Unha ferramente vital de información para que chegue a tódolos fogares do Concello da Peroxa, de acceso a toda a veciñanza do concello para que coñeza a nosa versión da situación, os asuntos e propostas que se tratan e aproban nos plenos e outros asuntos de importancia para coñecer mellor a nosa labor e a dos mandatarios actuais, agochados sempre baixo a escuridade informativa.
Este Boletín é un complemento a toda a información que proporcionamos polas canles habituais que son a través deste blog, nas redes sociais e por suposto, presencialmente falando con cada veciño e veciña do Concello para que coñeza todo o que acontece o seu redor......para que analice e saque as súas propias conclusións ¡¡¡¡ que vexa e comprobe as cousas por sí mesmo e que decida e opine libremente cos datos na man e non por mandato de ninguén ¡¡¡¡
O citado Boletín foi xa repartido polos nosos concelleiros socialistas, e coa colaboración de todos os membros da Agrupación Municipal Socialista da Peroxa en cada fogar do noso Concello.
Si alguén por calquer motivo, non o recibiu e esté interesado en dispoñer del pode, coma sempre poñerse en contacto connosco e seralle facilitado.
Asimesmo, como xa fixemos outros anos e para obter o acceso electrónico o Boletín podedes consultalo a continuación:
As pàxinas aparecen en dúas columnas, sendo a primeira imaxe a páxina 1, a carón a súa dereita a páxina 2, a pàxina 3 debaixo da 1 e así continuamente ata completar as 8 páxinas de que consta.
https://docs.google.com/document/d/1ITgUugbPrkpj9lgPS_ME_fja2d2hNsfrt6GmGuAnxZc/pub
AGARDAMOS QUE SEXA DO VOSO AGRADO.....E LEMBRADE QUE A INFORMACIÓN É UN DEREITO QUE TOD@S TEMOS.
SEGUIMOS A CUMPRIR POLO TANTO, DE NOVO, CO NOSO COMETIDO E CO NOSO COMPROMISO COA VECIÑANZA DO CONCELLO DE INFORMAR PUNTUALMENTE DE TODO O QUE SUCEDE O SEU CARÓN E POÑEMOS NA SÚA MAN ESTA FERRAMENTA ÚTIL PARA ANALIZAR, REFLEXIONAR E OBRAR EN CONSECUENCIA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario