Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 22 de agosto de 2014

Historia dun día nos Peares...¡¡¡¡

Non podiamos deixar de  publicar neste blog o que foi, segundo o noso punto de vista, unha experiencia a carón dun grupo de veciños e veciñas dos Peares, que outra vez máis amosaron a súa unión pola defensa común dos seus intereses.

A noticia sobre o que trata este artigo, producíase o martes 19 de Agosto, cando, como outras tantas veces, o noso inquieto e intrépido colaborador na zona dos Peares, e membro da nosa Agrupación Socialista no Concello dos Peares, Miguel Palacios nos telefoneaba para solicitar a nosa colaboración diante dun grave problema que iban a sufrir os veciños e veciñas do pobo dos Peares, así como tamén todos os limítrofes das zonas veciñas.

Avisábanos que aparecía pulbicado da prensa un MINI-ANUNCIO que informaba do corte da carretera que atravesa o encoro dos Peares entre os días 20 de agosto e 18 de setembro, tódolos días as 24 horas, deixando unha vez máis, totalmente incomunicada a zona co grave prexuízo que ocasionaba a veciñanza, os servizos básicos, a economía e o turismo do pobo.

O anuncio en cuestión era o seguinte....


O lugar onde se cortaría a estrada sería na propia presa, a carretera que a cruza....



A información que se nos transmite é que a veciñanza acordou unirse e loitar contra esta inxustiza, quedando en reunirse o día seguinte mércores as 08:00 na presa para non permitir o corte da estrada nin o inicio das obras.

Debido a importancia do asunto, e sendo xa case o remate do día, a noso única colaboración posible nese momento foi poñerse en contacto con tódolos medios informativos (prensa, tv, radio....), para que lle deran cobertura informativa o que considerábamos un atropello, feito a espaldas da veciñanza.

O mesmo mércores pola maña, algúns medios informativos xa publicaban a problemática surxida e anunciaban as medidas que se íban a levar a cabo...

ESTA PUBLICACIÓN SAE O MESMO MÉRCORES DÍA 20 NO XORNAL LA REGIÓN.

Asimesmo, tamén o Faro de Vigo, recolle a noticia....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/08/20/vecinos-peares-quejan-cierre-circulacion/1078402.html

O noso portavoz socialista, desprázase o lugar das protestas para apoiar esta xusta reivindicación e tratar de buscar unha solución xusta.

No seu percorrido ata o lugar da cita, circula mesmo detrás da propia grúa que se pretendía colocar na presa, pero como calquer outro conductor, en todo o percorrido non atopa sinais algunhas de anuncio de peche da estrada, nin moito menos das alternativas, tal como se propoñía no anuncio da prensa.

As 08:00 puntuais a súa cita, estamos colocados na entrada da estrada que cruza a presa dos Peares para impedir o paso da maquinaria, con moita presencia de xente como amosan as imaxes...


Minutos máis tarde......seguen a chegar máis veciños para apoiar esta protesta....momento no que tamén comenzan a chegar os medios de comunicación.....como a TVG:


Sen lugar a dúbidas un dos momentos de máis afluencia e interese por parte da veciñanza foi cando chegaron o lugar da protesta os responsables de Gas Natural Fenosa para dar a súa versión e escoitar as demandas da veciñanza...



A indignación dos veciños e veciñas alí reunidos vai en aumento xa que a versión que dan os responsables non lles parece axeitada e sentense enganados unha  vez máis.

A veciñanza pregunta si realmente teñen permiso da propietaria da vía, que é a Deputación de Lugo, a que informan que NON É PRECISO AUTORIZACIÓN, CON UNHA SIMPLE COMUNICACIÓN LLES VALÍA, SEGUNDO UN CONVENIO ASINADO NO ANO 1999, E ESA COMUNICACIÓN FOI FEITA CON SUFICIENTE ANTELACIÓN.

Pouco a pouco, o longo da maña tamén van chegando outros representantes políticos, entre os que se atopa o Presidente do Consorcio dos Peares e alcalde de Pantón Jose Luis Alvarez.

Os veciños e veciñas, indicanlle os responsables da empresa que non se van a mover de alí ata que se lles propoñan outras datas ou alternativas para evitar este corte e o illamento dos seus pobos e servizos.
Ofrecen aperturas alternativas para o paso o longo do día en tramos horarios para negociar cos veciños e veciñas, cuestión que os veciños deciden estudiar unha vez propostas por escrito.

A nosa colaboración prodúcese a través do contacto cos responsables da Deputación de Lugo, concretamente  en conversa coa Vicepresidenta, que unha vez exposta a problemática comprométese a verificar a situación nun breve prazo.

Asì foi, minutos despois confirma que existe esa comunicación de peche, pero que a Deputación AUTORIZA OS CORTES PERO SEMPRE CON APERTURAS PROVISIONAIS DURANTE O DÍA, FACENDO INSISTENCIA NAS PRIMEIRAS HORAS DA MAÑA, NAS HORAS FINAIS DA MAÑA, TAMÉN A ÚLTIMA HORA DA TARDE E POR SUPOSTO, APERTURA NOCTURNA E FIN DE SEMANAS E FESTIVOS ¡¡¡

AQUÍ POLO TANTO CORROBORAMOS OUTRO ENGANO DE GAS NATURAL FENOSA QUE PRETENDÍA NEGOCIAR COA VECIÑANZA ALGO QUE XA TIÑAN QUE CUMPRIR SEGUNDO INDICABA A AUTORIZACIÓN DADA POLA DEPUTACIÓN.....LAMENTABLE ¡¡¡

TAMÉN NOS INDICAN DENDE A DEPUTACIÓN QUE SAE PARA A ZONA UN TÉCNICO DE OBRAS PARA MENTER UNHA REUNIÓN AS 13:00 COS RESPONSABLES DA EMPRESA E COA VECIÑANZA.

Durante a maña os veciños e veciñas permaneceron no lugar impedindo o paso a vehículos pola presa que non fosen veciños da zona ou servizos básicos. 
Sirva como exemplo que mesmo o panadeiro ou o pescadeiro fixeron parada para efectuar as ventas neste punto que sería unha das situacións que se producirían de levarse a cabo o corte da estrada, xa que segundo eles manifestaron non lles sería rentable un rodeo de tantos kilómetros...

 O PESCADEIRO FACENDO AS SÚAS VENTAS...

Nesa reunión, por certo, cuberta por un gran número de xornalistas, logo de debatir sobre o tema, a veciñanza propòn como alternativa os traballos nocturnos que ocasionarian menos inconvenientes.
A empresa alega cuestións de seguridade e económicos que o farían inviable.
Propoñen uns horarios de peche alternativos por escrito que os veciños e veciñas dos Peares deciden debatir e decidir nunha reunión que se celebrará no mesmo lugar as 17:00.

Como indicamos esta noticia xa aparece nas noticias da TVG de mediodía. Podedes ver no seguinte enlace a partir do 18' 52"...

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-mediodia-873109#

Na posterior reunión, exclusiva para os veciños e veciñas da zona afectada acordan aceptar unha proposta de traballo nocturno con aperturas alternativas en tramos horarios segun se indica na seguinte publicación:


CREEMOS POLO TANTO, QUE É UNHA RAZONABLE PROPOSTA E POLO TANTO UN ÉXITO DAS DEMANDAS E DA PRESIÓN POPULAR DUN POBO UNIDO.

Como non podía ser doutro xeito, os xornais do xoves 21 de agosto abrían mesmo con esta noticia e as imaxes que se produciron as súas portadas e grandes reportaxes sobre a noticia producida por esta xusta protesta. 

Entre outras seleccionamos as seguintes...

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/08/21/vecinos-peares-retrasan-inicio-obras/1078918.html


http://www.laregion.es/articulo/ourense/vecinos-peares-rebelan-corte-trafico-presa/20140821062747488542.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/08/21/pueblo-os-peares-paraliza-obra-cortaria-principal-acceso/0003_201408O21C7991.htm
(nesta publicación observamos a presencia (con camisa negra) do noso portavoz Socialista no Concello da Peroxa, atento as decisións e propostas que se fan na reunión).

Foron moitas as manifestacións feitas polos diferentes afectados e políticos en medios de comunicación, pero queremos destacar unhas que consideramos totalmente desafortunadas por parte do Presidente do Consorcio dos Peares....

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/08/21/presidente-consorcio-local-culpa-diputacion-lugo-avisar-actuacion/0003_201408O21C7992.htm

TRISTES DECLARACIÓNS CON CLARO TINTE POLÍTICO, CANDO O QUE SE TRATABA NESTA PROTESTA ERA O APOIO INCONDICIONAL OS VECIÑOS E VECIÑAS AFECTADAS INDEPENDENTEMENTE DE QUE FORA "MÁIS OU MENOS CULPABLE".

Lamentablemente, diante destas desafortunadas declaracións, e como algúns temos memoria e exemplos suficientes para amosar diante da veciñanza o seu estilo de facer política tamén lle imos a refrescar a memoria a través do seguinte artigo onde os nosos Concelleiros Socialistas no Concello da Peroxa, no seu día, actuaron diante das políticas de falta de transparencia e oscurantismo que son habituais nos nosos mandatarios do PP, e nas que este señor era co-responsable como membro do Consorcio, cando non se publicitou nen avisou os interesados para un proceso selectivo para tres postos de traballo que a través do noso traballo e insistencia conseguimos que se anulara e realizase con total legalidade:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/11/28/fuerzan-repeticion-proceso-selectivo-consorcio/922653.html

Tamén o longo do día foron varios os medios escritos e de radio que se interesaron da situación de protesta a través do noso portavoz que en todo momento destacou a iniciativa e o mérito única e exclusivamente da veciñanza da zona dos Peares, amosando e xustificando a súa presencia alí únicamente como apoio diante desta inxustiza.

A raíz da lectura destas citadas declaracións con tinte político do Presidente do Consorcio, tamén tivemos que respostar e amosar a nosa postura a través dun interesante artigo publicado no xornal El Pais, e que non ten desperdicio o publicado pola xornalista presente na protesta, e que podedes ler no enlace seguinte...

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/08/20/galicia/1408566204_870729.html


Curiosamente, fai un par de semanas, este mesmo xornal realizaba unha reportaxe e entrevista sobre a "singularidade" desta zona dos Peares, e que seguramente a maioría da veciñanza non coñece......por este motivo vos facilitamos esa opción no enlace seguinte....NON TEN DESPERDICIO ¡¡¡

http://politica.elpais.com/politica/2014/08/01/actualidad/1406893974_173427.html

Sinceiramente, leendo algunhas manifestacións dos que nos gobernan creemos que están xa no momento de botarse a un lado e deixar a outras persoas que asuman estas responsabilidades que eles non foron quen de asumir, nin o máis importante.....SOLUCIONAR A PROBLEMÁTICA QUE DURANTE DÉCADAS LEVAN RECLAMANDO OS VECIÑOS E VECIÑAS DESTA ZONA.


REMATAMOS ESTA ARTIGO, INSISTINDO UNHA VEZ MÁIS O ÉXITO E O MÉRITO TOTAL DA VECIÑANZA DOS POBOS DA ZONA DOS PEARES POLA SUA INICIATIVA E DEFENSA DOS SEUS INTERESES, INDEPENDENTEMENTE DA SÚA COR POLÍTICA.


FELICITAMOLOS POLO TANTO POR OS OBXETIVOS ACADADOS ¡¡¡¡

AGARDAMOS QUE ESTE ARTIGO SEXA LEÍDO, ANALIZADO, REFLEXIONADO E COMO SEMPRE DECIMOS........AS CONCLUSIÓNS A SACAR SON DA VECIÑANZA ¡¡¡¡¡¡

A NOSA LABOR E COMPROMISO SEGUE A SER ESTAR O LADO DA VECIÑANZA PARA DEFENDER OS SEUS PROBLEMAS......E SOBRE TODO INFORMAR, CUESTIÓN QUE DURANTE DÉCADAS PARECÍA UNHA AUTÉNTICA UTOPÍA QUE OS VECIÑOS E VECIÑAS DE TODO UN POBO OU PARROQUIA POIDESEN TER ACCESO O QUE SE DEBATE E DECIDE NO SEU CONCELLO, LABOR QUE ESTAMOS A LEVAR A CABO CON TOTAL ADICACIÓN.


SEGUIREMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡




No hay comentarios:

Publicar un comentario