Este é o caso doutras das nosas demandas feitas o Concello para a mellora dunha anomalía no pobo de Pousada, e que levaba sendo reclamada xa con anterioridade pola veciñanza dese pobo.
O asunto era dar solución al un perigoso burato que existían nunha das rúas do pobo, onde os veciños e veciñas, ben fora como peóns ou cos seus vehículos tiñan dificultades diante desta situación para non ter algún percance material o persoal.
A imaxe da situación era a seguinte...
Os nosos concelleiros socialistas levaron esta problemática o Pleno do Concello da Peroxa do xa lonxano 29 de novembro de 2012 a través do turno de preguntas para acadar unha resposta e un compromiso de arranxo por parte do Sr. Alcalde.
Fixemos a petición a través da pregunta número 4 das presentadas para este citado pleno:
A resposta dada polo Sr. Alcalde foi a seguinte, extraída da acta do pleno....
Tamén sorprende que neste mesmo pleno o Sr. Concelleiro e Tenente de Alcalde, veciño da zona, ademáis propietario dun negocio no que os seus vehículos transitan a diario polos pobos do concello, negara o coñecemento desta situación, cando segundo a versión dos veciños foi xa avisado en numerosas ocasións, sobre todo nas súas habituais visitas electorais facendo a súa labor de pedir o voto para as pasadas municipais de 2011 ¡¡¡¡¡ que debe ser das poucas veces que se lle ve polos pobos da zona ¡¡¡
A situación solicitada polos nosos concelleiros foi recentemente subsanada para tranquilidade dos veciños e veciñas deste pobo, deixando a imaxe seguinte....
POR ESTAS E POR OUTRAS MOITAS PETICIÓNS DEMANDADAS POLOS MEMBROS DA NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL E ATENDIDAS POLO CONCELLO PARA A MELLORA DO NOSO CONCELLO SENTÍMONOS ÚTILES E SERVIMOS PARA PORLLE VOZ AS PETICIÓNS DA VECIÑANZA.
SEGUIMOS TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario