Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 9 de abril de 2014

Solicitud de mellora do estado das nosas carreteras.

Unha vez rematado o tempo invernal que deteriorou en exceso o xa de por sí penoso estado de moitas das nosas carreteras existentes no Concello, en ante a oportunidade de poder actuar coas diferentes subvencións económicas para a reparación e mellora de estradas municipais, procedentes de distintas administracións, propoñemos no seguinte artigo varias das posibilidades que os responsables municipais poderían ter en conta....

Ademáis da publicación e solicitude a través das imaxes aquí expostas, como sucedeu en ocasións anteriores, ditas peticións serán trasladadas oficialmente os responsables do goberno municipal do Concello a través da petición de Rogos que presentaremos no vindeiro Pleno do Concello da Peroxa, para que sexan atendidas.

O primeiro exemplo que amosamos è a estrada que vai a Gulfariz, o pasar o pobo das Lamelas, a altura do cruce que accede o pobo da Barrosiña e que ano tras ano, e inverno tras inverno sempre se produce no mesmo punto un barrizal que deteriora e dificulta o tránsito dos vehículos por esta vía, ocasionando en algúns casos danos materiais, dos que lembramos, o Concello tería que responsabilizarse.

O barro arrastrado pola pista de terra cara a estrada debería solucionarse creando unhas cunetas en condicións que evitasen que chegase o barrizal a carretera.

As imaxes da situación son as que siguen....





 Continuamos con outra petición de mellora que xa foi realizada no Concello e que segue sen ser atendida a pesar da situación de abandono. Tràtase da pista de acceso os pobos de Vilar e Abertesga e que comunica co pobo de Redondelle.

Unha estrada nun estado para circular lamentable e que é transitada con frecuencia por moitos vehículos diariamente, e que proximamente se incrementará polo inminente comenzo da obras da estrada da Peroxa ata Barra de Miño, preto do cruce de Lamagrande que suporá o corte do paso de vehículos por esta vía durante a realización das obras de ampliación previstas.

As imaxes do deterioro son evidentes....



Tamén fixemos no pasado ano a petición de mellora da carretera que vai dende o pobo do Conchouso ata a Orde, pasando polos pobos da Alende e Cardeguístola, que presente un preocupante estado de abandono, e que tamén viu incrementada a circulación de vehículos despois da apertura completa da estrada dende A Peroxa ata Vilarchao e Ourense, polo que moitos conductores optaron por este acceso para chegar a esta nova vía.

As imaxes son tamén ilustrativas da necesidade de actuar nesta estrada....





Para rematar estas peticións amosamos imaxes de dúas peticións tamén realizadas polos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista no Concello pola súa necesidade de arranxo e que van ser atendidas nas próximas datas con actuacións dos Plans Provinciais 2013 da Deputación Provincial de Ourense.

As demandas foron para o asfaltado da carretera do Conchouso ata a estrada que vai da Peroxa cara Gueral.......na que o seu estado é unha necesidade....


 

A seguinte petición foi sobre a estrada dende a zona do Gulfar ata Verdelle, que presenta un enorme bache que foi subsanado "provisionalmente", tapandoo con terra, que evidentemente foi pouco eficaz e que presenta este lamentable aspecto....


AGARDAMOS POLO BEN DA VECIÑANZA QUE ESTAS PETICIÓNS SEXAN TIDAS EN CONTA POLOS RESPONSABLES DO CONCELLO DA PEROXA.


SEGUIMOS TRABALLANDO E APORTANDO SOLUCIÓNS PARA A MELLORA DO NOSO CONCELLO  ¡¡¡





No hay comentarios:

Publicar un comentario