As demandas son sobre a deficiente cobertura para a correcta recepción de tódalas canles da TDT que actualmente existen na televisión.
Son contìnuas e con periodos longos de duración as avarías na recepción correcta de moitas das canles.
Concretamente, agora mesmo parte da veciñanza dos pobos e parroquias indicados estàn a ter problemas para recepcionar as canles correctamente nas súas televisións.
Tan só están a recibir estes días as canles do paquete onde se atopan TVE1, TVE2, 24Horas e Clan.....con ausencia total de recepción do resto de canles, causando un grave prexuizo o seu dereito a información e tamén diversión a través deste medio, faltando non só canles privadas, senón tamén públicas como as da TVG.
O problema radica no repetidor do Campo de Fútbol de Melias, no Concello de Pereiro de Aguiar, que é o que debería dar correcta cobertura as nosas parroquias afectadas.
Un repetidor que segundo a conversa recente desta mesma maña do noso portavoz socialista cos responsables desta anomalía, trasladándolle a queixa e demanda veciñal indicaron que son coñecedores da situación, pero non dan localizado o problema dos moitos fallos que provoca, e polo tanto de momento a solución non pode ser definitiva. Garantizando que están traballando no problema para tratar de darlle solución o antes posible.
A empresa RETEGAL è a responsable deste servizo.
Calquer veciño ou veciña afectada pode trasladar as súas demandas de arranxo da anomalía a través do teléfono da oficina de atención o usuario da TDT en Galicia: 981-572154 indicando Provincia, Concello, Parroquia e pobo.
Tamén se pode facer esta mesma consulta a través da súa web:
http://www.tdtgalicia.es/index.php?option=com_wrapper&view=wrapper&Itemid=106
Os datos que se poden obter son os do repetidor do cal se recibe a sinal, a súa ubicación e orientación para as antenas do domicilio.
No seguinte exemplo, os datos do pobo de Barra de Cima:
http://gis.tdtgalicia.es/TDTV2/detalle.php?idc=3205805T00=42.41742,-7.79968=149=320590602
Tamén nos podemos atopar con indicacións como a seguinte para o pobo de Laxas:
Esto indica que a única solución para unha boa cobertura será unha antena receptora satélite que se explica no seguinte enlace.
http://www.tdtgalicia.es/ntdt/index.php?option=com_content&view=article&id=248&Itemid=125
Para esta solución existe unha liña de subvencións as cales a veciñanza pode acollerse para sufragar os gastos desta costosa instalación.
Información completa no enlace seguinte:
http://www.tdtgalicia.es/ntdt/index.php?option=com_content&view=article&id=395:convocatoria-de-subvencions-a-familias-para-a-adquisicion-de-equipamentos-de-television-dixital-terrestre-mediante-recepcion-satelital-en-vivendas-e-edificacions-situadas-en-zonas-que-hai-que-revitalizar-do-programa-de-desenvolvemento-rural-sustentable-en&catid=12:latest-news&Itemid=128
Para calquer outra dúbida ou consulta sobre esta situación, podedes contactar connosco.
AGARDAMOS POIS, UNHA PRONTA SOLUCIÓN A ESTA PROBLEMÁTICA QUE AFECTA A PARTE DA VECIÑANZA DO NOSO CONCELLO, QUE NON ESTÁN EN IGUALDADE DE CONDICIÓNS NESTE ASUNTO QUE O RESTO DO CONCELLO.
SEGUIMOS A TRABALLAR POLA MELLORA DOS SERVIZOS DO NOSO CONCELLO ¡¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario