Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 13 de noviembre de 2014

Situación de agravio subsanada...¡¡¡¡

Por fin parece que chegou a coherencia, e se subsanou por petición veciñal unha anomalía que deixaba nunha situación de agravio e de incomodidade os veciños e veciñas dos pobos do Souto e de toda a zona da parroquia de Vilarrubin que fan uso da estrada que comunica a "Carretera nova" con esa parte da parroquia a través do cruce cara o pobo do Souto.

A anomalía producíase a raíz do novo pintado da estrada OU-0502 dende a Ponte da Barra ata A Peroxa, que deixaba os vehículos que procedían pola estrada que viña dende o Souto sen posibilidade de facer a incorporación a esta citada vía en dirección A Peroxa, e os obrigaba a desprazarse no mellor dos casos o cruce da Ponte da Barra para facer o cambio de sentido, no caso de vehículos pequenos e mesmo a rotonda de Mira si se trataba de camións.

As imaxes novas que nos deixa o pintado desta estrada dende a Ponte da Barra ata A Peroxa, parece que son froito de que sobraba a pintura e agora temos unha "sobredose" de liña contínua xa que se suprimiron dúas zonas onde antes se permitían os adiantamentos como era o pasar a Ponte da Barra e a recta de acceso a rotonda de Lamagrande, agora prohibidos e provocando importantes retencións e desfiles de vehículos si nos toca circular detrás dalgún vehículo pesado ou excesivamente lento.

As imaxes que amparan a nosa versión, (motivo de crítica e incomprensión por parte dos usuarios habituais), da nova situación son as seguintes:


ZONA DE PROHIBICIÓN DE ADIANTAMENTO NAS DÚAS DIRECCIÓNS O PASAR A PONTE DA BARRA


ZONA DE PROHIBICIÓN EN ÀMBALDAS DÙAS DIRECCIÓNS NA ZONA DE ACCESO A ROTONDA DE LAMAGRANDE.


A ÙNICA ZONA NA QUE SE PERMITE O ADIANTAMENTO E A ALTURA DO POBO DE VILAR E ABERTESGA, COMO AMOSAMOS NA IMAXEN SEGUINTE...



TAL E COMO COMENZAMOS ESTE ARTIGO INDICAMOS QUE NO DÍA DE ONTE SE PROCEDEU A REPINTAR A LIÑA DISCONTÍNUA QUE AGORA SÍ PERMITE A INCORPORACIÓN A ESTA VÍA EN DIRECCIÓN A PEROXA NO CRUCE DO SOUTO, ASÍ COMO TAMÉN SE RETIROU A SINAL QUE OBRIGABA A CIRCULACIÓN EN DIRECCIÓN A OURENSE, TAL COMO AMOSA A RECENTE FOTO.....


POLO TANTO, UNHA VEZ MÀIS FELICITAMOS A VECIÑANZA AFECTADA POR ESTE LOGRO E POLA ATENCIÓN E MELLORAS REALIZADAS SOBRE AS SÚAS DEMANDAS.


A situación que se denunciou e pola cal se solicitaba unha solución era a que describimos a continuación, orixe de queixas e críticas.

Nun primeiro momento a situación era a das imaxes seguintes, prohibindo a través dunha liña contínua a incorporación en dirección A Peroxa, e con unha sinal que obrigaba a circular dirección Ourense:



Para facer a incorporación en dirección o pobo do Souto neste punto, "agora" novamente hai que facer o cambio de sentido correctamente......REITERAMOS O DE AGORA, XA QUE COMO TODOS SODES COÑECEDORES, ESTA POSIBILIDADE QUEDOU DURANTE MOITOS MESES SUPRIMIDA POLA BRILLANTE IDEA DE ALGUN MANDATARIO QUE PERMITIU QUE A EMPRESA DESCARGARA E USASE COMO ALMACÉN DE GRAVA ESTE LUGAR, IMPEDINDO E PONDO EN PERIGO OS USUARIOS DESTE CRUCE XA QUE POUCAS ALTERNATIVAS LLE QUEDABAN SALVO A DE SALTARSE A LIÑA CONTINUA PARA ACCEDER A ESTRADA DO SOUTO.

Agora as imaxes que nosa atopamos neste punto para realizar o cambio de sentido son as seguintes....recuperando por fin tamén a sinalización vertical do STOP, "ausente" durante anos ¡¡¡


Volvendo o tema principal da prohibición que estivo durante semanas de acceder a esta vía en dirección A Peroxa, indicar que había situacións que eran incongruentes totalmente.....xa que mentras se prohibía mediante a sinalización tanto vertical como horizontal este xiro en dirección A Peroxa, uns metros antes do citado cruce podíamos atopar esta sinal que nos informaba de que HABÍA UNHA INCORPORACIÓN DE VEHÍCULOS POLA ESQUERDA, situación que non era real ¡¡¡


COMO XA INDICAMOS, ESTA INCÓMODA E PERXUDICIAL SITUACIÓN DESTE CRUCE, A PARTE DE SER INCONGRUENTE, TAMÉN ERA UN AGRAVIO COMPARATIVO XA QUE METROS MÁIS ARRIBA NESTA MESMA VÍA, SÍ O CONCEPTO INICIAL ERA A POSIBLE PERIGOSIDADE POR FALTA DE VISIBILIDADE, ATOPAMOS O CRUCE DE ACCESO OS POBOS DE VILAR E ABERTESGA QUE CONSIDERAMOS DE MÀIS PERIGOSIDADE, XA QUE AQUÍ SI SE PERMITÍA TANTO O ACCESO E SAÍDA DENDE ESTA VÍA CON UNHA VISIBILIDADE NOTABLEMENTE MENOR COMO INDICAMOS NAS IMAXES SEGUINTES:




A VISIBILIDADE NO CRUCE DO SOUTO EN DIRECCIÓN OURENSE PÓDESE VER NA SEGUINTE IMAXE QUE É SUFICIENTE.....


E EN DIRECCIÓN A PEROXA, TAMÉN É O SUFICIENTEMENTE AMPLA COMO PARA PERMITIR O SEU ACCESO NESA DIRECCIÓN...


FINALIZAMOS, POLO TANTO, REITERANDO UNHA VEZ MÁIS ESTA RECTIFICACIÓN A UNHA SITUACIÓN QUE NON ERA ENTENDIBLE NIN COMPRENSIBLE, E NOVAMENTE FELICITANDO OS USUARIOS POR ESTA NOVA E COHERENTE SITUACIÓN.


SEGUIREMOS INFORMANDO DE TODO O QUE SUCEDE NO TEU CONCELLO E TRABALLANDO POLA MELLORA DOS NOSOS SERVIZOS E POLA SOLUCIÓN DOS PROBLEMAS DA VECIÑANZA ¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario