Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 26 de junio de 2015

Actividades no Concello na fin de semana do 27 e 28 de xuño de 2015

Fin de semana de escasas alternativas de deporte ou de ocio que afecten ao noso Concello.

Destacamos un evento histórico, que dende fai poucos anos se volveu a recuperar dentro do programa das Festas de Ourense, como é o Descenso do Miño en piragua, con saída de novo dendo Os Peares este sábado pola tarde as 17:00

Esta é a noticia na prensa;

http://www.farodevigo.es/deportes/ourense/2015/06/26/descenso-do-mino-reune-40/1267032.html


E este o cartel que anuncia o evento:



Continuando coa actividade deportiva indicar as probas que marca o calendario para esta fin de semana no mundo do atletismo, coa participación ben seguro dalgún dos membros do PEROXA RUNNING:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar


Non podemos deixar pasar a ocasión de felicitar o atleta do noso Concello Javier Rodriguez polo espectacular resultado a pasada fin de semana na proba de montaña do Cañón do Sil, con un meritorio segundo posto na súa categoría....NORABOA¡¡¡



Na axenda cultural e festiva, teremos que buscar alternativas noutros lugares para disfrutar das festas populares que se celebran moi cerca.


APOIA, PARTICIPA E DISFRUTA DOS NOSOS EVENTOS ¡¡¡

SEGUIMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario