Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 27 de julio de 2015

Resumo do Pleno Extraordinario do 24 de xuño de 2015

O pasado 24 de xuño celebrouse no Concello da Peroxa o correspondente Pleno Ordinario "de funcionamento" da corporación municipal.

A convocatoria e extensa orde do día foi a seguinte:


Os debates, acordos e informacións foron as que resumimos a continuación....

Punto 1.- Aprobada a acta anterior por unanimidade.

Punto 2.- O Alcalde propuxo a celebración dos Plenos Ordinarios nos meses de Xaneiro, Marzo, Maio, Xullo, Setembro e Novembro. Indicou tamén que non porá data fixa nin horario.

Neste punto unha vez máis indicamoslle que incumple así a normativa vixente, ademáis de entorpecer e dificultar a nosa labor que non podemos planificar as nosas accións e presentación de asuntos para os plenos o descoñecer cando se van a celebrar, xa que nos enteramos só con dous dìas de antelación (cando nos remiten a convocatoria).

O secretario emite un completo informe ao respecto.

O Alcalde comprometeuse a avisar con unha semana de antelación para que poidamos presentar o que poidamos.

Manifestamoslle que os acordos están para cumplilos, e lembramos que xa na lexislatura anterior modificou o seu antoxo a data inicial de celebración dos plenos, indicando se se terían nos meses impares e lembrámoslle que tampouco foi capaz de cumprir as súas propias modificacións e decisións xa que houbo varios plenos que non se celebraron no mes correspondente, así como a supresión de 2 plenos ordinarios no ano 2014 ¡¡¡

Punto 3.- Nombraronse como membros da Comisión Informativa de Contas polo grupo de goberno a Jose Manuel Rodriguez Feijóo (Presidente) e Carlos Pereira Iglesias, tendo de suplentes no caso de ausencia a Jose Manuel Rodriguez Blanco e Jose Manuel Vàzquez Pereira.
Polo grupo Socialista a Antonio González Fiuza coa suplencia de Rocío Moreiras Pavón.

Punto 4.- Nomearonse por unanimidade como representantes da corporación en òrganos colexiados os seguintes:

Na MANCOMUNIDADE SANTA ÀGUEDA a Manuel Seoane Rodriguez e Jose Manuel Rodriguez Blanco.

No CONSELLO ESCOLAR a Carlos Pereira Iglesias.

No CONSORCIO DOS PEARES a Manuel Seoane Rodriguez.

No CONSORCIO DE TURISMO DA RIBEIRA SACRA a Manuel Seoane Rodríguez.

En ADERCOU a Susana Fernández Pèrez

Punto 5.- Nomeamento da Xunta de Goberno Local, composta por ademáis do Alcalde, Jose Manuel Vazquez Pereira (1º Teniente de Alcalde), Jose Manuel Rodriguez Feijoo (2º Teniente de Alcalde) e Carlos Pereira Iglesias (3º Teniente de Alcalde).

Acordase tamén a celebración de 2 sesións mensuais.

Neste punto o voto do grupo socialista foi a abstención debido a que moitas das funcións do pleno, en canto a adxudicacións, aprobación de proxectos, pagamentos e demáis asuntos e decisións de interès que afectan ao Concello pasaronse por delegación a Xunta de Goberno Local, onde non existe presencia da oposición. (indicar que neste punto non deu lectura nin por parte do Alcalde nin do secretario de todas esas delegacións e atribucións que pasan do pleno a xunta de goberno).

Punto 6.- Neste punto acordaronse cos votos favorables dos concelleiros do goberno e o voto en contra da oposición as remuneracións que cobrarán o Sr. Alcalde e o Concelleiro de Urbanismo Jose Manuel Rodriguez Blanco, polas súas adicacións parciais que no caso do concelleiro se lle aumentan 500€ pasando a cobrar 11.000€ (adicación parcial do 25% da xornada laboral). O Alcalde pola súa parte segue en réxime de adicación parcial, agora cun 75% da xornada laboral con un cargo de 28.979€ anuais.

Lembramos que segundo a normativa vixente o LÌMITE MÁXIMO para percibir retribucións no noso concello en relación a súa poboación son 40.000€ anuais, polo que si sumamos as retribucións do Alcalde e do Concelleiro de Urbanismo se quedan tan só a uns poucos euros dese límite......ESTO SÍ QUE É AXUSTAR ¡¡¡

Punto 7.- As indemnizacións dos membros da corporación polas asistencias aos diferentes òrganos colexiados aprobadas por unanimidade son as seguintes:

Por asistencia a cada SESIÓN DO PLENO: 60€
Por asistencia a cada XUNTA DE GOBERNO LOCAL: 60€
Por asistencia a COMISIÓN DE CONTAS: 60€
Por asistencia o CONSELLO ESCOLAR: 60€

Tamén se aproba o nomeamento do tesoureiro Jose Manuel Vazquez Pereira que percibirá as dietas correspondentes polos seus desprazamento as oficinas municipais no seu cargo a razón de 0.19€ por kilómetro, que son as mesma que se establecen para calquer outro membro do goberno ou empregado municipal.

Punto 8.- Ponse en coñecemento que segundo os escritos remitidos polos Grupos Políticos o Portavoz do Grupo Municipal Socialista seguirá sendo Antonio González Fiuza.

POR PARTE DO GRUPO MUNICIPAL DO PP, LOGO DE MOITÍSIMOS ANOS, PARECE QUE COMENZA O TAN NECESARIO RELEVO XERACIONAL E SERÁ ESTA LEXISLATURA JOSE MANUEL RODRIGUEZ BLANCO ¡¡¡

Punto 9.- Dase coñecemento de liquidación do Orzamento 2014

Punto 10.- Aprobase por unanimidade a Conta Xeral Orzamento 2014

Punto 11.- Aprobase por unanimidade as modificación das ordenanzas Fiscais e de Funcionamento do Servizo de Axuda no Fogar, así como tamén a ordenanza fiscal do P.A.I. para adaptar as necesidades económicas, límites e porcentaxes a realidade e necesidades da poboación. Entrará en vigor esta modificación a partir do 1 de outubro de 2015.

Neste punto propuxemos o grupo de goberno aproveitar esta modificación para rebaixar as porcentaxes a aportar en tódolos tramos do IPREM para por exemplo, equiparalas co resto de concellos da Mancomunidade que teñen unhas taxas máis económicas, que como no caso do veciño Concello de Coles en algúns tramos está ata un 50% máis barato polo mesmo servizo.

Incomprensiblemente, a disculpa que manifestou o Alcalde para non levar a cabo esta modificación de rebaixa foi que no Concello da Peroxa a dispersión è maior que no de Coles e polo tanto o servizo está máis caro ¡¡¡¡ 
Ademáis tamén indicou que por exemplo os ingresos en outros impostos como o IBI en Coles recaudase por poboación ata 5 veces màis.
Este argumento non pode ser motivo para non aplicar unha rebaixa cando neste mesmo pleno nos anuncian que as arcas do Concello teñen unhas cantidades (recordamos, procedentes tamén dos impostos do bolsillos e economías da veciñanza), que superan o medio millón de euros ¡¡¡¡

VAI SENDO HORA DUNHA REBAIXA DE IMPOSTOS ¡¡


Punto 12.- Aprobouse por unanimidade a solicitude da subvención a Xunta de Galicia por importe de màis de 105.000€ para atender os Servizos Sociais Comunitarios do Concello.

Punto 13.- Intenso e longuísimo debate sobre este punto onde se tratou o "Convenio entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o Concello da Peroxa para a execución da actuación: ADAPTACIÓN DE BAIXO PARA AUDITORIO E AULA PARA A TERCEIRA IDADE".

Esto correspondese unha vez máis.....e van xa moitas da obra da praza do Concello, para dunha vez por todas por fin, rematar con esta necesaria infraestructura.

O que se trouxo a pleno foi plantexar a dificultade que existe para cumprir cos prazos para a finalización desta obra que levamos anos de reunións, subvencións, xuntanzas, acordos, convenios, etc, etc, e parece que non son quen dende o Concello de finalizar nunca.

Estamos a falar dunha subvención de máis de 409.000€, que no caso de non executarse, o equipo de goberno perdería esta millonaria subvención, coas graves consecuencias e responsabilidades que eso traería.

Neste punto o Secretario da lectura dun informe onde se exime de toda responsabilidade no caso de que esta obra non se adxudique conforme indica a Lei de Contratos do Sector Pùblico, podendo en caso contrario, darase "un fraude de lei".

O Alcalde expuxo a situación e os motivos polos que se traía a pleno este convenio (cando non era necesario, xa que ata o de agora, lembramos se decidiu sempre unilateralmente polos mandatarios nas Xuntas de Goberno Local), e indicou a dificultade nos trámites pendentes de licitación e execución en prazo, polo que solicitaba a colaboración de todos, especialmente do grupo da oposición.

Solicitando a colaboración do grupo da oposición (¿?).....cando ata o día de hoxe todavía non foi quen de ensinarnos o proxecto para saber qué se pretende facer nese edificio.

A NOSA COLABORACIÓN ESTÁ E ESTARÁ SEMPRE CO CONCELLO DA PEROXA POLO BEN E POLOS NOVOS SERVIZOS E INFRAESTRUCTURAS PARA OS NOSOS VECIÑOS E VECIÑAS. AINDA QUE LOGO EN OUTROS LUGARES E ÉPOCAS, COMO FOI NA RECENTE CAMPAÑA ELECTORAL SE NOS CULPE DE TÓDOLOS MALES QUE TEN ESTE CONCELLO (paralización de proxectos ¿?......denuncia de peche do velatorio ¿?....etc, etc).

MANIFESTAMOSLLE O NOSO APOIO O SR. ALCALDE PARA A REALIZACIÓN E FINALIZACIÓN DESTA OBRA DE INTERÈS PARA O CONCELLO,.....PERO TAMÉN LLE RECORDAMOS QUE A COLABORACIÓN XA A PRESTAMOS CON ANTERIORIDADE, NO MOMENTO QUE SE APROBARON OS ORZAMENTOS 2015 PARA O CONCELLO E ONDE APARECÍA UNHA ELEVADA PARTIDA ORZAMENTARIA PARA A REALIZACIÓN DESTA OBRA.....E COMO XA PUBLICAMOS NO SEU DÍA, A APROBACIÓN DESTES ORZAMENTOS NON FOI NUNHA SITUACIÓN LEGAL APROPIADA POLO QUE SE PODERÍAN PARALIZAR EN ÓRGANOS XUDICIAIS COAS CORRESPONDENTES RESPONSABILIDADES.....PERO QUE COMO XA DIXEMOS, EN BENEFICIO DE TODA A VECIÑANZA DO CONCELLO (QUE NON PODE PAGAR AS IRRESPONSABILIDADE DO GRUPO DE GOBERNO) DECIDIMOS QUE SEGUIRAN A SÚA TRAMITACIÓN.

POLO TANTO, AGARDAMOS QUE SE REALICEN CORRECTAMENTE OS TRÁMITES NECESARIOS POLOS RESPONSABLES MUNICIPAIS PARA QUE ESTE PROXECTO SE REALICE E A VECIÑANZA DO CONCELLO POIDA POR FIN, LOGO DE MAÍS DE 7 ANOS DE ESPERA VER REMATADA ESTA INFRAESTRUCTURA QUE DARÁ UN IMPULSO CULTURAL E SOCIAL DE VITAL IMPORTANCIA PARA O NOSO CONCELLO.

TAMÈN SE TRATOU PARA ESTA MESMA OBRA, A SITUACIÓN SIMILAR NA QUE SE ATOPA O REMATE DA PLANTA SUPERIOR, CON UNHA SUBVENCIÓN DE 160.000€ QUE, O IGUAL QUE A ANTERIOR, ESTÁ EN SERIO RISCO DE SER PERDIDA POR NEGLIXENCIA DO GRUPO DE GOBERNO.

Punto 14.- Neste apartado, segundo indicación do propio Secretario do Concello, dáse coñecemento do nomeamento dos seguintes concelleiros, coas responsabilidades seguintes:

Concelleiro de Servizo Social: JOSE MANUEL RODRÍGUEZ FEIJÓO

Concelleiro de Urbanismo: JOSE MANUEL RODRÍGUEZ BLANCO

Concelleira de Cultura: FERNANDA FERNÁNDEZ FIUZA

Concelleiro de Eventos e Xuventude: CARLOS PEREIRA IGLESIAS.

Neste punto non vamos a comentar os cargos que o Sr. Alcalde adxudicou a cada un, xa que é únicamente responsabilidade e potestade súa nomear como considere oportuno.

O QUE SÍ VAMOS A FACER E REFRESCAR AS MEMORIAS, E AMOSAR UNHA VEZ MÁIS A FALTA DE CRITERIO E DE COHERENCIA QUE O SR. ALCALDE DEMOSTRA NESTE E NOUTROS ASUNTOS.

Lembramos a tod@s que no pasado Pleno Ordinario do 29 de xaneiro de 2013 preguntábamos por este asunto, xa que como è de todos coñecido, en tódolos concellos existen unha repartición de áreas e responsabilidades que cada concelleiro electo debe asumir.

Pois ben, eso non parecía existir no da Peroxa, xa que no citado pleno facíamos a pregunta (3), para coñecer eses cargos:


Esta pregunta foi feita ao ter coñecemento únicamente pola prensa (xa que no pleno de constitución da corporación, tal e como sí fixo nesta ocasión, non coñecíamos as responsabilidades e cargos de cada un dos concelleiros do grupo de goberno), de que existía unha persoa que estaba encargada dos asuntos de Cultura no noso Concello, tal é como se recollía neste artigo publicado na prensa....



A resposta que o Sr. Alcalde nos deu a esta pregunta foi a que vos amosamos a continuación sacada da acta do citado pleno....



CURIOSA E SORPRENDENTE RESPOSTA ¡¡¡

MANIFESTA QUE OS SEUS CONCELLEIROS "REALIZAN AS SÚAS FUNCIÓNS DE MANEIRA TOTALMENTE DESINTERESADA E ALTRUÍSTA" ¡¡¡

O CONCEPTO DESINTERESADA NON O VAMOS A VALORAR.....QUEDA PARA A VOSA OPINIÓN ¡¡

O DE ALTRUÍSTA È COMPLETAMENTE MENTIRA ¡¡¡ XA QUE SON COMPROBABLES OS COBROS POR EXEMPLO DO CONCELLEIRO DE URBANISMO (11.000€ ANUAIS").

TAMÉN CHAMA MOITO A ATENCIÓN QUE INDIQUE QUE "NON HAI CONCELLEIRO/A DE CULTURA"......algúén minte entonces ¡¡¡ ou vostede.....ou a prensa.....ou a propia concelleira que así se presentaba en varios actos públicos ¡¡

POLA CONTRA, NESTA LEXISLATURA PARECE QUE SÍ TIVO, POLO TANTO NOMEAMENTOS OFICIAIS.


ESTO È O QUE ACONTECE E SE ACORDA NO TEU CONCELLO¡¡¡


SEGUIMOS E SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN PARA QUE COÑEZAS TODO O QUE OUTROS PRETENDEN OCULTAR ¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario