Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 28 de noviembre de 2014

Axenda deportiva no concello na fin de semana do 29 e 30 de novembro de 2014...e outros asuntos.

No que respecta as competicións deportivas, os nosos equipos representativos do Concello terán os seguintes compromisos nas súas respectivas competicións:

ATL. ARNOIA - A PEROXA C.F.: Domingo 30 as 16:15 no campo de Arnoia.

ATL. PEROXA - C.D. TRIVES: Domingo 30 as 16:00 no campo do Marco.
 
OS CHAOS C.F. - A PEROXA C.F. "B": Domingo 30 as 16:15 no campo de Amoeiro.

A PEROXA C.F. INFANTIL - E.D. CONCELLO BARBADÁS "B": Sàbado 29 as 10:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - ARRABALDO S.D."B": Sàbado 29 as 12:00 no campo do Marco.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - VELLE: Sàbado 29 as 16:00 no campo do Marco.



Os compoñente do equipo de atletismo do PEROXA RUNNING participarán en algunha das probas que marca o calendario para este fin de semana, que podes consultar no enlace seguinte:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar

No referente as noticias que xeneran os compoñentes deste equipo temos que felicitar a unha das compoñentes polo seu premio a constancia e esforzo na pasada edición da San Martiño, como foi a veciña Laura que recibiu premios en diferentes patrocinadores da proba.

No seguinte enlace, a noticia desta entrega de premios e unha pequena entrevista, na que manifesta públicamente a necesidade que teñen estes veciños e veciñas que levan o nome do noso Concello da Peroxa por toda a xeografía galega para obter unha equipación digna e acorde os seus retos.

Dende este lugar volvemos a reiterar a petición que xa fixemos no seu día os responsables municipais sobre esta necesidade, así como lembrarlle o Sr. Alcalde que o ano 2014 está a tocar o seu fin e segue sen cumprir o seu compromiso de organizar un evento deportivo en calquer modalidade atlética como anuciara no seu día a petición dos nosos concelleiros socialistas, como ferramenta de fomento do deporte e como escaparate das nosas paisaxes e dos nosos productos.

http://www.galiciadeportiva.es/laura-de-matos-mera-la-eterna-sonrisa-de-superar-un-reto


Tampouco queríamos deixar pasar a ocasión para felicitar e presumir de grandes e xóvenes campeóns con orixes no Concello da Peroxa.

Comenzamos polo deporte da Halterofilía onde o noso veciño MANUEL GONZÁLEZ ven de acadar 6 medallas nos Campeonatos de España en dúas categorías.

Foi noticia na prensa local, con un amplo reportaxe que podedes ver na seguinte imaxe:

 NORABOA CAMPEÓN ¡¡¡

Tamén queremos facer unha mención a outro dos deportes chamados minoritarios como é o Kung Fu, onde tamén unha xoven participante do noso Concello como é ZAIDA FERRADAS IGLESIAS está a acadar grandes éxitos a tódolos niveis competitivos. Neste caso conseguindo o seu terceiro tìtulo de Copa Deputación.


NORABOA CAMPEONA ¡¡¡

AGARDEMOS TER QUE SEGUIR INFORMANDO DE NOVAS COMO AS ANTERIORES ONDE A XUVENTUDE ESTÁ A ACADAR GRANDES ÉXITOS DEPORTIVOS. (O mesmo tempo tamén solicitamos a posible colaboración para que nos informen dos eventos e competicións onde participan estas xóvenes promesas para poder difundir e seguir os seus logros)

Finalmente, e unha semana máis temos que anunciar tamén que no apartado cultural, e novamente a iniciativa do BAR1984 hoxe venres haberá un espectáculo que non deberías de perder:



APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE.....DOS ÉXITOS DOS NOSOS DEPORTISTAS E NON FALTES OS EVENTOS LÚDICOS-CULTURAIS ORGANIZADOS POLOS EMPRENDEDORES DO NOSO CONCELLO QUE LLE DAN VIDA O NOSO POBO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario