Novamente temos que comunicar actuacións realizadas sobre peticións feitas polos nosos concelleiros socialistas nos plenos do Concello da Peroxa.
Xa a principios deste ano 2014 solicitamos os seguintes arranxos e melloras para anomalías existentes en varios puntos do pobo do Peares. As nosas peticións e as respostas dadas polos mandatarios municipais foron as seguintes que xa moitos de vos coñeceredes...
As situacións de perigo que denunciabamos presentaban o seguinte aspecto...
Estas dúas anomalías solicitadas foron arranxadas, faltando a petición da mellora dos desperfectos sobre a Ponte do río Bubal, que está en procesos coas aseguradoras do vehículo que ocasionou os moitos desperfectos.
A situación sobre o perigoso paso cara a igresa dos Peares, ante a ausencia dunha varanda foi arranxada, deixándonos unha imaxe moito màis segura, como se amosa na imaxe seguinte...
TAN SÓ NOS QUEDA POR TANTO, FELICITAR OS VECIÑOS E VECIÑAS DESTE POBO POLAS MELLORAS ATENDIDAS E REALIZADAS.
LEMBRAR, UNHA VEZ MÁIS, QUE O IGUAL QUE SE NOS TRANSMITIRON ESTAS QUEIXAS DA VECIÑANZA PARA DAR TRASLADO OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAL, QUEDAMOS A DISPOSICIÓN PARA NOVAS PETICIÓNS PARA A MELLORA DOS SERVIZOS E ANOMALÍAS EXISTENTES NO NOSO CONCELLO DA PEROXA.
SEGUIMOS CO NOSO COMPROMISO DE INFORMACIÓN A VECIÑANZA¡¡¡¡
Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.
Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...
Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.
Esperamos as túas aportacións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario