Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 29 de abril de 2014

Resumo do Pleno celebrado o 12 de abril de 2014

Para comenzar o resumo deste pleno, primeiramente indicar a nosa extrañeza e desacordo polo día e hora convocado, sin ningúnha explicación previa.

Lembramos que foi celebrado o sábado día 12 (feira na Peroxa) as 13:30 ¡¡¡¡

E dado que era o pleno onde se trataban e aprobaban os orzamentos para o ano 2014 do noso Concello, non compartimos esta decisión unilateral do Sr. Alcalde.

Os asutos tratados neste pleno foron os seguintes:

No punto 1, onde se propoñía a aprobación da acta anterior, os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista votaba en contra da mesma por entender que na redacción das actas non se está a reflexar con exactitude as manifestacións que se emiten en cada pleno.

Solicitamos polo tanto, segundo o dereito que nos asite, que se incluira na acta anterior as manifestación feitas nun tenso debate co noso portavoz o que o Sr. Alcalde chegou a acusar de "non pagar os impostos no Concello".

Amosouselle o Sr. Alcalde no pleno todos os recibos que o noso portavoz ten que pagar neste Concello, e pedindo explicacións por tales manifestacións.....onde unha vez màis o Alcalde titubeaba na xustificación desta excusada afirmación. Indicou que se refería "a que non os pagaba porque non os tiña", xa que ten exención, segundo se contempla na ordenanza correspondente, o igual que moitos veciños e veciñas do Concello, según lle indicou o propio portavoz socialista.

Unha vez máis lamentables manifestacións dun Alcalde que o non ter argumentos as nosas propostas e para xustificar os seus erros busca continuamente os ataques persoais, faltando a verdade novamente, como en varios casos recentes, como foi por exemplo o tan polémico asunto dos análisis da auga do colexio onde chegou a manifestar que se extraera auga dun grifo sen uso, manipulando deliberadamente a información e enganando a poboación...... e tamén así mesmo¡¡¡¡


Tamén houbo reproches e debate sobre unhas manifestacións, esta vez si, (que casualidade), reflexadas na acta anterior, onde a pregunta dos concelleiros socialistas sobre unha explicación das millonarias subvencións acadadas para os seus negocios particulares, en vez de contestar e dar unha explicación a veciñanza do Concello, se limitaba a manifestar que falaría deste "asunto", cando o portavoz socialista o fixese sobre as "irregularidades" da súa familia e dos seus votantes ¡¡¡¡¡

PENOSOS E IRRELEVANTES ARGUMENTOS ¡¡¡¡¡¡

En canto a familia...pedimos concreción, que non foi quen de indicar.....coma sempre, TIRANDO A PEDRA E ESCONDENDO A MAN ¡¡¡¡¡ ainda que o portavoz socialista manifestou que se facía responsable das súas actuacións persoais ou políticas, pero non das de ninguén màis.

PREGUNTÁMONOS NESTE PUNTO, SI CANDO MANIFESTA O DE "IRREGULARIDADES" SI O TRAICIONOU O SUBCONSCIENTE OU É REALMENTE O QUE PENSA TAMÉN NO CASO DAS TRATADAS SUBVENCIÓNS OS SEUS NEGOCIOS ????¿¿¿¿

En canto o tema dos votantes, soprenderonnos e preocuparonnos estas afirmacións, xa que entendemos que usa entón algún método ilícito para saber quen vota a cada quen ¡¡¡¡¡

SOLICITAMOS O SR. ALCALDE QUE NON TRAIA O PLENO RENCILLAS PERSOAIS, E MOITO MENOS QUE USE OS MEDIOS E SERVIZOS PÙBLICOS PARA IR CONTRA CERTAS PERSOAS QUE NON SON NIN PENSAN COMA ÉL ¡¡¡¡ E QUE É O ALCALDE DE TOD@S, NON SÓ DOS SEUS VOTANTES....¡¡¡

PREOCÚPESE DOS MOITOS PROBLEMAS E NECESIDADES QUE EXISTEN NO CONCELLO QUE É PARA O QUE FOI ELEXIDO E NON PARA IR EN CONTRA CONTRA AS PERSOAS QUE AFORTUNADAMENTE NON SOMOS COMA VOSTEDE ¡¡¡

No punto 2, sobre o debate e aprobación dos orzamentos, o noso análise e os argumentos que a nosa Agrupación Municipal Socialista expuso no Pleno foron os seguintes:



OS MEMBROS DA NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA COMENZAREMOS INDICANDO QUE COMO VECIÑOS E VECIÑAS DESTE CONCELLO, O IGUAL QUE DEBERÍA FACER O RESTO DA VECIÑANZA AMOSAMOS PÚBLICAMENTE A NOSA PREOCUPACIÓN POLA PRESENTACIÓN E MÁIS QUE POSIBLE APROBACION DESTES ORZAMENTOS.

POR COMENZAR POR ALGÚN PUNTO INDICAR QUE CHAMA PODEROSAMENTE A ATENCION QUE NUN ORZAMENTO QUE DISMINUE EN MÁIS DE 42.000€ CON RESPECTO O EXERCICIO ANTERIOR A RECAUDACIÓN POLOS IMPOSTOS DIRECTOS SE INCREMENTE EN MÁIS DE 20.000€, ASÍ COMO MÁIS DE 17.000€ EN TAXAS E PREZOS PÚBLICOS QUE REPERCUTIRAN DIRECTAMENTE NAS MALTREITAS ECONOMÍAS FAMILIARES DA VECIÑANZA DO CONCELLO.

POLA CONTRA CONTRASTA TRISTEMENTE PARA OS INTERESES DOS VECIÑOS E VECIÑOS QUE DISMINUEN DRÁSTICAMENTE O APARTADO DE INVERSIÓNS REAIS, ATA UN RIDÌCULO 4,06% DO ORZAMENTO, TENDO EN CONTA AS MOITAS NECESIDADES QUE AMOSAN AS NOSAS INFRAESTRUCTURAS E SERVIZOS EN CADA POBO E EN CADA PARROQUIA.


PREOCUPANTE É QUE ENTRE DÚAS PARTIDAS DE GASTOS, COMO SON AS DE PERSOAL E DE GASTOS CORRENTES E SERVIZOS SE LEVEN O 71% DO ORZAMENTO TOTAL DO CONCELLO.

NON EXISTEN PROPOSTAS POLÍTICAS NIN OBRAS PREVISTAS, TAN SÓ PAGAR AS QUE XA SE ESTÁN A FACER SEGUNDO CONSTAN NAS PÍRRICAS PREVISIÓNS DE INVERSIÓNS, SON TODAS PARTIDAS XENÉRICAS….PARECE O BALANCE DUNHA XESTORÍA E NON O ORZAMENTO DUN CONCELLO.


O GASTOS EN PERSOAL UN ANO MÁIS VOLTA A SER O DESTINO DA MAIOR PARTIDA LEVÁNDOSE MÀIS DO 37% DO ORZAMENTO TOTAL.

È CURIOSO QUE MENTRAS TODALAS ADMINISTRACIÓNS, ENTIDADES, ORGANISMOS E MESMO EMPRESAS E FAMILIAS REDUCEN OS SEUS GASTOS PARA PRIORIZAR NECESIDADES, NESTE NOSO CONCELLO HAI UN ELEVADO INCREMENTO NOS GASTOS CORRENTES E SERVIZOS INCREMENTANDO A CANTIDADE ATA UNS ELEVADÍSIMOS 374.000€ ¡¡¡¡


COMO XA INDICAMOS, A PRIORIDADE DOS GASTOS NESTE CONCELLO O IGUAL QUE FAN OUTROS DA NOSA PROVINCIA DEBERÍA CENTRARSE NO PROTECCIÓN SOCIAL E NA CREACIÓN DE EMPREGO….


EN CANTO A PROTECCIÓN SOCIAL, O ORZAMENTO É SEMELLANTE O DO EXERCICIO ANTERIOR, SABENDO DAS DIFICULTADES E SITUACIÓN ECONÓMICAS LÍMITE EN MOITAS FAMILIAS DO CONCELLO.


NON EXISTEN PREVISIÓNS DE AXUDA PARA O PAGO DE RECIBOS DE LUZ, AUGA, ALUGUER, ETC AOS VECIÑOS E VECIÑAS EN SITUACIÓN DE NECESIDADE.


RECAUDANSE MÁIS DE 200.000€ EN IMPOSTOS DIRECTOS PERO CASE UNA CUARTA PARTE DESES IMPOSTOS VAN PARA PAGAR AS RETRIBUCIÓNS DO SR. ALCALDE E O CONCELLEIRO DE URBANISMO.

E EN CANTO A CREACIÓN DE EMPREGO NIN SE NOMEA NIN SE CONTEMPLA NESTES ORZAMENTOS…..A NON SER NOS POSTOS DE TRABALLO CONVOCADOS POLO PROPIO CONCELLO PARA OS PRIVILEXIADOS DE SEMPRE ¡¡¡

NO TOCANTE O REMANENTE DE TESOURERÍA, QUE NON É O MESMO QUE SUPERAVIT COMO VOSTEDE O DEFINE ANO TRAS ANO, CONSIDERAMOS QUE É UNHA CANTIDADE ELEVADA QUE SEGUNDO A NOSA OPINIÓN, NON SON AFORROS, SENÓN CARTOS QUE SE DEIXAN DE INVERTIR NAS MOITAS NECESIDADES QUE TEN O CONCELLO, POLO TANTO, QUÉDASE VOSTEDE SIN O SEU ARGUMENTO MÁIS FAMOSO...."NON HAI CARTOS"....PARA NEGAR AS PETICIÓNS DA VECIÑANZA.


FALANDO DE REMANENTE....GUSTARÍANOS QUE O SR. ALCALDE NOS EXPLICASE COMO SE PROCEDEU A RAÍZ DA MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS QUE SE APROBOU NO PLENO DO 22 DE OUTUBRO DE 2013 ONDE SE ACORDOU DESTINAR A AMORTIZACIÓNS MÀIS DE 343.000€ E AGORA VEMOS QUE OS PRÉSTAMOS E DÉBEDA DO CONCELLO TAN SÓ DISMINUIU EN 42.000€....¿QUE FOI DO RESTO?

EN RELACIÓN AS BASES DE EXECUCIÓN NO SEU PUNTO 6, SOBRE SUBVENCIÓNS VEMOS COMO NOVAMENTE SE LLE ADXUDICAN 2.100€ O MOTOCLUBE A PEROXA, SENDO NOVAMENTE A SUBVENCIÓN MÁIS ELEVADA DE TODAS AS QUE PREVÉ O CONCELLO PARA O EXERCICIO 2014.

CALES FORON SR. ALCALDE AS PROBAS REALIZADAS NO 2013 PARA QUE LEVARAN ESA SUBVENCIÓN O ANO 2013 E REPITAN CANTIDADE  NO 2014?


.......... (so houbo 2, unha de motos e outra de bicis)


SEGUNDO O CALENDARIO DO ANO 2013 DA PROPIA WEB DO MOTOCLUBE DAS 8 PROBAS PREVISTAS (segundo indican todas en colaboración coa Casa Rural Pradio), TAN SÓ FIXERON 2 ¡¡¡¡¡ 


E SEGUNDO NOS RESPOSTOU EN PLENOS PASADOS AS NOSAS PREGUNTAS SOBRE ESAS PROBAS CELEBRADAS O CONCELLO FÍXOSE CARGO DA MAIOR PARTE DOS GASTOS DE ORGANIZACIÓN:


Proba BTT: 9 e 10 de marzo 2013: gastos organización que ascenderon a máis de 600€

Enduro de Motos: 9 de xuño: Gastos de ambulancia e comidas que superaron os 1500€.



NO QUE SE TRATA DO CALENDARIO 2014 TANTO DE MOTOS COMO DE BICIS NON APARECE O NOSO CONCELLO DA PEROXA COMO SEDE DE NINGUNHA PROBA ¡¡¡¡¡ POLO TANTO.....¿EN BASE A QUÉ SE LLE CONCEDE ESA ELEVADA SUBVENCIÓN DE 2100€???



POLO EXPOSTO,  TENDO EN CONTA QUE NON PARTICIPAMOS NA SÚA ELABORACIÓN, QUE NON ESTÁN PLENAMENTE DESGLOSADOS, QUE NOS HOUBESE GUSTADO UNS ORZAMENTOS MÁIS SOCIAIS E BUSCANDO INICIATIVAS PARA O FOMENTO E CREACIÓN DE EMPREGO, E QUE PARA O ÚNICO QUE SERVEN É PARA MANTER OS POUCOS SERVIZOS QUE TEMOS, OLVIDÁNDOSE POR COMPLETO DE PREVISIÓNS DE ACTUACIÓNS PARA PALIAR AS DEFICIENCIAS QUE EXISTEN NO CONCELLO COMO A FALTA DE SANEAMENTO EN MOITOS DOS NOSOS POBOS E TENDO AS NOSAS VÍAS DE COMUNICACIÓN NUN ESTADO LAMENTABLE DE ABANDONO, NON HAI PREVISIÓN NINGÚNHA PARA ACTIVIDADE CULTURAL, POLO QUE CONSIDERAMOS QUE ESTE PROXECTO DE ORZAMENTOS È NULO DE CARA O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, SOCIAL E CULTURAL DO NOSO CONCELLO, POLO TANTO O NOSO VOTO VAI SER EN CONTRA.


NESTE PUNTO, IMPORTANTE PARA O FUTURO DO DESENROLO DO CONCELLO A RESPOSTA A NOSA EXPOSICIÓN POR PARTE DO SR. ALCALDE FOI QUE "ESTES ORZAMENTOS SON TÉCNICOS E ELABORADOS POLO SECRETARIO. SON SEMELLANTES OS DO EXERCICIO ANTERIOR SALVO "DÚAS PINCELADAS" DADAS POLO GRUPO DE GOBERNO"

UNHA VEZ MÁIS, QUEDA DE MANIFESTO A TRISTE ARGUMENTACIÓN DUN ALCALDE QUE RECOÑECE QUE OS ORZAMENTOS NON SON FEITOS EN BASE A SITUACIÓN ACTUAL E REAL DO CONCELLO, SENÓN COPIA DE ANOS ANTERIORES SIN TER EN CONTA O EMPEORAMENTO EVIDENTE DO CONCELLO EN CANTO A SERVIZOS, INFRAESTRUCTURAS E SOBRE TODO EN CANTO A AUMENTO DE PARO E DIFICULTADES ECONÓMICAS DE MOITAS FAMILIAS.


DESEXARÍAMOS UNS ORZAMENTOS "HUMANOS".....EN LUGAR DE "TÉCNICOS" ¡¡¡¡

A prensa local reflexou as nosas demandas nestes orzamentos....

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/04/21/psoe-peroxa-critica-ridiculo-apartado-inversiones-presupuesto-municipal/00031398093829245979723.htm

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2014/04/22/71-ciento-presupuestos-peroxa-capitulo/1009147.html

http://www.ourensedixital.com/_novas/14/04/22_02.htm


No punto 3, elexiuse por un periódo de 4 anos a praza de Xuiz de Paz.

Destacamos a existencia de solicitudes de 7 candidatos¡¡¡ para este posto, o que consideramos un EXITO, tendo en conta a pouca ou nula publicidade que o Concello fixo desta convocatoria, atopando únicamente un Bando Informativo desta información no edificio do Consorcio dos Peares.

Cantos Bandos como éste atopastes polo pobos...???



O grupo de goberno do Partido Popular propuso e votou a favor da continuidade da persoa actual o fronte do Xulgado, porque segundo o Sr. Alcalde...."a xente está contenta coa sua labor".

Os membros da nosa Agrupación abtiveronse na votación, xa que entre os candidatos atopábanse dúas persoas que formaron parte das listas electorais nas anteriores municipais.

No punto 4, aprobouse por unanimidade, delegar a elección dos membros das mesas para as eleccións na Xunta de Goberno Local.

Esta opción foi proposta polo Alcalde, baseada nun acordo da Xunta Electoral Central, e segundo argumentou básicamente como medida de aforro xa que a celebración dun Pleno para esta soa cuestión suporía 600€ de gasto o Concello, cando pola contra agora tan só cobrarán os 3 membros da Xunta de Goberno Local 180€

Neste punto indicar, que dado que agora estas xuntas son públicas, poderemos acceder a ela para comprobar o correcto proceso de elección que se celebrará o Martes 29 de abril as 12:00.

No punto 5, de escritos e comunicacións,  o Sr. Alcalde da lectura a un Decreto para a súa ratificación polo Pleno. Aprobase cos votos do PP e a abstención do noso Grupo Municipal por non ter acceso o expediente citado nin información suficiente sobre esta cuestión, que trataba sobre un proxecto que había que modificar para unha subvención de aforro enerxético que se ía a executar en parte do pobo da Peroxa.

Neste punto reclamamos e preguntamos o Sr. Alcalde cal era o motivo para que ese Decreto(con data do mes de febreiro), así como outros moitos, non estén na correspondiente carpeta de Decretos cando facemos a consulta dos mesmo antes de cada Pleno, xa que este que se traía a este pleno para a súa ratificación era a primeira vez que coñecíamos a súa existencia.

Denunciamos públicamente no Pleno ante o Sr. Secretario e o Sr. Alcalde que esta situación de OCULTACIÓN DE INFORMACIÓN ,era xa unha práctica habitual, que o Alcalde respostou que "EL NON ERA RESPONSABLE DA MESMA, QUE SERÍA UN PROBLEMA DE TRAMITACIÓN E DE ERRO ADMINISTRATIVO POR PARTE DO FUNCIONARIADO".....

....UNHA VEZ MÁIS ......BOTANDOLLE A CULPA A TODOS MENOS A ÉL ¡¡¡

PREGUNTAMOS SI XA QUE SE NOS TIÑA INDICADO POLA SÚA PARTE QUE ÈL NON TIÑA NADA DE OCULTAR......PORQUÉ SE NOS ESTABA A OCULTAR INFORMACIÓN, COA GRAVE RESPONSABILIDADE QUE ESTAS ACTUACIÓNS PODERÍAN TER¡¡¡¡

COMPROMETEUSE A QUE ESTA SITUACIÓN NON SE VOLVERÍA A REPETIR ¡¡¡¡


DESEXAMOS E SOLICITAMOS TAMÉN QUE ESTA CUESTIÓN TRATADA, SEXA REFLEXADA NA CORRESPONDENTE REDACCIÓN DA ACTA DESTE PLENO, E NON SEXA NOVAMENTE OCULTADA NA SÚA REDACCIÓN POR PARTE DO SR. SECRETARIO QUE NESTE PUNTO, ACTUANDO DUN XEITO POUCO IMPARCIAL FIXO COMENTARIOS IMPROPIOS DO SEU POSTO E DAS SÚAS FUNCIONS NO PLENO ¡¡¡¡

Tamén se aprobou neste punto os datos do Padrón Municipal con data de xaneiro de 2014, cifrando a poboación do Concello en 2000 habitantes.

Antes de rematar o Pleno intentamos propoñer a presentación polo trámite de Urxencia da seguinte moción, que foi rexeitada polo Sr. Alcalde, non deixando nin dar lectura a mesma.




PARECE NON INTERESARLLE ESTA SITUACIÓN NIN PROBLEMÁTICA, E QUE BEN PODERÍA, O IGUAL QUE FIXERON EN OUTROS MOITOS CONCELLOS, RECUPERAR CARTOS DE IMPOSTOS PAGADOS POLO CONCELLO IRREGULARMENTE.


ESTE FOI O RESUMO DUN CORTO PERO INTENSO PLENO.


NOS TRASLADAMOS A INFORMACIÓN.........

...............A LECTURA, O ÁNALISE, A REFLEXIÓN E AS CONCLUSIONS........

................SON DA VECIÑANZA DO CONCELLO ¡¡¡¡





No hay comentarios:

Publicar un comentario