Vense de convocar por parte do Sr. Alcalde do Concello da Peroxa un interesante Pleno Extraordinario para o vindeiro sábado día 12.
A hora será as 13:30
Debatiranse asuntos importantes como a aprobación do Orzamento Municipal 2014, así como tamén se elexirá entre os candidatos presentados o Xuiz de Paz para os vindeiros 4 anos.
Por todos estes asuntos de vital importancia para a veciñanza do Concello, como sempre, convidamosvos a que asistades a súa celebración, para coñecer de primeira man, como funciona o teu concello, como xa fixeron na sesión anterior varias persoas.
A convocatoria é a seguinte:
ASISTE E COÑECE O FUNCIONAMENTO DO TEU CONCELLO ¡¡¡
Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.
Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...
Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.
Esperamos as túas aportacións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario