Unhas actuacións que xunto con outras previstas parece que se intenta facer nuns meses o que non se fixo nos últimos anos, ocasionando unhas situacións de abandono grave das nosas estradas en tódolos pobos e parroquias do Concello, que facían e fan prácticamente intransitables algunhas delas, causando como xa ocorreu varios problemas en algúns vehículos.
Algunhas das actuacións que se están realizando son demandas xa feitas pola veciñanza e outras moitas solicitadas a través dos cauces previstos nos plenos do Concello feitas polos nosos concelleiros socialistas.
Aplicando un vello refrán que di....."MOITO E BEN HAI POUCO QUEN", argumentamos algunhas deficiencias que están a quedar pendentes en actuacións que se están realizando e que no afán do Concello por querer "agradar a todos" nos demostran que o interès principal non é a mellora con certa calidade, senón que o único obxetivo é a cantidade e "facer que fan en moitos dos casos".
Entendemos que os orzamentos para estas actuacións son os que son, pero o que non se pode é enganar a veciñanza con falsas expectativas de melloras que levan anos agardando por elas, e no momento que se decide actuar o resultado dos traballo non sexa satisfactorio para case ninguén.
Aconsellamos polo tanto, os responsables municipais que sería recomendable facer actuacións de mellor calidade e servizo, xa que este tipo de actuacións se realizan cada moitos anos, polo que deberían ser máis duradeiros.
Sirva como exemplo destas actuacións decepcionantes, entre outras, a executada dende o pobo do Mato hacia a carretera de Barra de Miño, onde podemos atoparnos perigosos buratos que quedan a caron da estrada, perigosamente situados para deteriorar calquer vehículo e tamén chama a atención que non se tivera a previsión de facer unha pequena limpeza da maleza das cunetas antes de asfaltar por encima as herbas ou encher de grava.
As imaxes seguintes corresponden o lugar descrito anteriormente.....
E significativo que preto deste mesmo lugar, chegando o pobo do Casar existían uns badéns na estrada ocasionados polas raíces das arbores que foi subsanado parcialmente, xa que a actuación mellorou a situación pero non nos parece de recibo que as pedras e terra extraídos do propio arranxo sexa depositado na propia cuneta, como amosa a imaxen seguinte.
Reiteramos polo tanto, a nosa demanda de que as actuacións sexan realmente de mellora, e non enganemos a veciñanza con arranxos parciales e deficientes.
Outro claro exemplo destas actuacións que se están a levar a cabo e que parecen unha burla os veciños e veciñas dase no pobo de Casundila onde a situación de deterioro da pista que vai dende o pobo cara San Xes era máis que evidente.....
Esta situación de deterioro e abandono tivo unha petición de mellora e arranxo feita polo noso portavoz socialista no Concello, a través do formulario que está a dispor da veciñanza tanto nas oficinas municipais como na propia web para solicitar arranxos e melloras na vía pública.
Fixemos xa no ano 2012 esta petición a través do citado documento...
Esta petición tamén incluía outra petición no mesmo lugar demanda polos veciños e veciñas da zona...
Esta petición por escrito NUNCA FOI CONTESTADA POLO CONCELLO. Preguntamos nun pleno recente por esta demanda e o Sr. Alcalde manifestou non coñecela.
Fai unhas semanas atopámonos coa "sorpresa" de que se INTENTOU UNHA MELLORA NESTE LUGAR, DESTACAMOS A PALABRA INTENTAR, PORQUE A REALIDADE DA ACTUACIÓN FOI BOTAR UN PARCHE DE CEMENTO QUE PARA NADA SOLUCIONA O PROBLEMA QUE TODOS E TODAS POIDESTES COMPROBAR NAS IMAXES SUPERIORES.
A situación "arranxada" segundo os responsables municipais quedou como se ve na imaxe seguinte...
REALMENTE INDIGNANTE.....¡¡¡¡ esto é o que o Concello considera unha mellora do estado desta estrada ¡¡¡
APROVEITANDO ESTA "AVALANCHA" DE ACTUACIÓNS POR PARTE DO CONCELLO NAS NOSAS ESTRADAS E DESEXANDO UNHAS MELLORAS REALMENTE A ALTURA DAS NECESIDADES INCLUÍMOS NAS POSIBLES PETICIÓNS QUE POIDAN E QUEIRAN ATENDER ALGUNHAS IMAXES DE SITUACIÓNS DE DETERIORO DAS NOSAS ESTRADAS QUE ESTÁN A CAUSAR AUTÉNTICOS PROBLEMAS PARA A CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS CON DESPERFECTOS COMO OS QUE AMOSAMOS NAS IMAXES SEGUINTES E QUE SOLICITAMOS E ROGAMOS UNHA URXENTE E DIGNA MELLORA.
As imaxes seguintes corresponden a estrada de acceso o pobo da Barrosiña:
Os veciños dos pobos do Conchouso, Alende e Casdeguístola teñen na súa estrada, a maiores dos baches que xa tiñan e que parece non son atendidas as moitas peticións xa feitas, teñen agora algúns máis que como amosan a imaxes fan que circular por esta estrada sexa un auténtico risco de non danar gravemente os seus vehículos....
Rematamos esta serie de imaxes e peticións de mellora cos baches que atopamos na estrada que une os pobos de Vispín e Vilerma, onde a situación è realmente preocupante....
POLO TANTO, E TRAS O EXEMPLOS DE ACTUACIÓNS FEITAS QUE PODÍAN HABER SIDO DE MÀIS CALIDADE E DAS PETICIÓNS DE MELLORA URXENTE AMOSADAS NAS IMAXES TAN SÓ NOS QUEDA AGARDAR QUE DENDE O CONCELLO SE TOME NOTA DAS NOSAS DEMANDAS, QUE SON AS DEMANDAS DA VECIÑANZA DO CONCELLO, E AS ACTUACIÓNS NECESARIAS SEXAN REALIZADAS PARA MELLORAR AS NOSAS ESTRADAS CON CERTA GARANTÍA E NON TRATAR DE QUEDAR BEN PARA FACER NUNS MESES O QUE NON SE FIXO NOS ÚLTIMOS ANOS.....E QUE COMA SEMPRE A CERCANÍA DOUTRAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS PARECE MOTIVAR OS NOSOS GOBERNANTES PARA A POSTERIOR RECOLLIDA DE VOTOS.
POR TODO O EXPOSTO E ARGUMENTADO DEIXAMOS NAS VOSAS MANS E NAS VOSAS INTELIXENCIAS A REFLEXIÓN, ANALISE E DECISIÓN SOBRE ESTA SITUACIÓN.
SEGUIREMOS INFORMANDO E TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO...¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario