Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 15 de abril de 2014

Resumo do interesante Pleno celebrado no Concello o 27 de marzo de 2014

Interesante non sería o calificativo que define o vivido no Pleno celebrado no Concello da Peroxa o pasado 27 de marzo....quizáis o máis axeitado sería INDIGNANTE ¡¡¡¡¡

Indignante, porque os veciños e veciñas que presenciaron en directo a celebración deste pleno poideron contemplar de primeira man unhas actitudes por parte do Sr. Alcalde e o seu grupo de goberno que sinceiramente non son merecedoras para  a veciñanza do Concello da Peroxa....EXCUSAS, DESCOÑECEMENTO DA REALIDADE, E UNHA PREOCUPANTE FALTA DE INTERÉS POLOS PROBLEMAS DOS VECIÑOS E DAS VECIÑAS DO CONCELLO, que mesmo chega a rozar o ridículo ¡¡¡¡

Tamén queremos sinalar nos detalles "curiosos" deste pleno que o igual que outros anteriormente, son xa varios os concelleiros populares, que mentras se celebran os debates e os argumentarios entre os portavoces de cada Agrupación están moi preocupados polo seu mòvil e ocupan o tempo do pleno no seu uso.....evidenciando un total desinterés e falta de respecto polo posto de representación veciñal que ocupan.

A continuación resumimos os debates e acordos deste pleno segundo a orde do día:

No Punto 1, aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior.

No Punto 2, para sorpresa dos nosos concelleiros socialistas, o asunto a tratar era o percorrido da A-76 (Autovía Ponferrada-Ourense), que moitos meses despois parece que POR FIN ¡¡¡ o grupo de goberno municipal do PP se enterou e admite que transcurre polo noso Concello.

O Sr. Alcalde deu neste punto lectura a unhas "alegacións" feitas en nome do Concello, onde se solicitaban unha serie de actuacións relacionadas coa construccións desta infraestructura, que atravesará e afectará a parte da parroquia de San Vicente de Graíces, concretamente, aos pobos de Santa Ouxea, Andelo, a Barrosiña e Fontaíño.

O noso portavoz socialista preguntou ante que se ían a presentar xa que o periodo de alegacións está rematado, e a única vía e a xustiza ordinaria a través dun recurso contencioso, coas suas correspondentes taxas. Ante que xulgado ìa presentalas???

Esta é a INDEFENSIÓN que a irresponsabilidade do noso Alcalde e o seu grupo de goberno deixa a veciñanza do Concello, negando durante meses as informacións e preocupacións que os nosos concelleiros socialistas trasladaron en reiteradas ocasións o Concello e os seus plenos.

Atreverónse mesmo a manifestar en algún pleno pasado, poñendo en boca do Sr. Diputado do PP Celso Delgado, que lle aseguraba que a autovía non transcurría polo Concello da Peroxa, que ìa polo outro lado do río e atravesaba na zona de Rivela ¡¡¡

LEMBREMOS QUE ESTAS MANIFESTACIÓNS FORON FEITAS E RECOLLIDAS NAS ACTAS DOS PLENOS POLA PERSOA QUE PRESIDE A COMISIÓN DE FOMENTO, E QUE CON UNHA PREOCUPANTE FALTA DE INFORMACIÓN E DE PROFESIONALIDADE DESCOÑECÍA O TRAZADO DA AUTOVÍA POLA PROVINCIA A QUE REPRESENTA.....LAMENTABLE ¡¡¡

O Alcalde a preguntas do noso portavoz negouse a contestar  nada máis sobre este asunto, remitíndonos a posterior moción que presenta o noso grupo sobre este mesmo asunto...... 
GARDA SILENCIO PORQUE NON TEN NADA QUE DECIR OU PORQUE COMO QUEDOU DEMOSTRADO NON LLE IMPORTOU NIN PREOCUPOU O MÁIS MÍNIMO POR ESTE ASUNTO????

Lembramos que  nos 125 Km de percorrido dende Ponferrada a Ourense e logo de atravesar 18 concellos.....VAI SER O NOSO DA PEROXA O ÚNICO QUE NON CONTE CON ENLACE A ESTA VÍA DE ALTA CAPACIDADE......ESO SÍ.....AS OBRAS SUFRIREMOLAS COMO CALQUER OUTRO.

"EXCELENTE" XESTIÓN POR PARTE DUN ALCALDE QUE LEVAN MÁIS DE 30 ANOS O FRONTE DO GOBERNO MUNICIPAL E QUE NOS MOMENTOS IMPORTANTES PARA O SEU CONCELLO.......NON SABE DO ASUNTO......E O MÁIS PREOCUPANTE......NON REACCIONA ¡¡¡

O ÚNICO ARGUMENTO QUE MANIFESTA PARA SORPRESA DE TODOS É QUE DUDA DE QUE SE CHEGA A FACER ALGÚN DÍA ESTA OBRA........INDIGNANTE ¡¡¡

Rematamos indicando que estamos de acordo co contido e coas demandas feitas nas alegacións, pero lamentando que cheguen fora de prazo por non ter escoitado as nosas propostas.

Este tema do percorrido da Autovía A-76 pola importancia do asunto completaremola con un artigo "especial" neste mesmo blog nas vindeiras datas, con todos os datos e probas de que o Concello da Peroxa e o seu Alcalde cometeron unha grave NEGLIXENCIA ¡¡¡¡¡

SERÀ ENTÓN CANDO OS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO DA PEROXA DEBERÀN TER CONTA ESTA ACTITUDE DO GRUPO DE GOBERNO E ACTUAR EN CONSECUENCIA.


No punto 3, presentanse por parte do Sr. Secretario unha serie de documentos para adaptalos as normativas recentes e vixentes sobre comunicacións previas o concello para axilizar os trámites burocráticos para a apertura de negocios ou certas licencias urbanísticas.
Sometese a aprobación os seguintes modelos:
Comunicación previa de obra menor, de inicio ou apertura de actividade, de cambio de titularidade e de cambio de titularidade de licenza de obra.

Aprobanse por unanimidade.

O portavoz socialista indica que unha vez aprobados e sendo definitivos se coloquen na web do concello para facilitar a súa consulta e tramitación. Tamén se interesa se o procedemento vai ser eficaz, xa que critica que o modelo da web do concello para comunicación de incidencias varias non está correctamente xestionado, xa que con data de xuño de 2012 presentou ese modelo no rexistro do Concello, sobre a petición de arranxo dunha anomalía viaria e case 2 anos despois está todavía sen resposta. 

A contestación do Sr. Alcalde foi que igual se "traspapelou" a súa petición, o que lle responde o portavoz socialista que igual non se lle dá igual trato as solicitudes de unhas persoas que de outras...¡¡¡¡

No punto 4, ponse de manifesto por parte do Sr. Alcalde os contínuos problemas que orixinan algúns cans soltos polo Concello. Indica que hai unha proposta de unirse os servizos que presta a da Deputación de Ourense para este servizo e que costará 1€ por habitante, polo tanto uns 2.000€ anuais.
Aprobase esta  proposta por unanimidade.

Nos puntos 5 e 6, exponse por parte do Sr. Secretario e polo Sr. Alcalde as modificación feitas na ordenanza do Servizo de Axuda no Fogar, para adaptalas a nova normativa da Xunta de Galicia, modificando varios puntos.
Aprobase por unanimidade.

No punto 8, púxeronse a disposición do grupo socialista os decretos da Alcaldía.

No punto 9 ,de Mocións, a nosa Agrupación presenta dúas:

A primeira relacionada co trazado da xa tratada anteriormente autovía A-76, e que foi a seguinte:


O Sr. Alcalde noutro arrebato de amnesia indica que èl nunca dixera que o diputado Celso Delgado lle negara que pasaba polo noso Concello, que poido ser un erro del ao expresarse ou unha mala transcripción da acta redactada polo Secretario.

O portavoz socialista para refrescarlle a súa fráxil memoria leeulle textualmente as declaracións recollida na acta do pleno onde se tratou ese asunto.

O Alcalde indica que as alegación que presentou o Concello non acabaran no Xulgado (xa que o prazo legal rematou). Manifesta o Sr. Alcalde que HAI QUE PEDIR COUSAS RAZOABLES ¡¡¡¡ o que o enlace de Santa Ouxea custará moitos cartos (di él que 8 ou 10 millóns de euros) e que beneficiaría a poucos veciños.

O portavoz socialista replìcalle e preguntalle se agora lle preocupa máis os cartos que poida valer, xogando a ministro de economía, ou o futuro e desenrolo do seu concello..¿?.
Lembralle novamente que seremos o único concello en todo o percorrido sen enlace, deixando así mostras das súas nulas xestións e preocupacións polo ben do Concello que preside.

O RAZOABLE SERÍA INTERESARSE MÀIS POLOS ASUNTOS DO CONCELLO E MENOS POLOS SEUS PARTICULARES ¡¡¡

O Alcalde noutro argumento totalmente "ridículo" manifesta que se presentaron no ano 2008 alegacións do concello ao trazado, solicitando daquela un enlace....Entón daquela sí e agora non?? 
Mesmo chegou a manifestar, como era de esperar, que se non foron atendidas daquelas sería porque o daquelas ministro socialista José Blanco as metería no caixón...... 

QUE TRISTE E QUE PENA OIR ESE ARGUMENTO DUN ALCALDE QUE LEVA MÀIS DE TRINTA ANOS AO FRONTE DUN CONCELLO QUE TEN SUMIDO NO MÁIS ABSOLUTO DOS ABANDONOS ¡¡¡

Contestándolle o portavoz socialista que daquela era un trazado que para nada ten que ver co que agora xa é definitivo e que no prazo de alegacións pertinente no verán pasado nen èl nen o Concello actuaran na defensa dos intereses da veciñanza e sen información, deixando a moitos veciños e veciñas agora afectados na máis absoluta das INDEFENSIÓNS ¡¡¡¡ polo que consideraba unha neglixencia na súa labor, deixando en evidencia unha dudosa falta de capacidade para dirixir e xestionar o Concello.

Logo deste intenso debate acórdase por unanimidade aprobar esta moción, engadindo un segundo punto a proposta tamén do grupo socialista onde se solicitase unha nova apertura do prazo de alegacións na defensa dos intereses dos veciños e veciñas do noso Concello que están afectados por esta obra.


A segunda moción que presentamos é a seguinte, para solicitar unha mellora nos nosos servizos municipais:


O Alcalde excusàndose unha vez máis nos medios económicos, cree convinte solicitar este servizo soamente unha vez ao ano.

O portavoz socialista acepta esta proposta pero indica que este servizo unha vez instaurado sexa convintemente publicitado por todo o concello para que os veciños e veciñas o coñezan e poida facer uso del. Que se anuncie coa suficiente antelación a data prevista anual para este servizo.

A moción apróbase por unanimidade.

Os argumentos e petición do grupo socialista baseánse na seguinte noticia:

http://www.dnielectronico.es/obtencion_del_dnie/

Finalmente, no punto 9, chegan os rogos e preguntas:

No apartado de ROGOS, o noso Grupo Municipal Socialista presenta os seguintes:


O primeiro rogo solicitado xa è o igual que outras petición non atendidas unha reiteración da nosa petición feita no pasado pleno de 29 de novembro de 2011:


Daquela a resposta foi que "era moi cara"....

Non creemos que sexa máis cara que gastarse máis de 2.000€ en calendarios ¡¡¡¡

Desta vez a resposta a nosa petición foi "que se fará a proba, ainda que agarda que sexa subvencionada por outras administracións, aportando algo o Concello".

As subvencións doutra administración ben se poderían obter desta liña de axudas que publicou Deputación de Ourense para eventos deportivos no 2014 e que amosamos no enlace seguinte na súa páxina 2:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=65&fecha=20140320

En resposta o rogo segundo indicou "que non hai equipo de atletismo na Peroxa, e polo tanto non vai subvencionar a particulares".

Polo tanto, despois desta resposta animamos os compoñentes do "grupo de aficionados" que leva o nome do noso Concello a constituirse legalmente como equipo ou asociación para obter esa posible subvenciòn, o igual que se lle concede a outras neste concello.


A resposta o terceiro rogo è unha vez màis negativa, indicando "que os veciños non ceden os seus terreos". Tamén manifesta que "o pobo ten outro acceso máis axeitado para este tipo de situacións".
Agarda que "na previsión do Plan Xeral de Ordenación Municipal se contemple a ampliación dese acceso".

A imaxe que publicamos a continuación indica claramente o dificultoso acceso co que conta este pobo do Val, tanto para vehículos particulares e sobre todo de emerxencías.

 ESTE ACCESO É O QUE CONSIDERA O SR. ALCALDE IDÓNEO PARA ACCEDER OS VEHÍCULOS DE EMERXENCIAS A ESTE POBO.....LAMENTABLE ¡¡¡

Finalmente, en resposta o cuarto rogo solicitado o Sr. Alcalde manifesta que "toma nota e xa están a traballar no tema, ainda que manifesta que o igual que outros cursos e actividades realizados no Concello, témese que teña pouca participación".

A nosa petición fíxose para equiparse en servizos e dereitos dos que sí dispoñen outros concellos limítrofes e que gozan deste tipo de axuda ou colaboración:

Nas seguintes imaxes o anuncio desta actividade no Concello de Piñor:



No seguinte enlace a mesma preparación no veciño de Coles:

http://www.concellodecoles.com/noticias.asp?sec=5&id=37

TOMEMOS EXEMPLO DAS BOAS INICIATIVAS TAMÉN PARA MELLORAR OS SERVIZOS DO NOSO CONCELLO DA PEROXA ¡¡¡


No apartado de Preguntas, a nosa Agrupación Municipal Socialista presentou as seguintes:




En resposta a primerira pregunta, o Sr. Alcalde informou que "hai algúns veciños (tres ou catro) que propoñen se faga un Centro de Dìa, pero opina que non sería rentable nin sostible. De momento non hai nada previsto ainda que se ofertou no seu día un Velorio, pero que os veciños e veciñas rexeitaron".

A imaxe do edifició actualmente é a seguinte...





Na segunda pregunta o Sr. Alcalde manifestou que "o Concello pon os medios e os particulares son os que teñen que montar empresas".

Medios? ....qué medios?
...cando non foi capaz en màis 30 anos de goberno a fronte do Concello de poñer en marcha o Parque Empresarial ¡¡¡¡

A nosa pregunta foi feita en relación a esta noticia publicada na prensa local:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/12/05/doce-concellos-presentan-planes-impulsar/926884.html

Como resposta a pregunta número 3, o Sr. Alcalde indica que "non sabe a que traballador afectou con anterioridade o asunto dos contratos entrelazados, que xa pasaron polo concello 3 ou 4 ADL e que non quedou ningùn no concello, que podemos estar tranquilos".
En canto as funcións que "realiza as que veñen reguladas na orde de concesión de subvención e relacionadas co seu posto de traballo".
Finalmente, indica que "presta os seus servizos no Concello os dìas que lle corresponde e que realiza o mesmo horario que o resto do persoal".

Informamos que esta persoa forma parte do Anexo da relación de postos de traballo do Concello da Peroxa, con asignación de soldo o igual que o resto de traballadores.

O seu contrato laboral indica que será de 40 horas semanais ¡¡¡¡

Entre as súas funcións están as de fomento do emprego, iniciativas para a xeración de emprego, actividades entre os desempregados, proxectos empresariais, apoio as empresas, etc, etc.

¿Son realmente estas as que realiza? ¿A cantos desempregados chamou para facer actividades?¿Que proxectos empresariais realizou?....etc......moitas preguntas as que debe responder a propia veciñanza.

En canto o dos días e horas de traballo, non dudamos do seu cumplimento, pero tamén nos preguntamos si ten algún tipo de "funcións" en Ourense, onde non é difícil atopala en horarios e días laborais....¡¡¡

Nas respostas a cuarta pregunta o Alcalde indica "que o Colexio xa recibiu a cantidade prevista para este curso por parte da Consellería de Educación, pero que o Concello todavía non cobrou os gastos adiantados para o suministro do Gasoil".

Noticia na prensa local publicada en relación con esta pregunta...

http://www.laregion.es/articulo/ourense/concello-peroxa-tiene-pagar-calefaccion-colegio/20140117074008433645.html#

Finalizamos coas respostas e debate ocasionados sobre a pregunta sobre as publicación na prensa das subvencións millonarias obtidas para os negocios familiares.

Nun primeiro momento indicou que "NON TIÑA PORQUÈ CONTESTAR A ESTA PREGUNTA"....pero nos amosamos e preguntamos pola famosa noticia publicada sobre este asunto....

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/12/02/galicia/1386009835_382635.html



O Sr. Alcalde manifestaba que non había nada ilegal nesa noticia.....SOLO FALTARÍA ¡¡¡¡ 
O que o noso portavoz socialista lle reprochou foi que os "ruxe ruxe" sobre esta noticia emitido polos seus concelleiros e colaboradores atrevíanse a manifestar que fora publicación feita pola nosa Agrupación.....cuestión que negamos rotundamente. Terá que buscar o enemigo noutro lugar.....e seguramente más pròximo o seu propio partido que nos membros da Agrupación Socialista da Peroxa. Recoñeceu este punto, manifestando que os seus concelleiros podían falar o que queiran......POR SUPOSTO, O QUE QUEIRAN ¡¡¡¡¡ PERO SEN MENTIR CONSTANTEMENTE SOBRE ESTA PUBLICACIÓN ¡¡¡

O noso portavoz indicoulle que estas mentiras súmanse as publicadas polo Alcalde na prensa recentemente sobre o asunto da potabiliade da auga do colexio.

A esta publicación amosamoslle algúnha màis neste sentido como a seguinte...

http://www.adercou.com/gfx/Blog/File/P201221_rutaaperoxa.pdf

Hai outras subvencións obtidas no noso concello tamén nesta liña de axudas europeas a través da Xunta de Galicia que foron parar tamén os negocios dalgúns concelleiros do seu grupo de goberno......que curioso ¡¡¡¡

QUEREMOS DESTACAR QUE A PESAR DA TENSIÓN NOS DEBATES QUE XENERARON CERTOS PUNTOS DA ORDE DO DÍA, E AMOSANDO UNHA COLABORACIÓN PROPIA DUNHA OPOSICIÓN RESPONSABLE, TODAS AS PROPOSTAS TANTO FEITAS POLO GRUPO DE GOBERNO COMO POLA OPOSICIÓN A TRAVÉS DAS MOCIÓNS PRESENTADAS SE APROBARON POR UNANIMIDADE, PENSANDO NO BENESTAR DA VECIÑANZA E NA MELLORA DOS SERVIZOS DO NOSO CONCELLO.


ESTE É O RESUMO E A INFORMACIÓN QUE PODEMOS EXTRAER DA CELEBRACIÓN DESTE INTERESANTE PLENO, ONDE SE PUXO DE MANIFESTO UNHA VEZ MÁIS QUE A PREOCUPACIÓN POLOS PROBLEMAS E SITUACIÓNS DO CONCELLO PARA ESTE ALCALDE ESTÁN NUN SEGUNDO PLANO.


SEGUIREMOS INFORMANDO A VECIÑANZA DO QUE SUCEDE NO SEU CONCELLO ¡¡¡








No hay comentarios:

Publicar un comentario