Levamos xa dous invernos onde a situación parece non ter solución definitiva; falamos agora da agua que se encharca no cruce de Lamagrande. Certo é que a cantidade de auga que leva chovido é destacable pero as solucións non chegan.
Este é un resultado de cando as obras de planifican e fan sin pensar no futuro, orixinadas de cando non se tomaron as medidas pertinentes o pechar o antigo vertedoiro. Agora parece que o problema ten difícil solución, por cuestións diversas, entre elas "problemas" coa adxudicación das obras desta mellora a empresa encargada da realización das obras, que por certo xa comenzara as actuacións e.....que parece ser foi "sustituída" por outra.
Sexa como sexa, o problema persiste e dificulta a circulación de vehículos e especialmente dos peóns que non dan pasado por ese enorme charcho sen empaparse.
As imaxes da situación son de sobra coñecidas....
Tamén lamentamos a situación que se produce no pobo de Lentomil, onde despois de terse acometido moi recentemente melloras no asfaltado e limpeza de cunetas, parece que non foron de todo efectivas, xa que a situación na que se atopa parte do recorrido de acceso o pobo está moi deteriorado...
No hay comentarios:
Publicar un comentario