Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 2 de julio de 2015

Actividades no Concello na fin de semana do 3, 4 e 5 de xullo de 2015

Comenzamos este intenso primer fin de semana do mes de xullo con diferentes e variadas actividades, tanto deportivas, festivas como gastronómicas.

Sen dúbida o plato forte estará en todo o que xira en torno as Festas do San Antón na Peroxa.

O cartel que anuncia estas tradicionais festas é o seguinte:


Como anticipo a esta fin de semana festivo, indicar que xa o venres día 3, ademáis da Feira de San Ciprián, pola noite, e novamente a iniciativa do BAR 1984 haberá unha importante churrascada para dar o pistoletazo de saída as Festas da Peroxa.

Anunciado co seguinte cartel:


Nesta mesma tarde-noite de venres e tamén a iniciativa e organizado polo BAR 1984 haberá un novo Campeonato de Fùtbolín, con importantes premios.

Anunciado con este cartel...



Tamén un ano máis, no eido Cultural, novamente a Rondalla Xuntanza dos Pobos organiza unha nova edición do Certamen de Rondallas na Peroxa, na tarde do sábado as 20:00.

Este é o anuncio do evento:



Tamén, dentro xa do eido deportivo, o PEROXA CF organiza un ano máis o Torneo da Amistade 2015 no que coa participación de 13 equipos, e con un carácter benèfico, ao colaborar coa recollida de alimentos non perecedeiros tanto por parte dos equipos participantes como do pùblico en xeral, disputaranse os encontros que se indican no cadro seguinte....


Agardemos e desexamos que neste torneo de faga honra o seu nome e prime a deportividade e convivencia entre equipos amigos e veciños.

Lembrar tamén que a actividade dentro do Atletismo non descansa e novamente o calendario depara varias probas, na que con seguridade algún membro do PEROXA RUNNING disputará:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


TEMOS POLO TANTO, UNHA INTENSA FIN DE SEMANA, NA QUE VOS CONVIDAMOS A PARTICIPAR ACTIVAMENTE DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS.



SEGUIMOS CUMPRINDO SEMANA TRAS SEMANA COA LABOR INFORMATIVA ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario