Dìas despois vemos de novo como son protagonistas e desculpa dunha nova mentira sobre un asunto que é unha auténtica burla a veciñanza tanto da zona dos Peares como de todo o Concello da Peroxa.
O asunto en cuestión é a famosa creación dunha ruta en catamarán polo Miño dende Ourense, e a instalación duns pantaláns que farán a función de embarcadoiro e que no caso do noso Concello por moito que o Sr. Alcalde intente enganarnos citando o pobo dos Peares como final da ruta, todos os veciños e veciñas do Concello deben saber que eso non é real.....O PANTALÁN-EMBARCADOIRO ESTÁ UBICADO NO POBO DE REZA....preto dos seus negocios particulares.
As noticias que estes días están a salir na prensa faltan completamente a verdade xa que se fala, como no artigo que podedes leer a continuación de embarcadoiros en Reza e en Peares (final da ruta), cando en realidade tan só existe o de Reza...
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/08/27/hidrografica-ve-viable-catamaran-barra-os-peares/0003_201408O27C9991.htm
A mesma noticia curiosamente con outro titular publicase hoxe no mesmo medio....
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2014/08/28/municipios-ourensanos-quieren-catamaran-barra-os-peares/0003_201408M28C4991.htm
A ruta en catamarán será segundo os responsables un complemento o que sí consideramos unha boa nova para o noso Concello, como é unha ruta peonil entre Ourense.....e esta vez sí....O POBO DOS PEARES ¡¡
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/08/27/proyecto-complementaria-senda-peatonal-tramites/0003_201408O27C9992.htm
A mesma noticia contada por outro medio de prensa local....
http://www.laregion.es/articulo/provincia/concellos-apuestan-ruta-navegable-mino/20140823073935488854.html
A principios do verán o noso Alcalde manifestaba o seguinte nunhas declaracións cando se trataba o tamén polèmico trazado da futura A-76 por esta zona do río Miño...
http://ourensedixital.com/_novas/14/06/09_03.htm
Tamén o noso Alcalde o verán pasado falaba de orzamentos desta ruta do Catamarán e unha vez máis pecando da súa osadía, se atrevía a poñerlle prazo....(estas declaracións son de principios de 2013):
Para os que non coñecían deste "proxecto" publicamos a continuación o que sería o plano e a ubicación concreta dos tres embarcadoiros....
As imaxes da súa instalación e ubicación son as seguintes....
ESTE É O DE VELLE
ESTE É O DE BARRA DE MIÑO
ESTE O QUE CHAMAN OS PEARES.......QUE VEMOS CLARAMENTE A SÚA UBICACIÓN BAIXO O POBO DE REZA E DOS VIÑEDOS E BODEGAS DOS NOSO ALCALDE
AQUI IMAXE CON MAIS DETALLE DAS SÚAS CARACTERÍSTICAS
CREEMOS QUE XA ESTÁ BEN DE TANTO ENGANO E TANTA MENTIRA A POBOACIÓN.
AS IMAXES E A REALIDADE ESTÁ AHÍ PARA A COMPROBACIÓN DE QUEN O DESEXE.
QUE NON TRATEN DE OCULTAR A REALIDADE TROCANDO A REALIDADE....OS VECIÑOS E VECIÑAS DOS PEARES SON TESTIGOS DE QUE NO SEU POBO NON HAI NINGÚN EMBARCADOIRO......E MÁIS....O ÚNICO QUE TEÑEN È UNHA PISTA COMPLETAMENTE DETERIORADA TRALAS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DESTE PANTALÁN E QUE TODAVÍA ESTÁ SEN REPARAR, DIFICULTANDO O PASO DE PEÓNS, CICLISTAS E MESMO ALGÚN VEHÍCULO.
SEGUIMOS E SEGUIREMOS COA NOSA LABOR DE INFORMACIÓN A POBOACIÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario