Unha vez rematadas todas as obras que se incluían no Plan Provincial subvencionado pola Deputación de Ourense para o noso Concello da Peroxa, publicamos a continuación a nosa visión destas actuacións....
O citado Plan foi convocado e publicado no BOP do venres 1 de marzo de 2013, coas condicións e requisitos seguintes que podedes ver no enlace seguinte, a partir da páxina 2:
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=50&fecha=20130301
A aprobación definitiva dos orzamentos e as obras para cada Concello publicouse posteriormente no BOP do xoves 9 de maio de 2013 onde na paxina 9 do enlace seguinte atopamos o proxexto solicitado para o Concello da Peroxa que se denomina "Pavimentación da rede viaria municipal", cun orzamento total de 41.300€:
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=106&fecha=20130509
Unha vez coñecida esta subvención concedida, e como sempre facemos dende a nosa labor de control da actividade municipal, solicitamos por escrito o acceso, entre outros a ese expediente para ver cales ían ser as obras, lugares e pobos que se beneficiarían desta actuación, para comprobar si eran atendidas algunhas das moitas peticións de mellora que a través dos Rogos nos plenos municipais do Concello levabamos feito os tres concelleiros socialistas.
A citada petición de acceso foi a seguinte, onde no apartado cuarto nos referíamos a esta situación:
Unha vez comprobado o expediente, recibimos con agrado como entre outras, había varias das nosas peticións que serían atendidas para a mellora de infraestructuras que a propia veciñanza dos pobos e lugares afectados nos tiñan solicitado, e nos dèramos traslado os mandatarios municipais destas solicitudes.
As actuacións incluían melloras en: O Mato(Graíces) - Bouzalonga - Rabacido - Gulfar/Berdelle - Outeriño - Conchouso e a estrada Souto-Cinconogueiras.
AS NOSAS DEMANDAS DE MELLORA SOLICITADAS E ACEPTADAS DENTRO DESTE PLAN FORON AS SEGUINTES:
1) PARA OS POBOS DO CASAR E DO MATO FIXEMOS A PETICIÓN SEGUINTE.....NO PUNTO 4:
SOLICITAMOS O ARRANXO DOS DESPERFECTOS DA ESTRADA QUE ATRAVESA O POBO DO CASAR ATA O MATO, POLO SEU EVIDENTE DETERIORO. NESTA ACTUACIÓN CONSIDERAMOS QUE SE PUIDO TER FEITO MÁIS E MELLOR XA QUE A PETICIÓN QUE FACÍAMOS NO POBO DO CASAR NON SE ATENDEU E A IMAXE SEGUE A SER A MESMA...
SI SE ATENDEU A DEMANDA DOS LOMBOS DA ESTRADA CHEGANDO O POBO DO MATO QUE PRESENTABA ESTE ASPECTO....
NESTE PUNTO ACTUOUSE DEIXANDO A IMAXE ACTUAL, QUE TAMÉN É MELLORABLE, SOBRE TODO RETIRANDO O SOBRANTE DE MATERIAL QUE SE DEIXOU NA CUNETA...
ESTE ASFALTADO NO ENTORNO DO POBO DO MATO, SI BEN, MELLOROU O QUE HABÍA, TAMÉN HAI SITUACIÓNS QUE SE PODERÍAN TER MELLORADO, COMO A DE LIMPAR E ROZAR AS BEIRAS DA ESTRADA E CUNETAS PARA NON ASFALTAR ENCIMA DA MALEZA E DAS HERBAS....
OU TAMÉN O PERIGOSO BURATO QUE SE DEIXOU NA BEIRA DA VÍA.....
2) PARA A MELLORA DOS ACCESOS O POBO DE RABACIDO E A MELLORA DA ENTRADA A VIVENDA DE VECIÑOS DESTE POBO TAMÈN PRESENTAMOS A SEGUINTE SOLICITUDE, A TRAVÉS DO SEGUINTE ROGO NOS SEUS PUNTOS 4 E 5:
AS NOSAS PETICIÓNS EN IMAXES AMOSABAN O ASPECTO LAMENTABLE SEGUINTE....
DESPOIS DO ARRANXO A SITUACIÓN PRESENTA ESTE ASPECTO MELLORADO....
3) TAMÉN TRASLADAMOS A NECESIDADE DO ARRANXO URXENTE DOS BACHES E DETERIORO DA ESTRADA QUE VAI DENDE A ZONA DO GULFAR ATA BERDELLE E QUE SOLICITAMOS A TRAVÉS DO ROGO NUMERO 2 DAS SEGUINTES DEMANDAS:
A SITUACIÓN QUE MOTIVOU A NOSA PETICIÓN ESTABA COMO AMOSA A IMAXE SEGUINTE....
LOGO DAS ACTUACIÒNS ATENDIDAS E REALIZADAS PRESENTA ESTE MELLOR ASPECTO....
4) TAMÉN FIXEMOS A PETICIÓN DE ASFALTADO E MELLORA DA ESTRADA QUE UNE O POBO DO CONCHOUSO COA CARRETERA A PEROXA-GUERAL, XA QUE O SEU ESTADO ESTABA MOI DETERIORADO PARA O PASO DE VEHÍCULOS. A PETICIÓN, O IGUAL QUE AS ANTERIORES ENUMERADAS TRASLADOUSE O PLENO DO CONCELLO A TRAVÉS DO SEGUINTE ESCRITO DE PETICIÓN DE ROGOS NO PUNTO 7:
A SITUACIÓN DE DETERIORO ERA MÁIS QUE EVIDENTE SEGUNDO SE AMOSA NAS IMAXES SEGUINTES...
AGORA OS VECIÑOS E VECIÑAS DESTE POBO DISFRUTAN DUNHA MELLORA CONSIDERABLE, AINDA QUE MELLORABLE, PARA A CIRCULACIÓN DOS SEUS VEHÍCULOS....
A CONTINUACIÓN INDICAR CON RESPECTO A ESTAS ACTUACIÓNS QUE DETECTAMOS QUE ALGUNHA NON SE CORRESPONDÍA CO PROXECTADO INICIALMENTE, COMO OCORREU NO CASO DA ESTRADA DENDE O SOUTO ATA CINCONOGUEIRAS, MOTIVO POLO CAL, CONSULTAMOS COS RESPONSABLES MUNICIPAIS SOBRE ESTA SITUACIÓN, ONDE NOS ACLARAN QUE CONSIDERARON QUE ERAN PRIORITARIAS ACTUACIÓNS NOUTROS PUNTOS DESTA MESMA ESTRADA E ASÍ O FIXERON.
AS MELLLORAS CENTRARONSE NO CONTORNO DO POBO DE CINCONOGUEIRAS ONDE O ASFALTADO DEIXOU ESTAS NOVAS IMAXES...
O RESTO DE ACTUACIÓNS REALIZADAS DEIXARONNOS AS SEGUINTES COMPARATIVAS DO ESTADO ANTERIOR E O ACTUAL QUE AMOSAMOS NAS IMAXES SEGUINTES, XA QUE NOS PREOCUPAMOS UNHA VEZ MÁIS DE COMPROBAR E CONTROLAR A SÚA EXECUCIÓN CORRECTA.
EN BOUZALONGA O ESTADO ANTERIOR ERA ESTE....
TRALAS MELLORAS REALIZADAS AGORA PRESENTE ESTE.....
FINALMENTE, TAMÉN SE MELLORARON ACCESOS NO POBO DE OUTEIRIÑO TANTO NA PARTE SUPERIOR DO POBO COMO NO NÚCLEO INFERIOR, ONDE A SITUACIÓN DE DETERIORO ANTERIOR ERA BEN VISIBLE NOS DOUS CASOS....
AS OBRAS REALIZADAS DEIXARON ESTA NOVA IMAXE....
NESTA OBRA TEMOS QUE LAMENTAR QUE NON SE AMPLIARA A SÚA EXECUCIÓN ATA UNHA VIVENDA RECENTEMENTE HABITADA POR TRES NOVOS VECIÑOS E QUE SEGUNDO SE VEN NAS IMAXES RECENTES AS MELLORAS ERAN MÁIS QUE NECESARIAS. AGARDEMOS SE TEÑA EN CONTA ESTA PETICIÓNS PARA UNHA POSTERIOR E PRONTA ACTUACIÓN NESTE PUNTO.....
POÑEMOS UNHA VEZ MÀIS COA PUBLICACIÓN DESTE ARTIGO, O NOSO COMPROMISO DE DAR CUMPLIDA INFORMACIÓN A VECIÑANZA DE TODO O QUE SUCEDE NO SEU CONCELLO, E QUE DOUTRO XEITO NON TERÍA ACCESO NUNCA.
TAMÉN CONSIDERAMOS QUE A TRAVÉS DAS NOSAS PETICIÓNS DE MELLORA FEITAS E ATENDIDAS POLO CONCELLO SE PÓN DE MANIFESTO QUE ESTAMOS A CUMPRIR COA LABOR QUE A VECIÑANZA NOS ENCARGOU DE POÑER VOZ E IMAXES NOS ORGANOS DE GOBERNO AS SÚAS NECESIDADES E PREOCUPACIÓNS, E QUE NOS CASOS QUE SON ESCOITADAS E MELLORADAS NOS ENCHE DE SATISFACCIÓN SER ÚTILES NA NOSA LABOR, AGARDANDO QUE SEXA MOTIVO PARA QUE MÁIS XENTE CONFÍE NO NOSO TRABALLO, E SOBRE TODO...... REPETIMOS.....NO NOSO COMPROMISO PARA O QUE FOMOS ESCOLLIDOS.
SEGUIREMOS SENDO FONTE DE INFORMACIÓN E TRABALLANDO DÍA A DÍA PARA A MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡