Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 15 de octubre de 2014

Aviso de importancia....¡¡¡

Estaredes o corrente de que pròximamente volveremos a ter que facer un novo cambio na sintonización das canles da TDT nos nosos domicilios.

Hoxe día 15 de outubro comenzarán nas diferentes televisións os anuncios desta nova situación.

Afectará principalmente os edificios de vivendas comunitarios, quedando, na maior parte dos casos, as vivendas individuais libres dos posibles gastos, non así da resintonización.

Damos conta desta información, para que a nosa veciñanza consulte e pregunte os expertos e a varias opcións para que non se den casos de cobros abusivos por servizos mínimos, xa que sempre hai xente que se quere aproveitar destas situacións de falta de información na poboación.

Na seguinte imaxe mostramos un breve resumo do que vai ser esta situación....


Como indica a imaxe podedes obter completa información no seguinte enlace:

http://www.televisiondigital.es/Paginas/Index.aspx

Tamén informamos que existirá unha liña de axudas económicas para este proceso, do que podedes obter información e requisitos no enlace seguinte:

http://www.televisiondigital.es/Novedades/Paginas/ayudasadaptacioninstalacionesantenacolectivatdt.aspx

No enlace seguinte consultade a seguinte guía que informa do proceso que se nos ven encima:

http://www.televisiondigital.es/Ciudadano/Documents/guiaconexionsintonizaciontdt.pdf 

Este proceso está sendo noticia na prensa nestes días, con publicacións como as que podedes consultar a continuación:

http://www.laregion.es/articulo/economia/reordenacion-tdt-costara-286-millones-euros/20140919183843493454.html 

 http://www.europapress.es/tv/noticia-televisores-tendran-resintonizar-tdt-proximo-26-octubre-20141009162003.html

 http://economia.elpais.com/economia/2014/10/09/actualidad/1412858115_189462.html


SEGUIMOS CUMPRINDO COS NOSOS COMPROMISOS........E UNHA VEZ MÁIS INFORMANDO A VECIÑANZA DE ASUNTOS DE INTERÈS ¡¡¡

COMA SEMPRE, PARA CALQUER DÚBIDA SOBRE ESTE PROCESO, QUEDAMOS A VOSA DISPOSICIÓN A TRAVÉS DAS CANLES DE COMUNICACIÓN HABITUAIS.

 





No hay comentarios:

Publicar un comentario