O prazo de presentación será ata o 5 de setembro e serán subvencionables todos os gastos que supoñan incremento do patrimonio da asociación.....obras, adquisición de inmobles ou bens mobles de carácter inventariable....etc.
Polo tanto, unha boa ocasión para que moitas das nosas Asociacións de veciños que temos no Concello teñan a posibilidade de subvencionar este tipo de actuacións.
A convocatoria completa, con toda a información e requisitos no seguinte enlace a partir da pàxina 16:
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=176&fecha=20140802
Como sempre, para calquer dúbida ou consulta, podedes contactar connosco.
Tamén se publicou no mesmo Boletín, o pasado 21 de xullo a relación de contribuíntes para ser notificados por comparecencia no procedemento de notificación de providencia de constrinximento.
Unha publicación que se fai anualmente por non poder contactar cos interesados por outros medios.
Sería interesante un vistazo a este listado, xa que por uns motivos ou por outros, temos xente do noso Concello, así como dos outros que forman a Mancomunidade Santa Agueda que seguramente non é coñecedora desta situación.
A publicación do noso concello no seguinte enlace entre as páxinas 63 a 85:
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=166&fecha=20140721
SEGUIMOS COA NOSA LABOR DE INFORMACIÓN A VECIÑANZA DO CONCELLO ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario