Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 15 de julio de 2015

Calendario de actividades no Concello da Peroxa nos vindeiros días ¡¡¡

Hoxe facemos unha previsión das actividades que se celebrarán no noso concello, nas vindeiras semanas, para que vaias facendo as túas previsións.

Comenzamos polo anuncio das Festas de Armental, anunciadas co seguinte cartel:


Seguimos coas Festas en Toubes, con este cartel anunciador....


 

Continuamos pola programación habitual que nos ofrece o BAR1984, esta semana con este interesante evento....

Tamén anunciamos con antelación, a organización, logo de moitos anos de ausencia dunha nova edición da FESTA DA CARNE DA PEROXA.

Xa está aberto o prazo para anotarse e participar na promoción dos nosos productos e da nosa gastronomía......PARTICIPA¡¡¡

Un evento que como xa temos informado en reiteradas ocasións, o noso Concello da Peroxa, ano tras anos está a solicitar e segundo o publicado no BOP recibindo subvención para a celebración deste evento, que lamentablemente nunca se chegaba a organizar, tendo que devolver as subvencións, pola falta de iniciativa por parte do Concello, incapaz de liderar a organización desta festa.

O cartel anunciador é o seguinte....


Tamén nos enche de ledicia o poder anunciar un evento que se celebrará o vindeiro 22 de Agosto, no noso lugar de referencia a nivel turístico, e que por desgraza, non está o suficientemente explotado para atraer visitantes ao noso Concello.......falamos do CASTELO DA PEROXA.

Neste recinto espectacular que temos no noso Concello haberá un concerto, dentro do progama do Turismo da Ribeira Sacra.

Anunciase o evento co seguinte cartel........ACUDE E DISFRUTA DO NOSO ENTORNO PRIVILEXIADO E QUE AGARDEMOS SEXA ESTE UN PUNTO DE PARTIDA PARA PODER DISFRUTAR DESE LUGAR CON OUTRO TIPO E ACTUACIÓNS E EVENTOS ¡¡


Tampouco podemos esquecernos da participación que poidan ter os compoñentes do PEROXA RUNNING en algunha das probas que marca o calendario para as vindeiras fins de semana....

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

Unha actividade deportiva que segue a levar o nome do concello por toda a xeografía provincial e galega, onde outra fin de semana máis o nome dun dos seus compoñentes volta a soar entre os premiados desta vez na dura carreira de Chandrexa, onde de novo, JAVIER RODRIGUEZ IGLESIAS volve acadar un meritorio terceiro posto na categoría veteràns, e onde estáN a ser xa un feito habitual os contínuos bos resultados.....NORABOA ¡¡¡



SEGUIMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN PARA A VECIÑANZA DE TODO O QUE ACONTECE NO TEU CONCELLO......SEN DIFERENCIAR ENTRE ANUNCIAR UNHAS FESTAS, UNHA OBRA DE TEATRO, UN CONCERTO......OU POSTOS DE TRABALLO.........CUESTIÓN QUE NOUTROS LUGARES PÚBLICOS DE INFORMACIÓN DO TEU CONCELLO XAMÁIS ATOPARÁS ¡¡¡


DISFRUTA DOS NOSOS EVENTOS E ACTIVIDADES ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario