A publicación deste estrada como punto de controis de velocidade, produciuse na semana pasada a través da propia web de tráfico: www.dgt.es, da cal podedes observar na imaxe seguinte como se atopa esta estrada que afectaba o seu percorrido, segundo os puntos kilométricos que se indican, entre a rotonda de Vilarchao (Coles) e a rotonda de Lamagrande (A Peroxa):
Esta publicación foi recollida tamén pola prensa local, que informaba desta situación, entre outras que afectaban a nosa provincia....
http://www.laregion.es/content/print/dgt-vigilara-radar-movil-27-puntos/20150703072703553496
Logo de moitos comentarios e queixas entre os usuarios e tamén os conductores xa sancionados, informamos, ante as moitas dùbidas de cal era o límite de velocidade desta vía, que se situa en 50Km/h, segundo o sinal que se atopa a entrada da Ponte da Barra en dirección A Peroxa, tal como indica a imaxe seguinte:
A ubicación do Radar Movil durante algúns días no cruce de acceso aos pobos de Vilar e Abertesga en dirección ascendente cara A Peroxa, deixaba unha vez de manifesto que o ùnico obxetivo desta medida era o seu afán recaudatorio, xa que casualmente, nese mesmo punto, o igual que en todo o percorrido descendente, dente a rotonda de Lamagrande ata xusto a entrada da Ponte da Barra, segundo o baremo e cadro de velocidades das estradas este tramo está limitado a 90Km/h, que choque radicalmente cos 50Km/h en sentido ascendente.
A continuación o cadro de velocidades segundo o tipo de estradas....
Durante estes controis, según versión dos axentes...."para velar pola nosa seguridade", foron varios os conductores sancionados.
Lembramos tamén, que segundo o cadro de sancións, nese lugar onde instalaron o Radar, co límite de velocidade a 50Km/h, polas condicións da vía, as velocidades as que se circulan nese punto son moi superiores polos conductores polo que as sancións poderían ser moi elevadas e con graves consecuencias tanto económicas como pola retirada de puntos.
Este é o cadro de sancións, onde veredes como circular nese punto a unha velocidade superior aos 101Km/h sería unha sanción moi grave...
A solución proposta na moción presentada polo noso Grupo Municipal Socialista foi colocar unha sinal de "fin limite velocidade de 50Km/h" do outro lado da Ponte da Barra, en dirección A Peroxa, que anulase o límite de 50km/h e deixase o percorrido o igual que en sentido descendente, segundo o fixado para este tipo de vías en 90Km/h.
Esta situación incómoda e perxudicial para os bolsillos dos conductores e usuarios desta vía prodúcese por non ter atendido dende o Grupo de Goberno do Concello da Peroxa, as múltiples peticións feitas polos nosos concelleiros socialistas onde solicitamos unha actualización e revisión tanto da sinalización horizontal como vertical desta estrada, xa que a existente quedouse obsoleta, sobre todo se a comparamos cos novos tramos de estrada de recente apertura no Concello de Coles.
A citada Moción presentada no Concello este pasado martes para que se actuara contra esta situación foi a seguinte:
Tamén para axilizar a búsqueda dunha urxente solución a esta grave problemática tamén se solicitou da Deputación de Ourense (responsables da estrada) actuacións inmediatas.
RECIBIMOS NO DÍA DE HOXE CON AGRADO NOTICIAS SOBRE ESTA NOSA PETICIÓN, XA QUE DENDE O CONCELLO DA PEROXA PARECE QUE POR FIN SE PREOCUPARON POLO ASUNTO E ANUNCIAN A TRAVÉS DAS SÚAS REDES SOCIAIS COLABORACIÓN CON AQUELES CONDUCTORES QUE FOSEN DENUNCIADOS POR ESTA SITUACIÓN.
AO MESMO TEMPO, NO DÍA DE HOXE SE ESTÁ A COLOCAR UNHA NOVA SINALIZACIÓN NESTA ESTRADA, CAMBIANDO ASÍ OS LÍMITES DE VELOCIDADE EN ALGÚNS PUNTOS DA MESMA.
DESEXANDO QUE SEXAN COMPATIBLES ENTRE GARANTIR A SEGURIDADE DOS USUARIOS E O MESMO TEMPO PROTEXER AS ECONOMÍAS E OS BOLSILLOS DA VECIÑANZA.
SEGUIMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN....¡¡¡¡
TRABALLAMOS POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡
ÙTILES A VECIÑANZA E ORGULLOSOS DA NOSA LABOR ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario