vindeiras datas e das cales vos damos cumprida información para que vaiades facendo os vosos plans, ou anotándovos para elas.

Comenzamos recordando de novo que o vindeiro sábado 22 de Agosto no incomparable marco do Castelo da Peroxa e organizado polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra haberá un concerto.

Este é o cartel deste evento:



Continuando co eido festivo tamén a parroquia de Besteiros celebrará as súas festas patronais, anunciadas con este cartel:


Tamén incorporamos a axenda festivo-gastronómica un novo evento que promocionará os nosos productos. Será o vindeiro sábado 22 en San Ciprián e anuncia deste xeito:


Un ano máis, o Concello organiza a tradicional visita o Parque Acuático de Cerceda, para o cal xa vos podedes anotar. Estes son os carteis desta actividade:




Tamén podedes ir anotando nas axendas a proxeccion dunha interesante película na noite do Venres 28 de Agosto as 22:30 e que se anuncia no seguinte enlace e organizada pola Deputación de Ourense:

http://www.tempodelecerourense.com/eventos/consultar/15127/cine_coa_proxeccion_da_pelicula_a_ultima_viaxe_do_afiador


Un importante anuncio para toda a veciñanza do Concello da Peroxa é comunicar a presencia dunha Unidade Mòbil de ITV para VEHÍCULOS AGRÍCOLAS no Recinto Feiral da Peroxa do 16 ao 18 de setembro de 2015 en horario de 09:00-13:30 pola mañà e 15:15-18:00 polas tarde, excepto o dia 18 que será só pola mañà.

Pide a túa cita con antelación no Tf: 902-309000 ou a través do seguinte enlace:

http://www.sycitv.com/gl/cita-previa/cita-previa-particulares/

Entramos xa no eido deportivo, que pouco a pouco volve das vacacións estivais e temos xa diferentes amigables dos equipos representativos do Concello no mundo do fútbol.

Informaremos pròximamente xa do comenzo das competicións oficiais previstas para o domingo 29 de Agosto con dobre cita da Copa Deputación 2015-2016 no campo do Marco para o 
A PEROXA CF e A PEROXA CF "B".

Continuando co deporte, e a pesares de non celebrarse no noso concello, ainda que sí no limítrofe de Vilamarin e tendo en conta a moita afición que hai o mundo do motor entre a nosa veciñanza anunciamos o evento seguinte:



Finalizamos unha semana máis lembrando a axenda de probas nas que algún compoñente do PEROXA RUNNING participará dentro do mundo do Atletismo, onde están a acadar semana tras semana resultados espectaculares e sendo xa coñecidas as súas chamativas camisetas laranxas por todo a xeografía galega.

No seguinte enlace o calendario para esta fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


A PESAR DA POUCA ACTIVIDADE PREVISTA PARA ESTA FESTIVA FIN DE SEMANA, NAS VINDEIRAS OS EVENTOS SERÁN ABUNDANTES E VARIADOS....



PARTICIPA ¡¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario