Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 19 de noviembre de 2014

Obxetivo cumprido...¡¡¡

Unha nova actuación realizada logo da insistencia, tanto oral, como por escrito dunha petición de arranxo de anomalías na estrada entre Alende e Casdeguístola por parte dos nosos concelleiros socialistas que se consigue.

O Sr. Alcalde nunha nova mostra de falta de respeto pola nosa labor e do noso traballo de oposición, referiuse as nosas peticións de mellora dos servizos do concello a través dos Rogos presentados en cada pleno como....."peticións para vender a moto".

NOS FACEMOS PETICIÓNS QUE A VECIÑANZA NOS DEMANDA E TAMÉN DAS QUE VEMOS NAS HABITUAIS VISITAS OS POBOS E PARROQUIAS DO CONCELLO.....

O ÚNICO QUE LEVA VENDENDO A MOTO DURANTE MOITOS ANOS É EL MESMO, INCAPAZ DE CUMPRIR COAS SÙAS OBRIGAS DE FACER AS MELLORAS NECESARIAS E SOLICITADAS POLA VECIÑANZA, QUE LEMBREMOS UNHA VEZ MÁIS SON FEITAS COS CARTOS DOS IMPOSTOS DE TODOS.....AINDA QUE PARECE QUE PRETENDE VENDELO COMO FAVORES PERSONAIS E CON FINS ELECTORAIS ¡¡¡¡

No caso que nos ocupa neste artigo, as nosas insistentes peticións sobre esta actuación urxente nesta estrada foron moitas......que como sempre demostramos con documentos:

No pleno do 1 de Agosto de 2013 presentamos esta petición a través dos Rogos seguintes, nos cales no punto 6 aparece xa esta petición por primeira vez:



A LAMENTABLE RESPOSTA QUE NAQUEL PLENO NOS DEU O SR. ALCALDE, SEGÚN SE RECOLLE NA ACTA, INDICOU QUE...."ALGÚNS DOS ROGOS ESTÁN EN VÍAS DE SOLUCIÓN, OUTROS CONSIDERA QUE NON SON PRIORITARIOS, E RECALCA QUE QUEN GOBERNA NO CONCELLO DA PEROXA E ÈL E OS SEUS CONCELLEIROS" ¡¡¡

A situación da cal solicitábamos melloras estaba no estado que unha vez máis publicamos en imaxes:




No pasado pleno do 23 de xuño de 2014, reiteramos a nosa petición, xa que a situación cada día empeora gravemente, a través da petición do punto 6:


As imaxes deste empeoramente son claramente visibles e nas que coincidiredes connosco en que eran unha necesidade URXENTE:



A resposta que o Sr. Alcalde nos deu neste pleno sobre este asunto foi que "hai unha cantidade orzamentada para o arranxo desa estrada".

O noso portavoz indicalle que a mellora ten que sen total en todo o seu percorrido, non un bacheado provisional e escaso como se acostuma a facer.

COMO XA AMOSAMOS E DEMOSTRAMOS NOS DOCUMENTOS ANTERIORES LOGO DE VARIAS PETICIÓNS TANTO VECIÑAIS COMO POR PARTE DOS NOSOS CONCELLEIROS ESTA SITUACIÓN PENOSA FOI POR FIN ARRANXADA DEIXANDONOS AS SEGUINTES IMAXES:





A situación mellorou considerablemente, pero tamén temos que indicar que ben se poderían ter limpiado previamente as cunetas como se fixo en varias estradas do concello, para evitar que as intensas choivas dos invernos non circulen polo asfaltado deteriorandoo de novo, xa que existiu por parte do Sr. Alcalde un compromiso de que se iba a facer un plan de actuación de limpeza das cunetas en todas as estradas do noso concello, tanto municipais como provincias, cuestiòn que todavía està se rematar.


POR MOITO QUE O SR. ALCALDE LLE PAREZCA QUE FACEMOS AS NOSAS PETICIÓNS E O NOSO TRABALLO COMO OPOSICIÓN PARA A MELLORA DOS NOSOS SERVIZOS COMO UNHAS ACTUACIÓNS "PARA VENDER A MOTO", REITERAMOS QUE È A NOSA LABOR E O NOSO COMPROMISO COA VECIÑANZA, AINDA QUE CADA DÍA PARECE MOLESTARLLE MÁIS QUE NOS PREOCUPEMOS POLO QUE ÉL LEVA ANOS SEN PREOCUPARSE, TAN SÓ COMO É HABITUAL ACTUANDO E APARECENDO POLOS POBOS NAS ÉPOCAS PRE-ELECTORAIS ¡¡¡

SEGUIREMOS TRABALLANDO E INFORMANDO DE TODO O QUE ACONTECE O TEU CARÓN.....O ANALISE E AS POSTERIORES CONCLUSIÓNS.......SON TÚAS ¡¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario