Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 7 de octubre de 2014

Todo chega o seu fin....¿?

Recentemente publicouse no xornal La Voz de Galicia un curioso ranking dos políticos en activo máis lonxevos de Galicia.

Como non podía ser doutro xeito, o noso Alcalde aparece nun pouco sorprendente quinto posto dos políticos con máis anos en política de toda Galicia.

Tan só superado por poucos que quedan en activo con máis antiguidade que él....o primeiro posto ocupao un ex-conselleiro da Xunta, Romay Becaria con 44 anos, o segundo posto é para dous Alcaldes da Provincia de Ourense....Senén Pousa de Beade e Manuel Gallego de Taboadela con 40 anos.
No terceiro posto aparece a Alcaldesa de Ramirás tamén da provincia de Ourense con 39 anos. No cuarto posto aparece con 38 anos outro Alcalde do PP.

Curiosamente, os máis antigos de toda Galicia, son todos gobernantes do Partido Popular.

E como indicamos, no quinto posto, entre outros dirixentes aparece o noso Alcalde da Peroxa, con 35 anos no poder ¡¡¡¡¡ Non todos por certo no PP, xa que tivo a "HONRA" de ser un dos primeiros tránsfugas da política en Galicia, xa que comenzou o seu mandato no PSOE para pasarse as filas populares anos despois.

A seguinte noticia recollía así este feito.....

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/03/16/0003_8358268.htm

Na seguinte imaxe o gráfico que confirma os datos expostos....



O artigo sobre esta curiosa clasificación podedes leelo no seguinte enlace:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2014/08/07/250-politicos-gallegos-suman-5482-anos-ocupando-cargos-publicos/0003_201408G7P2995.htm

Ainda que o titular que máis chama a atención nesta publicación, o noso entender é o seguinte......por motivos máis que evidentes.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/politica/2014/08/07/jose-manuel-romay-beccaria-oponerse-aprovechado-politica/0003_201408G7P2992.htm

No caso que se refire o noso Concello, creemos que logo de máis de 35 anos de carreira política, xa é momento de novas caras e sobre todo novas políticas.

Descoñecemos cal vai ser o futuro político do Sr. Alcalde, pero o que sí xa é pùblico foi a súa renuncia ao cargo da Presidencia do Partido Popular da Peroxa. Un paso que pode ser o anuncio dunha retirada e búsqueda de novo candidato para as xa vindeiras eleccións municipais que se celebrarán dentro de 7 meses.

AGARDEMOS POLO TANTO NOTICIAS O RESPECTO E SOBRE TODO QUE NON SE ENGANE A VECIÑANZA CON ESTRATEXIAS ELECTORAIS EXTRANAS, E QUE O CANDIDATO QUE CONCURRA AS ELECCIÓNS SEXA, DE RESULTAR ELEXIDO O QUE TEÑA A RESPONSABILIDADE DE GOBERNAR OS VINDEIROS 4 ANOS.



No hay comentarios:

Publicar un comentario