Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 1 de diciembre de 2014

Resumo do Pleno Ordinario do 3 de novembro de 2014



Seguindo fieis os nosos compromisos de información, damos conta a veciñanza dos asuntos tratados na celebración deste pleno, para que coñeza por fin, logo de anos de total escuridade e falta de transparencia, de todo o que acontece no seu concello, e de como se tratan e debaten as súas propostas e as súas preocupacións e necesidades.



O pasado luns día 3 de novembro celebramos por fin o Pleno Ordinario do Concello que correspondía o mes de setembro, motivo polo cal, unha vez máis o Sr. Alcalde facendo caso omiso as normas e leis que regulan estas periodicidades para a súa celebración coloca nas datas que él considera.



Por este motivo, e tendo en conta que o derradeiro pleno celebrado fora a finais de xullo, non podemos admitir que o noso concello permaneza case catro meses sen celebrar os plenos, lugar de debate, acordos e sobre todo peticións e preguntas de control os òrganos de goberno municipais, que parece que alargan intencionadamente estas celebracións dos Plenos (que reiteramos estàn prefixados por lei) para non dar explicacións nin respostas a veciñanza do concello a través das nosas propostas, rogos e preguntas, xa que somos os únicos que, como sucedeu neste pleno levamos temas e asuntos para tratar e que aparentemente pretendían que fose un simple trámite diu moito de sí, pero sempre en cuestións plantexadas polo noso grupo municipal, situación que se fose polos concelleiros do PP, sería un pleno de hola....y adiós ¡¡¡



A convocatoria e os asuntos da orde do día eran os seguintes:



No punto 1 (ACTA ANTERIOR): aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior, unha vez preguntado o Sr. Alcalde a que mes correspondía este pleno que hoxe íamos a celebrar, si era o pendente de setembro ou xa o correspondente a novembro. Confirmanos que é o de setembro.



No punto 2 (ESCRITOS E COMUNICACIÓNS): o Sr. Alcalde tivo a osadía de traer a este pleno o polémico asunto debatido lamentablemente nas redes sociais do Concello da Peroxa, onde afirmamos e demostramos coa publicación a acta da asamblea do Congreso Local do PP do Concello da Peroxa, onde se nomeaba un novo Presidente Local.



Pregúntounos de onde obtiveramos ese documento, xa que indicaba que ese Congreso Local nunca se celebrara, a pesar de que o documento asinado e fechado indica claramente o contrario (ou é que falsificaron a acta coas datas e as firmas??).



Nos indicamoslle a súa procedencia e tamén lle informamos a petición súa, que esa noticia foi publicada prensa local días despois da súa celebración, o pasado 14 de xuño. 

Como todos os que leemos e nos informamos na prensa a diario sí estabamos o corrente da celebración dese congreso polos seus moitos anuncios previos na prensa local, tal como podedes comprobar nos enlaces seguintes:









Na seguinte páxina tamén se publica información e documentación sobre a celebración dos congresos locais...




Tamén as redes sociais deron conta deste acto:




Lamentamos que así como se usou o Pleno para asuntos totalmente partidistas, lugar pouco apropiado para este tipo de asuntos, xa que realmente non tratan dos problemas e necesidades que os veciños e veciñas do concello sufren e teñen, non se tivera en conta e se trouxera a este pleno tamén, en igualdade de condicións, o noso escrito presentado diante do Sr. Alcalde sobre a situación lamentable e irregular que se está a producir cos nosos concelleiros en canto os seus dereitos de acceso e control dos expedientes que se tramitan nas oficinas municipais, que lembramos unha vez máis é unha das nosas funcións como grupo da oposición, que cada día parece molestarlle máis o Sr. Alcalde e os seus concelleiros, acostumados a facer e desfacer o seu antoxo.....



O referido escrito é o seguinte:




No punto 3 (DECRETOS DA ALCALDÍA): analizamos os acordos tomados por esta vía dos Decretos.

No punto 4 (ROGOS E PREGUNTAS): no apartado de Rogos presentamos os seguintes:


UNHA VEZ MÁIS O SR. ALCALDE PARECE MOLESTARLLE QUE FAGAMOS O NOSO TRABALLO DE DAR TRASLADO O PLENO AS PETICIÓNS E NECESIDADES DE MELLORA QUE O CONCELLO PRECISA E QUE SON APORTADAS TANTO POLOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO, QUE CADA VEZ MÀIS ACUDEN A NÓS PARA ESTAS PETICIÓNS E TAMÉN AS VISTAS POLOS NOSOS CONCELLEIROS SOCIALISTAS, ASÍ COMO OS NOSOS COLABORADORES E MEMBROS DAS NOSAS LISTAS ELECTORAIS REPRESENTATIVOS DE CADA POBO E CADA PARROQUIA.

NOVAMENTE TIVEMOS QUE ESCOITAR A MESMA RESPOSTA...."nos sabemos moi ben as necesidades que ten o Concello"¡¡¡¡

NON DUDAMOS DE QUE ASÍ SEXA, O QUE SÍ ESTÁ DEMOSTRADO É QUE A PESAR DE SABER DELAS NON ACTÙAN NIN FAN MOITO POR MELLORALAS, SEGUEN COAS POLÍTICAS DO SÉCULO PASADO DE DARLLE UN LAVADO DE CARA AS NOSAS DETERIORADAS ESTRADAS, CASUALMENTE SEMPRE EN ÈPOCA PRE-ELECTORAL PARA XUSTIFICAR QUE PASARON POR ALÍ. PERO MOITO NOS TEMEMOS QUE A VECIÑANZA XA ESTÁ FARTA DESTE TIPO DE POLÍTICAS DE "FACER QUE SE FAI"....E COMO XA AMOSAMOS CON IMAXES NESTE BLOG E TAMÉN NAS REDES SOCIAIS.....MOITAS VECES AS ACTUACIÓNS QUE SE FAN SON PARA EMPEORAR OS SERVIZOS EXISTENTES......NON HAI MÁIS QUE VER O ESTADO NO QUE QUEDARON MOITAS DAS NOSAS ESTRADAS LOGO DE GASTAR MILES DE EUROS DOS PETOS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO........BASTA XA DE ENGANOS ¡¡¡

Engadiu o Sr. Alcalde a súa xa coñecida resposta que...."moitos dos rogos xa están realizados, outros en proxecto e outros en lista de espera".

AHÍ ESTÁ A  NOSA LABOR DE RECORDARLLE E LEMBRARLLE AS NECESIDADES DE CADA POBO E DE CADA PARROQUIA.

ESTAMOS DE ACORDO TAMÉN, E COMO SEMPRE FACEMOS, FELICITAMOS PÚBLICAMENTE A VECIÑANZA QUE VE MELLORADOS OS SEUS SERVIZOS, PERO EN VARIOS CASOS DOS CALES FIXEMOS NOSA PETICIÓN DE MELLORA XA FAI MÀIS DE DOUS MESES FORON ATENDIDOS A RAÍZ DE FACER ESTAS SOLICITUDES POR ESCRITO LOGO DE NON TELAS ATENDIDAS A PESAR DAS PETICIÓNS DA VECIÑANZA.....ENTRE ESTES CASOS PODEMOS CITAR A FUGA DE AUGA DA PEDREIRA....O ASFALTADO DA ESTRADA DE VISPIN A VILLERMA....ETC. ETC.....MOTIVO POLO CAL REITERAMOS O NOSO ORGULLO POR SER ÚTILES A VECIÑANZA DO NOSO CONCELLO.

Neste punto fixemos unha pregunta aclarativa sobre o rogo nº 6, sobre a petición de ampliación do camiño que une os pobos de Costa da Cabra e Cidadella, e o Sr. Alcalde confirmounos "que están traballando neste tema para realizar esta actuación".

Facemos un repaso as nosas peticións, como sempre argumentadas e demostradas con imaxes:

ROGO 1: Asì estàn os accesos a este pobo, impropios para este século....



ROGO 2: Despois dunha inversión de mellora nesta estrada non deberían quedar elementos de perigo como o que se amosa na imaxen...


ROGO 3: Esta situación è moi habitual en varios dos nosos pobos, onde as canles de paso de auga atravesan con total descaro o asfalto das estradas dificultando o paso de vehículos, cando o normal sería que circulase entubado ou tapado baixo unha reixa....


ROGO 4: A imaxen non necesita xa máis comntarios.....fala por sí soa ¡¡


ROGO 5: A situación está neste estado....


ROGO 6: Esta demanda de ampliación desta pista é unha petición xa feita durante moitos anos polos veciños e veciñas da zona para evitar dar un longo rodeo. Agardemos que pronto sexa unha realidade esta actuación que a día de hoxe presenta este aspecto....


Na seguinte imaxe amosamos visión via satèlite do que sería o seu trazado para unir estes dous pobos...



ROGO 7: Situación perigosa tanto para vehículos como para peóns que precisa unha actuación de mellora urxente....


ROGO 8: Fixeronse recentemente neste mesmo lugar actuacións que ven poderían ser contempladas coa colocación dunha varanda que evite unha posible caída perigosa neste punto...


ROGO 9: Despois de varias petición o propio Concello e a propia empresa suministradora do Servizo de Augas, e sen ser atendida durante meses, por fin parece que a situación que denunciamos a través da seguinte imaxe foi subsanada...


Debido, como xa dixemos o retraso da celebración deste pleno, presentamos un novo Rogo sobre unha preocupante situación en moitas das pistas do noso concello, aproveitando a publicación dunha liña de axudas que nos podería beneficiar.

O rogo presentado foi o seguinte....


A resposta do Sr. Alcalde foi "que se está a facer un proxecto, e en algunhas das nosas peticións seguramente coincidan e outras xa están arranxadas".

Os exemplos que motivan as nosas peticións están argumentados coas seguintes imaxes da penosa situación na que están ou quedan as nosas pistas e camiños:

PISTA ENTRE ANSARIZ E REGOLEVADO

 PISTA NO CONCHOUSO


 PISTA NO CONCHOUSO

 PISTA NO CONCHOUSO
(Estas imaxes da pista do Conchouso igual lle deberían resultar coñecidas o Sr. Alcalde)
 
O PASO HABITUAL DOS PRACTICANTES DA MOTO TAMÉN DEIXA SITUACIÓNS COMO A ANTERIOR

UNHA DEMANDA XA FEITA FAI MOITOS MESES POLOS NOSOS CONCELLEIROS SEN QUE FORA ATA O DE AGORA ATENDIDA È A MELLORA DO CAMIÑO ENTRE RABACIDO E AS PARAXAS, POR DETRÁS DO CAMPO DE FÚTBOL, QUE ESTÁ NESTE PENOSO ESTADO E AGORA MESMO ESTÁ A SER USADO ADEMÀIS DE POR MOITOS VECIÑOS PARA ACCESO A FINCAS TAMÉN PARA O ACCESO O NOVO GRADERÍO DO CAMPO DE FÚTBOL.

No apartado de Preguntas sobre cuestións municipais presentamos as seguintes, tamén en dúas datas distintas pola demora na celebración do pleno. Estas foron as primeiras:



En resposta a PREGUNTA 1, o Alcalde respostou sobre uns domicilios particulares que se lle facilitou a cobertura vía satèlite, non tendo esto nada que ver co preguntado. O portavoz socialista indicoulle que se refería a unha factura existente elevada sobre a instalación dunha antena receptora vía satélite no Local Social da Orden que ven se podería ter solicitado a través das subvencións que convocou a Xunta de Galicia para este fin e que está todavía en vigor segundo se lle amosa o Sr. Alcalde a convocatoria seguinte:


O Sr. Alcalde indica "que non sabe de que lle está a falar neste momento e que o mirará para o pleno seguinte".

En resposta a PREGUNTA 2, o Alcalde resposta "que hai 3 persoas anotadas nesa bolsa e que son 3 persoas do Concello".

Pregunta o noso portavoz socialista onde e cando foron publicadas e feitas esas novas bases e esas novas listas, se foron publicitadas por todo o concello a través de Bandos ou se anunciaran na web ou nas redes sociais do concello....¿?.....a resposta foi...."non lembro".

Tamén engadiu o portavoz socialista que non entendía como era posible que tralo cese ou finalización de contrato das persoas que estaban na axuda no fogar, se contrataran unhas novas traballadoras e ningunha delas fose do Concello da Peroxa, senón de concellos limítrofes, preguntandolle si non había xente suficiente no paro na Peroxa que poideran ter esa oportunidade de traballar o cal o Sr. Alcalde respostou que con eses requisitos e titulación requerida non ¡¡¡

Matizamoslle que segundo a normativa vixente non se require a formación nin os cursos que indicou para desenrolar esa labor, tan só poden contar como mérito pero nunca como requisito, a pesar de esto, èl negou que fose así....unha vez máis descoñecendo as leis e normativas ao respecto, que seguramente nin nunca leeu nin saberá donde atopalas ¡¡¡

Indicar que os máis perxudicados son os propios usuarios deste servizo xa que as condicións nas que tiveron que empezar as novas traballadoras non son propias das necesidades e exixencias destes usuarios, incluso moitas delas descoñecendo por completo os pobos e estradas do concello para chegar a realizar a súa correcta labor.....LAMENTABLE ¡¡¡

En resposta a PREGUNTA 3, o Alcalde resposta que "a obra chamase igual, que non se lle puido cambiar o título o proxecto pero que non Plan Marco tan só se fixo Vilasusà e parte de camiño restante en San Cristobo"

O portavoz socialista manifesta que é difícil de creer a súa versión cando hai facturas que acreditan o pago a empresa constructora con data de decembro cando o remate das obras foi en marzo. O Alcalde matiza que na certificación do pago desa factura non estàn as obras feitas no mes de marzo.

Os accesos a Vilasusá que aparecían neste proxecto non se executaron tal como amosa a imaxe sacada no seu día...


O anuncio do cartel do proxexto eran ben claros das obras indicadas a realizar....


Polo tanto, a única obra que se fixo foi diante da Igrexa de San Cristobo tal como o propio Alcalde indicaba na prensa, con unha ilustrativa foto sacada nese lugar no mes de febreiro onde se ven todavía as máquinas traballando sobre unha obra que segundo os nosos datos se abonara en decembro....QUE CURIOSO ¡¡


Foi tamén quen de dudar do lugar onde se sacou esa foto, xa que segun manifestou, eu estou en moitas obras que se fan no concello......DUDAMOS, XA QUE MOITAS NON SE FAN E ADEMÀIS O TEXTO ALUDÍA CLARAMENTE AO LUGAR DA INVERSIÓN E DA FOTO ¡¡¡¡ È CAPAZ DE NEGAR O QUE TODOS ESTAMOS VENDO......VAIA ATREVEMENTO E FALTA DE ARGUMENTOS.

Enlazando coa pregunta anterior, na PREGUNTA 4, relacionada co mesmo asunto, indicou que "xa se explicara na pregunta anterior e que estaba todo claro, e se tiñamos dúbidas que foramos ver as certificacións".....cuestión a que o noso portavoz lle respostou que xa viran o expediente e as certificacións e por iso mesmo se traía a pleno esta pregunta para que aclarara a veciñanza esta situación pouco entendible de que se reciban dùas subvencións diferentes para dous proxectos que se denominan igual ¡¡¡¡

En resposta a PREGUNTA 5, o Alcalde noutra situación de tratar de escurrir o bulto e non ser quen de asumir responsabilidade para gobernar, pregunta o grupo socialista...¿Què faríamos nos?...a resposta do noso portavoz foi que quen goberna como dixo en moitos plenos e él e os seus concelleiros, polo tanto as respostas teñenas que dar vostedes, a nosa labor de momento tan solo é trasladar os òrganos de goberno as demandas e preocupacións dos veciños e veciñas do Concello. Engade o Alcalde que coñece ben as leis o igual que a veciñanza, pero ninguén a cumple, engade que se teñen que aplicar a lei empezarian nos pobos por unha punta e rematarían pola outra e poucas quedarían en pé. O portavoz socialista preguntalle si o Concello actúa cando hai unha queixa ou denuncia da veciñanza sobre esta situación, o que resposta que só actúan cando hai unha denuncia nas oficinas municipais.

Exemplos hai en moitos dos nosos pobos.....


Como resposta a PREGUNTA 6, o Alcalde manifestou "que se pediran 5 subvencions para diferentes programas, pero que tan só estaba pendente da resposta dunha posible que lle interesase o Concello, ademáis de outra xa concecida como è a da axuda para o mantemento do PAI (punto de atención a infancia), o resto non lle interesan o concello pola pouca cuantían concedida".

En canto a pendente de confirmación trátase dunhas actuacións de mellora no Polideportivo da Peroxa, entre as cales se atopa a petición feita polos nosos Concelleiros Socialistas fai xa varios meses de reparar a parte da pista que está sen pulir e que ten causado graves lesións os deportistas.

Os programas e condicións que convocou a Deputación son os que se publicaron no seguinte enlace:


E anunciados tamén na prensa local....


Preguntaremos e analizaremos polo tanto os expedientes das solicitudes feitas e non aceptadas polo Concello,

Debido como xa dixermos, o inxustificado retraso na celebración deste pleno, presentamos outro escrito de preguntas; que son as seguintes:



Na resposta a PREGUNTA 1, o Alcalde respostou "que o proxecto que se vai executar é o Saneamento en Sestelo e mellora da depuración das augas residuais no Souto"

Actuación a do Souto, tamén solicitada en reiteradas ocasións en diversos plenos polos concelleiros socialistas polo deficiente funcionamento da fosa séptica que realizaba vertidos o exterior que circulaban pola cuneta da estrada cara o regato da Barra, e que xa no seu día foi incluso motivo de Sanción económica por esta situación a través dun expediente da Confederación Hidrogràfica do Miño e que supuxo un elevado desembolso económico importante para as arcas do Concello pola súa neglixencia e por non atender as nosas demandas de mellora.

As primeiras peticións sobre esta situación foron das nosas primeiras actuacións xa no ano 2011, tal como se reflexa no seguinte escrito presentado no Concello:


Incluso a prensa se fixo eco das nosas xustas demandas de mellora deste servizo que se atopaba nun lamentable estado en prácticamente case todo o Concello, sen importarlle nada os nosos mandatarios:


En resposta a PREGUNTA 2, o Sr. Alcalde indicou "que se trataba dunha subvención para un novo camión de bombeiros, e que se leva xa solicitados en dúas convocatorias consecutivas e que agarda que para o vindeiro ano se lle conceda esta petición o Concello da Peroxa, que xa lle tocaría segundo a puntuación pola colaboración cos servizos de incendios da Xunta".

A resposta obtida a PREGUNTA 3, foi "que esta subvención é parte da mesma que a solicitada para o Saneamento de Sestelo e a fosa do Souto, que era a cuberta da nova grada do campo de fùtbol, e que veu denegada xa que o Concello debía escoller entre unha das dúas e optou pola primeira".

Polo tanto, un inverno máis tocará pasar frío e usar o paraugas para poder disfrutar da nova grada nos dìas de choiva.....que por desgracia son moitos ¡¡¡

Aquí matizamos que o asunto da grada ainda hoxe está sen aclarar xa que como xa manifestamos en moitas ocasións esa cuberta para a nova grada do Campo de Fútbol xa aparecía no proxecto e memoria inicial da obra.....que posteriormente e como se pode comprobar non se construíu ¡¡¡

Imaxes da mesma existían....e existen:


A resposta da PREGUNTA 4, por parte do Alcalde foi "que o Concello non lle pertenece nada. È un informador laborar que estará compartido cos concellos da mancomunidade".

Agardemos polo tanto que faga a súa labor e sobre todo que a veciñanza coñeza e se publicite a existencia deste servizo.

A resposta a PREGUNTA 5, o Alcalde nega a nosa exposición, indicando que "a Mancomunidade solicitou unhas axudas e o Concello outras, pero non se vai a executar ningunha das solicitadas e reitera que non son incompatibles, tal e como lle indicamos".

O portavoz socialista amparandose na convocatoria publicada no DOG do mércores 7 de maio de 2014, na súa páxina 20665, atópase o artigo 6, de Inadmisión de solicitudes individuais simultáneas a outra conxunta, onde claramente no punto 1, letra a) indica que "CADA CONCELLO SÓ PODERÁ PARTICIPAR NUNHA SOLICITUDE, INDIVIDUAL, CONXUNTA, DE MANCOMUNIDADES OU DE CONSORCIOS, SEN PREXUIZO DE QUE OS DIFERENTES PROGRAMAS POIDAN PERMITIR PRESENTAR MÁIS DUNHA ACTUACIÓN".

Todo esto que expresamos no pàrrafo anterior se pode consultar no enlace seguinte:


A Resolución destas subvencions deixa ben as claras a nosa exposición e a nosa razón, e unha vez máis deixa en evidencia os argumentos do Sr. Alcalde, por outra parte entendible xa que dudamos que algunha vez se interese por leer o DOG e as publicacións tanto das convocatorias como das resolucións das subvencións.

No seguinte enlace demostramos unha vez máis "con papeis" e con datos claros e publicados en Boletíns oficiais que a nosa exposición era correcta e polo tanto as solicitudes do Concello da Peroxa incompatibles coa solicitada a través da Mancomunidade, xa que como se publica na páxina 43915 as axudas solicitadas SON EXACTAMENTE AS MESMA DENTRO DO MESMO PROGRAMA: "a) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero (Procedemento SI435A), na liña 1: "Programa de promoción da igualdade entre mullere e homes.
Na citada páxina no Anexo I están as concedidas entre as que se atopa a Mancomunidade e na mesma pàxina tamén está o Anexo II (solicitudes de reserva), dentro do mesmo Programa e liña onde se atopa o Concello da Peroxa....


Polo tanto.....Sr. Alcalde......QUE MÁIS PROBAS QUERE ¡¡¡
 
Finalmente en resposta a PREGUNTA 6, o Alcalde, visiblemente alterado nesta pregunta limitouse a respostar esquivamente "que esta convocatoria foi igual para os 4 concellos, que houbo un tribunal que tomou a decisión".

Nesta pregunta houbo un tenso debate que non vamos a reproducir xa que creemos pola importancia do asunto e de que están en trámite outras accións por parte dos nosos Concelleiros Socialistas, e polo tanto faremos unha publicación exclusiva nas vindeiras datas neste mesmo blog, para que unha vez máis a veciñanza coñeza a escuridade e falta de información e transparencia nos procesos selectivos que se levan a cabo no noso Concello, pisoteando continuamente os dereitos dos cidadáns.

Para rematar o pleno, o noso portavoz planteoulle o Alcalde unhas cuestións orais sobre asuntos de actualidade no Concello que foron as seguintes:

1) Preguntamos pola situación contractual do Peòn de construcción que traballa para o Concello, xa que se celebrou no mes de xuño deste ano un proceso selectivo polo cal se lle contratou por parte do concello e seguimos atopándonos facturas para o concello deste traballador como autónomo por traballo realizados. ¿È xa traballador do Concello?
O Alcalde respostou que xa era traballador do concello dende facía 2 ou 3 meses.

2) Preguntamos polo número de usuarios da Gardería: onde o Alcalde indicou que eran 4.
Neste mesmo punto preguntamos si estaba o corrente de que unha das traballadoras estaba a levar o seu fillo o centro de traballo tanto en època vacacional cando non ten colexio, como que, e por queixas veciñais comprobamos como o pasado outubro que tamén o levou cando non puido ir o seu colexio por atoparse enfermo. Indicamoslle que por idade non pode ir a Gardería nin nos parece razonable actitudes como a citada do pasado mes de outubro, coa preocupación do resto dos pais por este asunto. 
O Alcalde negou coñecer esta situación pero que falaría con ela porque ese neno non pode ir "nin san nin enfermo".

3) Preguntamos o Sr. Alcalde e por extensión o Secretario si eran conscientes de que non estaban a respetar as comunicación efectuadas, neste caso, o noso portavoz coas continuas negativas de acceso os expedientes nos prazos legalmente establecidos a través de Carta Certificada cando claramente a Lei de Procedemento Administrativo sinala que as resolución serán NOTIFICADAS, polo tanto as cartas deberían ser notificacións.
O Sr. Alcalde non sabía de que lle falaba, e o Secretario deu unha vaga explicación sen sentido para xustificar a súa labor.

4) Preguntamos o Alcalde o porquè de non dar traslado o Pleno dunha petición dunha traballadora do Concello para informar da súa situación e das súas demandas de aclarar as inculpacións feitas polo Sr. Alcalde contra o funcionariado por erros a hora de archivar os Decretos en fecha e no seu lugar correspondente.
O Alcalde manifesta que xa deu explicacións persoais a traballadora¡¡¡¡


ESTO É O QUE SE TRATOU, DEBATIU, ACORDOU E ACONTECEU NO PLENO, UNHA VEZ MÁIS TRASLADADO A VECIÑANZA NA NOSA LABOR E COMPROMISO DE INFORMACIÓN A VECIÑANZA.

ESTA É POLO TANTO, A INFORMACIÓN..... O ANÁLISE E AS CONCLUSIÓNS SON TÚAS ¡¡

SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO CONCELLO.



No hay comentarios:

Publicar un comentario