Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 4 de febrero de 2014

Orzamentos da Xunta de Galicia 2014 no Concello da Peroxa

0 € ¡¡¡

Esta é a cantidade que a nosa querida Xunta de Galicia, presidida polo "veciño" Feijoo orzamenta para o noso Concello da Peroxa neste ano 2014.

Os datos son públicos e de consulta para a veciñanza, como podedes comprobar nas seguintes imaxes non atoparedes o nome do noso Concello:







No periodo legal de alegacións os membros da Agrupación Municipal Socialista no Concello elaboraron un cadro comparativo das grandes infraestructuras prometidas e sen orzamento económico neste 2014, así como as inversións que estaban previstas no 2013 e tampouco se executaron....


Estas alegacións foron trasladadas o debate do Parlamento de Galicia sobre os orzamentos, solicitando as seguintes partidas económicas para estas infraestructuras paralizadas, así como para os investimentos non realizados....

No seguinte documento solicitamos o seguinte orzamento para o remate das obras da marxe do rio Miño nos Peares:


A petición para dotar de orzamento o inicio das obras da Ponte sobre o Miño nos Peares fíxoxe a través dos seguintes documentos:



Finalmente, reclamamos tamén que se executaran as inversións previstas nos Centros de Saúde tanto da Peroxa, como dos Peares, pendentes de exercicios anteriores, a través desta petición:



Unhas peticións que xa no seu día foran tratadas nos correspondentes Plenos do Concello da Peroxa, onde solicitamos en varias ocasións a execución das obras pendentes e o remate das xa comenzadas...

Como exemplo as preguntas feitas o Alcalde no pasado Pleno de Setembro 2013....


Respostando ao respecto que "a obra se fará cando remate a crisis, tanto a Ponte como o Paseo".

 As nosas demandas estaban máis que xutificadas pola situación que toda a veciñanza do Concello coñece...



 

As noticias no seu día foran moi ilusionantes para as xentes da zona, pero que anos despois de incumprimentos ven como as súas esperanzas cada día se ven mermadas pola falta de compromiso dos seus veciños políticos.

Algún exemplo do que se publicou sobre esta desexada infraestructura:

No seguinte video a partir do minuto...1'30:

http://www.youtube.com/watch?v=1qxqW4hs7YM

Na prensa escrita correron rìos de tinta...

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/puente-feijoo-ospeares/idEdicion-2011-05-27/idNoticia-673067/


 Na seguinte noticia os veciños falaban dunha obra que era...."un soño"....pois parece un pesadelo ¡¡¡

http://elprogreso.galiciae.com/nova/70004.html?lang=es


Na seguinte falase de "gran futuro".....pois nos vemos triste presente ¡¡

http://elprogreso.galiciae.com/nova/145180.html


A propia prensa local calificaba como "El puente de Feijoo".....¡¡¡¡¡

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/el-puente-de-feijoo-en-os-peares/idEdicion-2011-05-27/idNoticia-673067/


Polo que podestes leer e analizar os "responsables" deste gran incumprimento coa súa propia veciñanza teñen nome e apelidos.....o propio presidente Feijoo, coa complicidade dos seus alcaldes, entre os que se atopa o noso da Peroxa.

Para finalizar sobre a cuestión que nos tocaba, que era sobre a petición dos nosos Concelleiros e dos nosos Parlamentarios socialista na Xunta de orzamentos para estas obras foron totalmente REXEITADOS polo Goberno do Partido Popular:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/12/17/galicia/1387309618_145756.html


A imaxe desta noticia é ven clarificadora.....o Sr. Presidente aclamado polos seus deputados tras rexeitar entre outras enmendas para executar a súa gran promesa feita os veciños e veciñas dos Peares.



ESTA É A TRISTE REALIDADE.....TÚAS SON AS CONCLUSIÓNS ¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario