Comenzamos por anunciar a celebracion da tradicional festa da Ribeira, que ano tras ano aumenta o seu número de asistentes para gozar de boa música e de ser oficialmente o primeiro magosto da tempada.
O cartel que anuncia esta festa é o seguinte...
Continuamos completando a axenda, unha vez máis coa iniciativa do Bar 1984 da Peroxa, dunha interesante e novidosa xornada micolóxica onde os moitos seguidores desta afición poderá disfrutar dunha xornada de formación, recollida e deguste sin precedentes no noso Concello.
O cartel que anuncia este acto e o seguinte...
Tamén pola súa cercanía, e polo seu fin solidario, anunciamos no veciño Concello de Coles a celebración doutra edición máis dunha Andaina que ano tras ano vai a máis.....e onde vemos con certa envexa como con ilusión, gañas de traballar se poden organizar este tipo de eventos que teñen unha gran afición e auxe en toda a nosa provincia, e serve como ferramenta para potenciar e descubrir os paraxes e paisaxes de cada concello.....agardemos polo tanto, que a nosa petición feita e reiteradas ocasións o noso Concello da Peroxa, onde aceptando a nosa proposta se comprometían a facer unha este ano....pero que vemos como lamentablemente parece que non vai ser así ¡¡¡
O cartel que anuncia este evento e este....
Rematamos informando que o luns día 27 dende as 10:30 ata as 14:30 a carón do antigo local de Cruz Vermella da Peroxa a veciñanza do Concello poderá asisitir a unha sesión informativa titulada "SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR", onde formarán a poboación sobre esta cuestión, que pode aforrar moitos cartos o noso Concello, sempre e cando tamén se poñan por parte dos responsables municipais os medios axetados para esta función, como pode ser ir extendendo os diferentes contenedores de reciclaxe polos pobos e parroquias do noso concello, como son principalmente o do vidro e papel para facilitar esta labor os veciños e veciñas do Concello.
SEGUIMOS CUMPRINDO A NOSA LABOR INFORMATIVA ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario