http://www.socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2014/02/anomalias-que-precisan-melloras.html
Como sempre manifestamos, segundo facemos públicas as anomalías, o mesmo tempo, tamén publicamos os arranxos de tales anomalías que se van realizando por parte do Concello.
Motivo de satisfacción para a veciñanza e para a nosa labor de colaboración coa mellora dos servizos deste noso concello.
Desta vez os arranxos realizados sobre as nosas peticións foron os seguintes:
Arranxaronse os barrotes do valado metálico da obra da nova grada do campo de fùtbol, que en algúns punto de soltaban.
As imaxes para as que solicitamos melloras foron as seguintes...
A
A situación mellorou coas actuacións realizadas.....
Nesta anomalía temos que indicar que novamente hai barrotes soltos, mesmo caídos xa no chan e que polo tanto reiteramos a súa reparación e un repaso as soldaduras de moitos deles que comenzan a ter óxido que nun futuro provocaran o seu desprendemento, non estando demáis tamén unha nova capa de pintura para tapar as soldaduras ¡¡¡
Tamén solicitamos o arranxo da porta do Campo da Feira da Peroxa, xa que o seu estado era este...
E o estado actual este....
Tamén se fixo pública e demandou o arranxo do cartel indicador seguinte, por soltarse parte das súas pezas....
Finalmente, a seguinte actuación realizada foi unha petición feita polos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista no Concello da Peroxa a través do apartado de Rogos, e despois das demandas veciñais.
A petición era o arranxo dunha fuga de auga na acera das novas vivendas da Peroxa que trasladamos os reponsables municipais para o Pleno a travès da seguinte petición (punto 2):
A situación de deterioro era a seguinte....
Por estas actuacións e por outras moitas, sentímonos útiles a veciñanza ¡¡¡
SEGUIMOS E SEGUIREMOS TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario