Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 1 de abril de 2014

Convocatoria de interés para os nosos estudantes ¡¡¡

Seguindo coa nosa liña informativa de todo e para tod@s informamos dunha interesantes convocatoria publicada no DOG do pasado xoves 27 de marzo de 2014, para a realización de actividades de formación en linguas extranxeiras no anos 2014.

A convocatoria é para alumnos de 1º, 2º, 3º, 4º da ESO e 1º e 2º Bacharelato de centros públicos.

O prazo é ata o 28 de abril.

Toda a información da convocatoria no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140327/AnuncioG0164-210314-0001_gl.pdf


Informate e participa ¡¡¡

Non dubides en consultarnos para colaborar na súa tramitación ¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario