Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 13 de noviembre de 2014

Actividade deportiva..e outras, no concello na fin de semana do 15 e 16 de novembro de 2014

Os nosos equipos representativos terán os seguintes compromisos nas súas respectivas competicións deportivas:

A PEROXA C.F. - C.D. COLES: Domingo 16 as 16:15 no campo do Marco.

ATL. VELLE - ATL. PEROXA: Sàbado 15 as 16:00 no campo do Colexio Miraflores en Monterrey. 

E.D. CONCELLO DE VERIN "B" - A PEROXA C.F. INFANTIL: Sàbado 15 as 16:15 no campo da Granxa en Verín.

C.P. CALASANCIO "B" - A PEROXA C.F. BENXAMIN: Sàbado 15 as 10:30 no campo do Colexio dos Escolapios en Monforte.

PABELLÓN PROMESAS. - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN: Sàbado 15 as 10:00 no campo dos Remedios.

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - CAFÈ J E XXIII: Sàbado 15 as 18:00 no campo do Marco.

GESTAMP FS - OS PEARES FS: Sàbado 15 as 20:30 no pabellón de Carballiño (Anexo).


Os compoñentes do equipo de Atletismo PEROXA RUNNING, na súa mairía este fin de semana participarán na carreira por excelencia da nosa provincia para os miles de seguidores deste deporte.....A POPULAR DO SAN MARTIÑO 2014.

O enlace a información desta carreira aquí:

http://www.deportesourense.com/novas/xxxviii-carreira-pedestre-san-martino-2014/ 

No enlace seguinte o calendario para este fin de semana:

http://www.correrengalicia.org/index.php?name=CPGNuCalendar



Anunciamos tamén outro tipo de actos e actividades:

O Concello da Peroxa tamén participa e colabora na organización dunha excursión pola Ribeira Sacra que anuncia do seguinte xeito....





Magostos en distintos locais de hostelería do pobo da Peroxa, como serán hoxe Venres dìa 14 a partir das 21:00 no Bar Ivari.



Tamén, unha vez máis o sábado dia 15 o Bar 1984 celebra o seu 1º aniversario con actos diversos toda a tarde e noite que se anuncian no cartel seguinte:


Finalmente, e tamén no veciño Concello de Coles temos que anunciar a súa intensa actividade para os vindeiros fins de semana no seu Auditorio de Cambeo, xa que son moitos os veciños e veciñas do noso Concello que se desprazan os eventos alí organizados, ante a nula actividade cultural que o noso concello lle ofrece a súa veciñanza:



APOIA E DISFRUTA DO NOSO DEPORTE E DAS NOSAS ACTIVIDADES......E COÑECE AS QUE ESTÁN PRETO DE NÓS ¡¡¡






No hay comentarios:

Publicar un comentario